E ti... de quen ves sendo?

15 de MAIO, DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA

Sabías que existían tantos TIPOS DE FAMILIA?:

CLAN: formado por varias familias que descenden dun antepasado común  e recoñecen a autoridade dun xefe.

FAMILIA ADOPTIVA: nai ou pai non biolóxicos e filla/os.

FAMILIA BILATERAL: os devanceiros familiares principais son parentes da nai e do pai.

FAMILIA INCOMPLETA: cando falta un dos proxenitores.

FAMILIA COMPLETA: cando viven tódolos proxenitores.

FAMILIA COMPOSTA: varias familias que comparten domicilio e responsabilidades.

FAMILIA CON SÍNDROME DO NIÑO BALEIRO: Parellas nas que a/os filla/os xa abandonaron o fogar familiar e teñen que volver a acostumarse a estar sos.

FAMILIA DE ACOLLIDA: coa que se convive temporalmente, en tanto se solucionan os problemas do entorno familiar de orixe.

FAMILIA DE NAIS/PAIS SEPARADOS: nai e pai que xa non son parella e fillos.

FAMILIA DINK: parellas que renuncian ou pospoñen ter filla/os.

FAMILIA DISFUNCIONAL: aquela que non é capaz de proveer do necesario para que a/os filla/os crezan sans física e emocionalmente.

FAMILIA EXTENSA HORIZONTAL: formada por xeracións colaterais de irmáns  dunha mesma xeración cos seus cónxuxes e filla/os.

FAMILIA EXTENSA VERTICAL: formada por diferentes xeracións de nais/pais e filla/os.

FAMILIA HETEROXÉNEA: os proxenitores non gozan do mesmo status (económico, social, cultural…).

FAMILIA HOMOPARENTAL: dúas nais ou dous pais e filla/os.

FAMILIA HOMOXÉNEA: os proxenitores gozan do mesmo status (económico, social, cultural …)

FAMILIA IGUALITARIA: a autoridade é compartida pola/os proxenitora/es.

FAMILIA LAT (LIVING APART TOGETHER): parella cunha relación seria e estable que renuncian a convivir xuntos.

FAMILIA MATRIARCAL: a autoridade é exercida pola nai.

FAMILIA MATRILINEAL: os devanceiros familiares principais son parentes da nai (avoa/ós, tía/os …)

FAMILIA MATRILOCAL: vive coa nai/pai da proxenitora.

FAMILIA MONOPARENTAL EXTENSA: un/ha so/a proxenitor/a con filla/os e outras persoas con parentesco (avoa/ó, tía/os …).

FAMILIA MONOPARENTAL: nai ou pai e filla/os.

FAMILIA MULTINUCLEAR: familiar nuclear e outras persoas con ou sen relación de parentesco.

FAMILIA NEOLOCAL: vive nun lugar distinto ao da nai/pai dos proxenitores.

FAMILIA NUCLEAR/BIPARENTAL/TRADICIONAL: pai, nai e filla/os biolóxicos.

FAMILIA NUMEROSA: parellas con tres ou máis filla/os.

FAMILIA PANK: xeralmente mulleres que deciden adoptar ás/aos súas/seus sobriñas/os  para desfrutar dos vínculos afectivos sen ter que cumprir coa responsabilidade de ser nais e poder enfocarse nas súas carreiras persoais.

FAMILIA PATRIARCAL: a autoridade é exercida polo pai.

FAMILIA PATRILINEAL: os devanceiros familiares principais son parentes do pai (avoa/ós, tía/os …)

FAMILIA PATRILOCAL: vive coa nai/pai do proxenitor.

FAMILIA POLÍGAMA: nai ou pai con varias parellas e filla/os.

FAMILIA POLIGENÉTICA O RECONSTRUÍDA: Parellas con fillos concibidos a través da reprodución asistida.

FAMILIA POLINUCLEAR: formada por varias unidades familiares que comparten un fogar.

FAMILIA POLÍTICA: membros da familia da parella.

FAMILIA RECONSTITUÍDA: parella con filla/os de unións anteriores.

FAMILIA SOPORTE: na que a/os proxenitora/es non poden ocuparse totalmente da/os filla/os e delegan parte das súas obrigas  na/os filla/os maiores ou outras persoas.

FAMILIA TRANSNACIONAL: persoas relacionadas por lazos de sangue, adopción, afectivos, conxugais … que están vinculadas á migración internacional entre dous países.

FAMILIA UNIPERSOAL: a creada por un so membro.

GRUPO FAMILIAR OU CONVIVINTE: persoas con vínculos de sangue ou non, que comparten os gastos necesarios para o seu sustento.

E a túa … COMO É? 

Scroll al inicio