17 DE MAIO

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Deco

O Día das Letras Galegas celébrase dende 1963 para homenaxear a aquelas/es escritoras/es que de dalgunha maneira destacasen pola súa defensa da lingua galega.

Escóllese o 17 de maio por atribuírselle ser a data na que se publicou o primeiro exemplar de “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro, considerada “a primeira  obra mestra  coa que contou a literatura galega contemporánea”. A realidade é que non se sabe con exactitude cando se publicou “Cantares Gallegos”, pero o que si é certo é que o 17 de maio de 1863 Rosalía dedicoulle un exemplar á tamén poeta Fernán Caballero:

“Señora: Por ser mujer y autora de unas novelas hacia las cuales siento la más profunda simpatía, dedico a Vd. Este libro. Sirva él para demostrar a la autora de La Gaviota y de Clemencia, el grande aprecio que le profeso, entre otras cosas, por haberse apartado algún tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones con que se pretende manchar mi país”

Cada ano a Real Academia Galega escolle a unha personalidade para ser homenaxeada,  tendo que cumprir dous requisitos: destacar pola súa creación literaria en galego e facer ao menos 10 anos dende seu pasamento.

O 2021 é o ano de  XELA ARIAS (Sarria, 1962- Vigo, 2003), que ademais dunha gran poeta,  foi editora e unha das primeiras tradutoras, á que lle debemos que moitos dos clásicos universais se poidan ler en galego.

XELA ARIAS

VIDE

Convídovos ó espectáculo de non ser para ser de todo.

Vide que vos convido

a vos ver.

Ven que te reto

a ter ver ti a ti desde ti en ti.

 

Nestes 58 anos de celebración so 5 veces a escollida foi unha muller. Vaia a nosa homenaxe para elas.

15 DE MAIO

Día Internacional da Familia

Deco

Recolle o dicionario da Real Academia Galega que FAMILIA é : “o conxunto de persoas unidas por lazos directos de parentesco, especialmente o constituído polo pai, nai e os fillos”.

 

 

Observando os roles que desempeñan mulleres e homes na sociedade actual, estudados os cambios sociais e económicos e vista a evolución das estruturas familiares de hoxe en día, cada vez menos tradicionais ou convencionais, non cabe dúbida que esta definición é atemporal e está desfasada.

Cada familia conforma un grupo moi particular, na que os lazos de sangue deixan de ter protagonismo e ceden o paso ás novas interaccións entre os seus compoñentes, á tolerancia, ao respecto e á liberdade individual de cada un dos seus membros. Polo tanto a familia tradicional (pais e fillos) desaparece para deixar emerxer a familias integradas por nais/pais solteiras/os, nais/pais do mesmo sexo, nais/pais con fillos de parellas anteriores …

 

 

O núcleo familiar é o primeiro axente socializador do ser humano, onde se dan as primeiras interaccións e se establecen os primeiros vínculos emocionais.  Cada familia transmite ás súas fillas e fillos os seus hábitos, as súas costumes, os seus valores, a súa cultura … que pouco a pouco van conformando a súa personalidade e aporta aprendizaxes básicos para a posterior inserción na vida social.

O Día Internacional da Familia foi proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co obxectivo de aumentar o grado de concienciación acerca dos temas relacionados coa familia e fomentar os lazos familiares.