ARRANCA O CURSO 2021-2022

CURSO 2021-22 E COVID-19

Deco

Como todos sabemos a Organización Mundial da Saúde elevou, o 11 de marzo de 2020, a situación ocasionada pola COVID-19 de emerxencia da saúde pública a pandemia.

Coa presenza, tanto no noso país como no resto do mundo, do virus da COVID-19 e tras a aparición do R.D. 463/2020, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada, quedaron suspendidas e/ou modificadas moitas actividades.

Os centros educativos teñen un papel fundamental no desenvolvemento da infancia e da sociedade en xeral. O dereito á educación e o dereito á protección da infancia deben ser unha prioridade na recuperación trala crise. Polo tanto, é de suma importancia continuar a actividade nos centros, sendo fundamental respectar as medidas de prevención e protección que obrigan á reformulación da organización dos centros escolares.

A actividade nos centros educativos debe adaptarse, en consecuencia, ás condicións que veñen reflectidas no documento conxunto do Ministerio de Sanidade e o Ministerio de Educación e Formación Profesional do goberno de España: “Medidas de prevención, higiene y promoción de la salud frente al COVID-19 para centros educativos en el curso 2020-21”  e a revisión de agosto 2021 do “Protocolo de actuación para as Escolas Infantís 0-3, fronte ao Coronavirus e aplicable a Casas Niño, Puntos de Atención á Infancia, Espazos Infantís e Ludotecas”

Dende La Casa de Koli marcámonos como obxectivos:

  • Crear un entorno escolar seguro e saudable a través das medidas de prevención, hixiene e promoción da saúde adaptadas a esta etapa educativa.
  • Posibilitar a detección precoz de casos e xestión adecuada dos mesmos a través de protocolos de actuación claros e de coordinación dos axentes implicados.
  • Facilitar a trazabilidade no suposto de aparición de casos sospeitosos ou confirmados da COVID-19.

En La Casa de Koli comezamos, o curso 2021-22 revisando a lexislación e a documentación dispoñible con respecto ao COVID-19, para actualizar o noso PLAN DE CONTINXENCIA.

Un Plan de Continxencia é un instrumento de xestión que permite fixar as estratexias que orientan as actividades dunha organización co fin de previr ou reducir riscos e a atención de emerxencias e rehabilitación en caso de desastres, ou simplemente imprevistos, facendo que se minimicen os danos, vítimas e perdas que poderían ocorrer a partir de fenómenos naturais e/ou tecnolóxicos. Contén, ademais un conxunto de procedementos e instrucións alternativos ás condicións operativas normais, de forma que se permita o seu funcionamento a pesares de  que algunha das súas funcións deixe de facelo por culpa dalgún incidente ou certas condicións externas alleas á propia organización.

En resume, o plan debe conter unha exposición clara das medidas e compromisos que asume a empresa ou organismo para evitar o risco de contaxio.

Dende La Casa de Koli, comprometémonos a cumprir o protocolo punto por punto e a someter a unha revisión e mellora continua o noso Plan de Continxencia co fin de devolver ao noso día a día á normalidade que lle pretende quitar este virus.

Tedes á vosa disposición o Regulamento de Réxime Interno, no que se recollen as principais directrices a seguir. Sobre calquera dúbida que teñades ao respecto podedes poñervos en contacto con nós e vola resolveremos o antes posible.

 

 

Por último, so nos queda agradecervos a vosa colaboración. SEN VOS ISTO NON SERÍA POSIBLE.

Benvid@s e Grazas