DÍA INTL. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un dos primeiros pasos para evitar a VIOLENCIA DE XÉNERO e criar, dende o nacemento, ás nosas nenas e nenos en IGUALDADE.

Co afán de colaborar neste “proceso de educación”, case tódalas cadeas de televisión, sexan privadas ou non, deseñan  series ou películas de debuxos animados dirixidos a eles. 

Pero … ¿respectan os debuxos animados os valores que evitan as conductas sexistas ou seguen incluíndo nas súas tramas estereotipos asignados exclusivamente a un ou outro xénero?

PRINCESAS DISNEY :

Fisicamente todas elas aparecen sexualizadas, con peitos grandes, delgadas, de cintura estreita pero con curvas, ollos grandes e perfectamente peiteadas en calquera ocasión.

Estas princesas soen ser sempre mozas, pero o patrón cambia cando aparece un personaxe secundario muller, xa que soe tratarse de alguén con certa idade e sobrepeso (Úrsula, Fada Madriña, Flora, Fauna e Primavera …).

BRANCANEVES, CINCENTA E AURORA:

Son damiselas en apuros cuxo maior forte son as tarefas do fogar, todas son limpas, ordenadas, saben coser…

Soen ser infelices, desventuradas, fracasadas … e ocórrenlle unha infinidade de desdichas.  So conseguen a súa felicidade cando se casan co príncipe. 

Brancaneves
Cincenta
Aurora

ARIEL, BELA, JASMINE, MULÁN E ESMERALDA:

Trátase de personaxes que aínda que nun principio amosan certa rebeldía, autosuficiencia, independencia, ansia de liberdade … non se senten de todo completas ata que non casan co príncipe.

A CASA DE MICKEY MOUSE:

MINIE e DAISY utilizan os seus tacóns durante todo o día, realicen a actividade que realicen, van sempre de vestido e con complementos no pelo.

A solución aos problemas que xorden sempre vai da man dun personaxe masculino, aínda que este sexa secundario.

Minie
Daisy

A PATRULLA CANINA:

Dun grupo de 6 cachorros so un é muller (SKYE)  e ten as características típicas relacionadas co xénero feminino: doce, amable, voluntariosa, feminina … Representa a beleza xa que é bonita, con estilo e sempre vai vestida de rosa.

KATIE, a nena veterinaria, tamén cumpre co estereotipo feminino: simpática, empática, comprensiva e sobre protectora co seu irmán. Fisicamente: guapa, rubia, de ollos azuis, pel branca e tamén vestida de rosa.

Katie
Skye

PEPA PIG:

Estes debuxos animados responden ao estereotipo dunha familia tradicional na que o pai é un pouco desastre e a responsabilidade maior recae sobre a nai que é a que se encarga das tarefas do fogar, de coidar aos nenos ou cociñar. 

Por outra banda, as personaxes femininas levan os labios vermellos e están vestidas das cores asignadas tradicionalmente ás mulleres.

LADY BUG:

Unha súper heroína valente, independente, autosuficiente … para a que o máis importante na vida é o mozo que lle gusta. A ansiedade por chamala súa atención fai que se comporte de maneira egoísta e celosa, chegando incluso a espialo.

STAR BUTTERFLY:

A aparencia física, tanto de STAR BUTTERFLY como da raíña MOON BUTTERFLY responde aos canons de beleza asignados á muller: guapas, esveltas, altas, delgadas,  atractivas, coquetas … no caso da raíña hai unha certa preocupación por ter unha imaxe adecuada á súa posición. Ademais asume o papel de nai responsable da súa familia, sendo esta a súa prioridade.

Raíña Moon Butterfly
Star Butterfly

PINY, INSTITUTO DE NEW YORK:

Rapazas nun instituto de moda obsesionadas coa roupa ou ca posición social que ocupan no centro, discutindo sobre se outra rapaza ten estilo ou non.

FREAK TOWN:

A protagonista é unha PRINCESA BOO BOO berrona, histérica e cursi, estereotipos xeralmente aplicados ao xénero feminino.

MONSTER HIGH:

Rapazas totalmente superficiais, para as que o máis importante é a súa imaxe (labios siliconados, exceso de maquillaxe, tacóns imposibles …) e conquistar aos rapaces da súa escola.

DORAEMON:

A señora NOBI, aínda que é unha nai boa e cariñosa, ten mal carácter cando se enfada. Sempre está ordenando, limpando, berrando e castigando ao seu fillo.

SHIN CHAN:

A nai do protagonista é unha muller histérica, berrona, que perde os nervios con facilidade, caprichosa e cuxo maior interese e ir de compras e buscar as mellores ofertas.

Nunca resolve un problema, pero admira a intelixencia dos homes que o fan.

GUMBALL:

O obxectivo da nai (NICOLE) é coidar da súa familia, encárgase absolutamente de todo o que ten que ver co seu fogar. Aínda que e comprensiva e protectora, outra vez se nos aparece a imaxe dunha nai que  tende a perdelos nervios e o autocontrol.

… E SUMA E SEGUE

É como para reflexionar se estes son os valores que queremos transmitir ás nosas fillas e fillos e se queremos contarlle que estes son os modelos de nenas, mozas e mulleres que en realidade existen.

É coma para non querer que se sintan incompletos se deciden non ter parella ou fillos.

É como para pensar en se so as mulleres queren á súa familia, fan as labores do fogar, se preocupan polos seus fillos ou saben resolver problemas cotiás.

É como para recapacitar en se o feito de que che guste a moda, a mecánica, ir de compras, os deportes de risco, as flores ou as pedras, sendo home ou muller, te converte nunha persoa máis o menos válida.

É como para ensinarlles que o teu físico non te define.

É como, para, polo menos, darlle unha volta.

Scroll al inicio