DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 DE NOVEMBRO

Deco

Segundo a Ley 11/2007, de 27 de julio, gallega para la prevención y el tratamiento integral de la violencia de género, enténdese por violencia de xénero “calquera acto violento ou agresión, baseados nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres, que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorren no ámbito público, como na vida familiar ou privada”.

No seu artigo 3 define as diferentes formas de violencia de xénero e fundamentalmente recolle as seguintes:

VIOLENCIA FÍSICA: calquera acto de forza contra o corpo da muller, con resultado ou risco de producir lesión física ou dano.

VIOLENCIA PSICOLÓXICA: inclúe toda conduta, verbal ou non, que produza na muller desvalorización ou sufrimento, a través de ameazas, humillacións ou vexacións, esixencia da obediencia ou submisión, coerción, insultos, illamento, culpabilización ou limitación do seu ámbito de liberdade.

Exercida, calquera das dúas, por quen sexa ou teña sido o seu cónxuxe ou por quen estea ou teña estado ligado a ela por análoga relación de afectividade, aínda sen convivencia. Tamén se inclúen os actos de violencia física contra a muller exercidos por homes do seu entorno familiar ou do seu entorno social e/ou laboral.

VIOLENCIA ECONÓMICA: inclúe toda privación intencionada, en non xustificada legalmente, de recursos para o benestar físico ou psicolóxico da muller e das súas fillas e fillos ou a discriminación na disposición dos recursos compartidos no ámbito da convivencia da parella.

VIOLENCIA SEXUAL E ABUSOS SEXUAIS: inclúen calquera acto de natureza sexual forzada polo agresor ou non consentida pola muller, abarcando a imposición, mediante a forza ou con intimidación, de relacións sexuais non consentidas, e o abuso sexual, con independencia de que o agresor garde ou non relación conxugal, de parella, afectiva ou de parentes coa vítima.

ACOSO SEXUAL: inclúe aquelas condutas consistentes na solicitude de favores de natureza sexual, para si ou para unha terceira persoa, pre-valéndose o suxeito activo dunha situación de superioridade laboral, docente ou análoga, co anuncio expreso ou tácito á muller de causarlle un mal relacionado coas expectativas que a vítima teña no ámbito de dita relación, ou baixo a promesa dunha recompensa ou premio no ámbito da mesma.

TRÁFICO DE MULLERES E NENAS CON FINES DE EXPLOTACIÓN: calquera que fora a relación que una a vítima co agresor e o medio utilizado.

CALQUERA OUTRA FORMA DE VIOLENCIA RECOLLIDA NOS TRATADOS INTERNACIONAIS que lesione ou sexa susceptible de lesionar a dignidade, a integridade ou a liberdade das mulleres.

No 2020 en España:

  • 215 mulleres sufriron algún tipo de violencia de xénero, 8.260 foron vítimas de violencia doméstica.
  • 46 mulleres foron asasinadas (1118 dende o 2003, ano no que se empezaron a facer rexistros). A maioría menores de 50 anos que deixaron 26 orfos menores de idade.
  • 175 nenas menores de 16 anos sufriron abusos ou agresións sexuais.
  • Segundo unha Macroenquisa de Violencia contra a Muller, levada a cabo polo Ministerio da Igualdade no 2019; máis do 7% recoñecen que recibiu unha labazada ou lle tiraron algo con intención de facerlles dano, un 9% que as empurraron ou tiraron do pelo e máis dun 3 % que as patearon, arrastraron ou pegaron unha malleira.

No mundo millóns de mulleres e nenas (o 35% das mulleres de todo o mundo segundo a ONU) sofren algún tipo de violencia de xénero, mentres que os seus perpetradores gozan de total impunidade, relegando ás vítimas ao silencio, a estigmatización e a vergoña.

Isto débese, en parte, a:

  • unha cultura/educación/linguaxe… xustificadas pola tradición, que seguen mantendo á muller en condicións de suposta “inferioridade”,
  • desigualdades entre ambos sexos no ámbito laboral/económico/social …,
  • que dita discriminación está normalizada e non é vista como tal,
  • confusión de conceptos que falan do masculino e feminino como posicións enfrontadas,
  • á desigualdade distribución entre o traballo doméstico e as responsabilidades de coidado,
  • as relacións de poder do home sobre a muller alimentadas pola literatura/teatro/cine/publicidade…

Quizais, so quizais, tamén teñan algo que ver ás lexislacións precarias e ás insuficientes políticas públicas.

DÍA UNIVERSAL DO NENO

20 DE NOVEMBRO

Deco

A Asemblea Xeral da ONU aproba, por unanimidade, o 20 de novembro do1959 a Declaración dos Dereitos do Neno.

Certo que foi o primeiro gran consenso internacional sobre este tema pero, xa que legalmente non tiña carácter vinculante, non era suficiente para protexer os Dereitos da Infancia.

Despois de moitos anos de negociacións, con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONGs e outras institucións, acórdase o texto final na Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN), o 20 de novembro do 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para tódolos países firmantes, que están obrigados a respectalos e facelos cumprir sen distinción de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión, procedencia, posición económica, crenzas, impedimentos, nacemento ou calquera outra condición da/o nena/o, das súas nais, pais ou representantes legais.

O Día Universal do Neno serve, polo tanto, para chamala atención sobre a situación das nenas e nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os Dereitos da Infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo benestar do desenvolvemento das cativas e cativos máis vulnerables.

 O seus 10 principios básicos son:

  • O dereito á igualdade, sen distinción de raza relixión ou nacionalidade.
  • O dereito a ter unha protección especial para o desenvolvemento físico, mental e social da nena/o.
  • O dereito a un nome e unha nacionalidade dende o seu nacemento.
  • O dereito a unha alimentación, vivenda e atención médicas adecuadas.
  • O dereito a unha educación e a un tratamento especial para aquelas/es nenas/os que sofren algunha discapacidade mental ou física.
  • O dereito á compresión e ao amor das nais/pais e da sociedade.
  • O dereito a actividades recreativas e a unha educación gratuíta.
  • O dereito a estar entre os primeiros e recibir axuda en calquera circunstancia.
  • O dereito á protección contra calquera forma de abandono, crueldade e explotación.
  • O dereito a ser criado cun espírito de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos e a irmandade universal.

 

Despois da Segunda Guerra Mundial, no 1946, nace UNICEF (United Nations International Children’s Emergency Fund), converténdose no 1953 nun organismo permanente dentro do sistema da ONU, traballando prioritariamente en: supervivencia e desenvolvemento infantil, educación e igualdade de xénero, a infancia e o VIH, protección infantil e promoción de políticas e alianzas. Deste xeito pasa a ser a principal e máis coñecida organización internacional encargada de protexer os dereitos da infancia.

Pero son moitas as organizacións non gubernamentais, tanto internacionais como nacionais, que traballan neste tema: Cruz Vermella (1863), Believe in Children (1866), Save de Children (1919), Plan Internacional (1937), Oxfam Internacional (1942), Cáritas (1947), Aldeas Infantís/SOS Infancia (1949), Amnistía Internacional (1961), Axuda en Acción (1981), Pallasos sen Fronteiras (1993), Infancia sen Fronteiras (1998), Global Humanitaria (1999),  Fundación Pequeno Desexo (2000), Coalición para Rematar  coa Utilización de Nenos e Nenas Soldado (2003) …

Aínda así,  AO DÍA,  morren no mundo:

  • 18.000 nenas/os entre 1 e 4 anos, de fame.
  • 4.000 nenas/os por falta de auga potable e sistemas de saneamento.
  • 7.000 bebés por falta de atención médica.
  • 800 nenas/os menores de 5 anos a causa de malaria.
  • 2.000 nenas/os a causa de pneumonía.
  • 2.400 nenas/os menores de 5 anos en conflitos bélicos (en: Afganistán, Camerún, Iemen, Etiopía, Sáhara Occidental, Sudán do Sur, República Centroafricana, República Democrática do Congo, Mozambique, Siria, Iraq, Malí, Nixeria, Somalia …).

As cifras son arrepiantes. Moitas destas mortes poderían ser evitables e, aínda que pouco a pouco os datos van mellorando, queda moito por solucionar.

O MAGOSTO

AS CASTAÑAS

Deco

Aínda que son os romanos os que levan a fama de ter estendido o seu uso, grazas ao análise de pole e fósiles, sábese que xa había castañas na Península no Pleistoceno (ou sexa, como mínimo hai 12.000 anos).

Aos romanos témolles que agradecer as novas variedades, formas de cultivo, os coidados, os enxertos … que fixeron dela un cultivo moito máis produtivo, que se espallou rapidamente por toda Galicia pasando a ser a base da alimentación en Europa, ata a chegada da pataca e o millo tralo descubrimento de América.

Durante séculos, do castiñeiro aproveitábase todo: a madeira, as follas secas, o froito e ata os ourizos e cáscaras como combustible,  converténdose no segundo produto máis rendible (despois do viño). De feito nos contratos forais, os señores concedían un anaco de terra para plantar un souto, esixindo o pago con castañas (tamén coñecidas como “o pan de pobre”).

A castaña galega é a única de calidade recoñecida en España, conseguindo no 2009 a IXP (Indicación Xeográfica Protexida) “Castaña de Galicia” que se reserva aos froitos obtidos a partir de cultivos autóctonos galegos do castaño europeo (Castanea sativa, Mill), destinados ao consumo humano e comercializados en fresco ou conxelado.

As castañas aportan vitamina B1, B2, B3, B6, B9, vitamina C e vitamina E, así como ácidos graxos como omega 3 e 6, minerais (potasio, magnesio, fósforo, calcio) e outros compostos fenólicos con propiedades antioxidantes.

Non ten gran cantidade de graxa, nin azucre e si de  carbohidratos complexos, proteína vexetal e fibra.

Polo tanto, son un alimento saciante, beneficioso para ósos e dentes, que estimulan o bo funcionamento do sistema nervioso, con efecto cardioprotector e que contribúen ao bo tránsito intestinal. Son un alimento sen glute, así que a súa fariña pode ser usada por persoas celíacas e ao conter carbohidratos de absorción lenta pode ser consumida por diabéticos sen medo aos picos de insulina en sangue.

Pode comerse de moitas maneiras: crúa, asada, cocida, confeitada, en fariña, en pratos doces e salgados…

 

Aquí vos deixamos unha receita moi fácil de facer.

CASTAÑAS CON LEITE AO ESTILO TRADICIONAL:

INGREDIENTES:

1/2 quilo de castañas, 1l de leite, fiuncho, auga, sal, azucre, canela.

PREPARACIÓN:

Cocelas castañas sen cáscara con auga, sal e un pouco de fiuncho (aproximadamente 40 minutos). Sacalas do lume, deixalas temperar e sacarlle a segunda tona.

Quentar o leite con azucre ao gusto e un par de ramiñas de canela. Deixar repousar uns minutos, para que o leite colla ben o sabor da canela.

Engadir as castañas peladas e deixar cocer 10 minutos máis.

Pódense comer quentes ou frías.

 

Se a probades quizais vos sorprendades …

O SAMAÍN

A NOITE DOS MORTOS

Deco

Encántanos este texto para celebrar  O Samaín:

En México, los vivos invitan a los muertos en la noche de hoy cada año, y los muertos comen y beben y bailan y se ponen al día con los chismes y las novedades del vecindario.

Pero al fin de la noche, cuando las campanas y la primera luz del alba les dicen adiós, algunos muertos se hacen los vivos y se esconden en las enramadas y entre las tumbas del camposanto. Entonces la gente los corre a escobazos: ya vete de una vez, ya déjanos en paz, no queremos verte hasta el año que viene.

Es que los difuntos son muy quedados.

 

En Haití, una antigua tradición prohíbe llevar el ataúd en línea recta al cementerio. El cortejo lo conduce en zig-zag y dando muchas vueltas, por aquí, por allá y otra vez por aquí, para despistar al difunto y que ya no pueda encontrar el camino de regreso a casa.

En Haití, como en todas partes, los muertos son muchísimos más que los vivos. La minoría viviente se defiende como puede.

“Los Hijos de los Días”. Eduardo Galeano.

Eduardo Galeano foi un periodista e escritor que naceu en Montevideo no 1940. No 1973 o exilio levouno primeiro a Arxentina e posteriormente á costa catalana. Foi investido Doutor Honoris Causa da Universidade de La Habana, de El Salvador, a Universidade Veracruzana de México, a Universidade Nacional de Córdoba (Argentina), a Universidade de Bos Aires e a Universidade de Guadalajara (México). No 1985 volta a Montevideo onde vive ata a súa morte no 2015.

ARRANCA O CURSO 2021-2022

CURSO 2021-22 E COVID-19

Deco

Como todos sabemos a Organización Mundial da Saúde elevou, o 11 de marzo de 2020, a situación ocasionada pola COVID-19 de emerxencia da saúde pública a pandemia.

Coa presenza, tanto no noso país como no resto do mundo, do virus da COVID-19 e tras a aparición do R.D. 463/2020, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada, quedaron suspendidas e/ou modificadas moitas actividades.

Os centros educativos teñen un papel fundamental no desenvolvemento da infancia e da sociedade en xeral. O dereito á educación e o dereito á protección da infancia deben ser unha prioridade na recuperación trala crise. Polo tanto, é de suma importancia continuar a actividade nos centros, sendo fundamental respectar as medidas de prevención e protección que obrigan á reformulación da organización dos centros escolares.

A actividade nos centros educativos debe adaptarse, en consecuencia, ás condicións que veñen reflectidas no documento conxunto do Ministerio de Sanidade e o Ministerio de Educación e Formación Profesional do goberno de España: “Medidas de prevención, higiene y promoción de la salud frente al COVID-19 para centros educativos en el curso 2020-21”  e a revisión de agosto 2021 do “Protocolo de actuación para as Escolas Infantís 0-3, fronte ao Coronavirus e aplicable a Casas Niño, Puntos de Atención á Infancia, Espazos Infantís e Ludotecas”

Dende La Casa de Koli marcámonos como obxectivos:

  • Crear un entorno escolar seguro e saudable a través das medidas de prevención, hixiene e promoción da saúde adaptadas a esta etapa educativa.
  • Posibilitar a detección precoz de casos e xestión adecuada dos mesmos a través de protocolos de actuación claros e de coordinación dos axentes implicados.
  • Facilitar a trazabilidade no suposto de aparición de casos sospeitosos ou confirmados da COVID-19.

En La Casa de Koli comezamos, o curso 2021-22 revisando a lexislación e a documentación dispoñible con respecto ao COVID-19, para actualizar o noso PLAN DE CONTINXENCIA.

Un Plan de Continxencia é un instrumento de xestión que permite fixar as estratexias que orientan as actividades dunha organización co fin de previr ou reducir riscos e a atención de emerxencias e rehabilitación en caso de desastres, ou simplemente imprevistos, facendo que se minimicen os danos, vítimas e perdas que poderían ocorrer a partir de fenómenos naturais e/ou tecnolóxicos. Contén, ademais un conxunto de procedementos e instrucións alternativos ás condicións operativas normais, de forma que se permita o seu funcionamento a pesares de  que algunha das súas funcións deixe de facelo por culpa dalgún incidente ou certas condicións externas alleas á propia organización.

En resume, o plan debe conter unha exposición clara das medidas e compromisos que asume a empresa ou organismo para evitar o risco de contaxio.

Dende La Casa de Koli, comprometémonos a cumprir o protocolo punto por punto e a someter a unha revisión e mellora continua o noso Plan de Continxencia co fin de devolver ao noso día a día á normalidade que lle pretende quitar este virus.

Tedes á vosa disposición o Regulamento de Réxime Interno, no que se recollen as principais directrices a seguir. Sobre calquera dúbida que teñades ao respecto podedes poñervos en contacto con nós e vola resolveremos o antes posible.

 

 

Por último, so nos queda agradecervos a vosa colaboración. SEN VOS ISTO NON SERÍA POSIBLE.

Benvid@s e Grazas

 

 

5 DE XUÑO

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Deco

O 5 de xuño é a data elixida pola  ONU para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, reunindo nunha plataforma global a gobernos, empresas e cidadáns en torno ao tema central do Ambiente.

Celébrase dende 1974 e cada ano un país actúa de anfitrión  (España foi no 2004 co tema O mar e os océanos e co lema:  “¡Se buscan! Mares y océanos-¿Vivos o muertos?”) .

Neste 2021 o país anfitrión é Pakistán co tema: Restauración de ecosistemas e co lema “Reimaxina, recupera, restaura”, esixindo accións urxentes para devolver a vida aos nosos ecosistemas danados.

Previr, deter e reverter este dano é unha misión global para revivir millóns de hectáreas, dende bosques ata terras de cultivo, dende a cima das montañas ata as profundidades do mar. So con ecosistemas saudables podemos mellorar o medio de vida das persoas (acceso a auga potable e alimentos), contrarrestar o cambio climático e deter o colapso da biodiversidade.

É a nosa responsabilidade, polo tanto:

  • Reduce, recicla e reutiliza (papel, plástico e outros materiais).
  • Separa o lixo orgánico do inorgánico.
  • Utiliza a auga racionalmente (cerra billas e controla fugas).
  • Aproveita a luz natural e reduce o consumo de enerxía eléctrica (apaga as luces e desenchufa o que non esteas utilizando).
  • Utiliza pilas e baterías recargables.
  • Consume froitas, vexetais e verduras que non conteñan fertilizantes nin outros produtos contaminantes.
  • Non abuses da calefacción nin do aire acondicionado.
  • Prioriza o uso da bicicleta ou camiña.
  • Planta unha árbore ou plantas silvestres.
  • Cando saias a pasear pola natureza leva unha bolsa e recolle o lixo que atopes.
  • Dona ou regala o que non necesites: roupa, libros, xoguetes …
  • Non mates insectos nin outros animais, cada un ten a súa función na natureza.
  • Ensina ás túas fillas/os que o Medio Ambiente necesita da nosa axuda e colaboración

17 DE MAIO

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Deco

O Día das Letras Galegas celébrase dende 1963 para homenaxear a aquelas/es escritoras/es que de dalgunha maneira destacasen pola súa defensa da lingua galega.

Escóllese o 17 de maio por atribuírselle ser a data na que se publicou o primeiro exemplar de “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro, considerada “a primeira  obra mestra  coa que contou a literatura galega contemporánea”. A realidade é que non se sabe con exactitude cando se publicou “Cantares Gallegos”, pero o que si é certo é que o 17 de maio de 1863 Rosalía dedicoulle un exemplar á tamén poeta Fernán Caballero:

“Señora: Por ser mujer y autora de unas novelas hacia las cuales siento la más profunda simpatía, dedico a Vd. Este libro. Sirva él para demostrar a la autora de La Gaviota y de Clemencia, el grande aprecio que le profeso, entre otras cosas, por haberse apartado algún tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones con que se pretende manchar mi país”

Cada ano a Real Academia Galega escolle a unha personalidade para ser homenaxeada,  tendo que cumprir dous requisitos: destacar pola súa creación literaria en galego e facer ao menos 10 anos dende seu pasamento.

O 2021 é o ano de  XELA ARIAS (Sarria, 1962- Vigo, 2003), que ademais dunha gran poeta,  foi editora e unha das primeiras tradutoras, á que lle debemos que moitos dos clásicos universais se poidan ler en galego.

XELA ARIAS

VIDE

Convídovos ó espectáculo de non ser para ser de todo.

Vide que vos convido

a vos ver.

Ven que te reto

a ter ver ti a ti desde ti en ti.

 

Nestes 58 anos de celebración so 5 veces a escollida foi unha muller. Vaia a nosa homenaxe para elas.

15 DE MAIO

Día Internacional da Familia

Deco

Recolle o dicionario da Real Academia Galega que FAMILIA é : “o conxunto de persoas unidas por lazos directos de parentesco, especialmente o constituído polo pai, nai e os fillos”.

 

 

Observando os roles que desempeñan mulleres e homes na sociedade actual, estudados os cambios sociais e económicos e vista a evolución das estruturas familiares de hoxe en día, cada vez menos tradicionais ou convencionais, non cabe dúbida que esta definición é atemporal e está desfasada.

Cada familia conforma un grupo moi particular, na que os lazos de sangue deixan de ter protagonismo e ceden o paso ás novas interaccións entre os seus compoñentes, á tolerancia, ao respecto e á liberdade individual de cada un dos seus membros. Polo tanto a familia tradicional (pais e fillos) desaparece para deixar emerxer a familias integradas por nais/pais solteiras/os, nais/pais do mesmo sexo, nais/pais con fillos de parellas anteriores …

 

 

O núcleo familiar é o primeiro axente socializador do ser humano, onde se dan as primeiras interaccións e se establecen os primeiros vínculos emocionais.  Cada familia transmite ás súas fillas e fillos os seus hábitos, as súas costumes, os seus valores, a súa cultura … que pouco a pouco van conformando a súa personalidade e aporta aprendizaxes básicos para a posterior inserción na vida social.

O Día Internacional da Familia foi proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co obxectivo de aumentar o grado de concienciación acerca dos temas relacionados coa familia e fomentar os lazos familiares.

 

 

 

 

23 DE ABRIL

Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor

Deco

A UNESCO fixa no 1995 esta data como Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor, en honor a Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega , falecidos (ou enterrados, no caso de Shakespeare) o 23 de abril de 1616.

Este día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre a mellor maneira de difundila cultura escrita e de permitir que tódalas persoas, homes, mulleres, nenas e nenos, accedan a ela mediante a aprendizaxe da lectura e ao apoio ao oficio da edición, das librerías, das bibliotecas e as escolas”.

Anos máis tarde (no 2001) a mesma UNESCO promove unha nova iniciativa pola que se nomea anualmente unha cidade como Capital Mundial do Libro, segundo a decisión tomada pola Unión Internacional de Editores, a Federación Internacional de Libreiros e a Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios e Bibliotecas.

Todas as cidades adquiren o compromiso de promover os libros e a lectura e a organizar actividades durante todo o ano que lles corresponda.

A primeira elixida foi Madrid e para o 2021 a  Capital Mundial do Libro é Tiflis, que centrará a súa proposta no uso das tecnoloxías modernas como ferramenta para promover a lectura entre a xuventude, co lema: “OK ¿ENTÓN O TEU PRÓXIMO LIBRO É…?”

 

BENEFICIOS DA LECTURA NAS/OS CATIVAS/OS:

  • A lectura axuda a nenas e nenos a aprender cousas novas, a adquirir vocabulario, a expresarse mellor e a facerse entender, tanto a nivel familiar, escolar ou social.
  • Favorece a capacidade de atención, concentración e comprensión. A nena e o neno que le entende mellor, procesa mellor a información e cústalle menos estudar, tendo mellores resultados académicos.
  • Potencia a imaxinación e a creatividade.
  • Fomenta a curiosidade. As cativas e cativos canto máis saben, máis queren saber, e polo tanto buscan información, respostas … e aumentan as súas inquedanzas e intereses.
  • Desenvolve a empatía, xa que a través dos personaxes a/o nena/o é capaz de poñerse no lugar do outro, de coñecer os seus sentimentos e puntos de vista.
  • Ler é divertido e unha forma de aprender a xogar so/a.

POLO TANTO:

  • Introduce a lectura nas súas rutinas habituais, lendo un pouco cada día. Busca un momento ideal, crea un ambiente agradable e xoga a ler.
  • Respecta as súas capacidades e os seus gustos, escolle libros adecuados a súa idade, canto máis lle interese o libro máis atención poñerá e máis quererá saber.
  • Non a/o obrigues. Recorda que nesta etapa manteñen a atención durante pouco tempo e teñen a necesidade inherente de moverse.
  • Cando lle leas un conto, ponlle emoción: xoga coa voz, co ritmo, co ton, canta, esaxera … saca a túa parte dramática, divírtete…
  • Ten sempre libros á man. Ponos ao seu alcance, déixallos tocar, pasar follas, ver os debuxos … Acostúmaos a ir a bibliotecas e librerías … Regálalle libros.
  • E sobre todo recorda: somos o espello no que se reflicten, así que: LE.