30 DE XANEIRO

Deco

PREMIOS NOBEL DA PAZ SÉCULO XXI

2021

María Ressa

FILIPINAS

Periodista

Polos seus esforzos por salvagardar a liberdade de prensa, como condición para a democracia e a paz duradeira.

Dimitri Murátov

RUSIA

Periodista

2020

Programa Mundial de Alimentos

NACIÓNS UNIDAS

 

Polos seus esforzos para combatela fame, pola súa contribución á mellora das condicións para a paz nas zonas afectadas polos conflitos e por actuar como forza motriz nos esforzos para previr o uso da fame como arma de guerra e de conflito.

2019

Abiy Ahmed Ali

ETIOPÍA

Enxeñeiro informático e Primeiro Ministro de Etiopía

Pola súa colaboración en lograr a paz e a cooperación internacional, en representación de tódalas partes que traballan para a paz e reconciliación no noroeste de África

2018

Nadia Murad

IRAK

Activista dos dereitos humanos

Polos seus esforzos por erradicar a violencia sexual como arma en guerras e conflitos armados.

Denis Mukwege

R.D. CONGO

Xinecólogo

2017

Campaña Internacional para a Abolición das Armas Nucleares (ICAN)

SUÍZA

 

Polo seu traballo para chamala atención  sobre as catastróficas consecuencias humanitarias do uso de armas nucleares e polos seus esforzos pioneiros  para lograr un tratado de prohibición desas armas.

2016

Juan Manuel Santos

COLOMBIA

Economista e Presidente de Colombia

Polo seu esforzo en rematar con máis de 50 anos de guerra civil no seu país.

2015

Cuarteto para o Diálogo Nacional Tunecino

TÚNEZ

 

Pola súa decisiva contribución á construción dunha democracia pluralista en Túnez como consecuencia da Revolución dos Xasmíns  no 2011

2014

Kalilash Satyarthi

INDIA

Activista polos dereitos dos nenos

Pola súa loita contra a represión de nenas/os e mozas/os e polo dereito de tódolas nenas e nenos a unha educación.

Malala Yousafzai

PAKISTÁN

Estudante e Activista polos dereitos civís

2013

Organización para a Prohibición de Armas Químicas

PAÍSES BAIXOS

 

Polos seus grandes esforzos para eliminar as armas químicas.

2012

Unión Europea

UNIÓN EUROPEA

 

Pola súa contribución durante seis décadas ao avance da paz e a reconciliación, a democracia e os dereitos humanos en Europa.

2011

Ellen Johnson-Sirleaf

LIBERIA

Economista e Presidenta de Liberia

Pola súa batalla non violenta a favor da seguridade das mulleres e do seu pleno dereito na participación da obra de construción da paz.

Leymah Gbowee

LIBERIA

Terapeuta e Activista feminista

Tawakkul Karman

YEMEN

Periodista e Activista feminista

2010

Liu Xiaobo

CHINA

Escritor e Activista polos dereitos humanos

Pola súa gran e non violenta protesta polos dereitos civís en China

2009

Barack Obama

EEUU

Avogado e Presidente dos EEUU

Polos seus esforzos para fortalecer a diplomacia internacional e a cooperación entre os pobos, destacándose pola súa visión dun mundo se armas nucleares.

2008

Martti Ahtisaari

FINLANDIA

Doutor en Ciencias e Presidente de Finlandia

Pola súa importante labor durante máis de tres décadas en resolver conflitos internacionais en varios continentes

2007

Al Gore

EEUU

Periodista, Activista polo clima e Vicepresidente dos EEUU

Polos seus esforzos para construír e diseminar un maior coñecemento sobre o cambio climático causado polo home e poñelas bases para a toma de medidas que sexan necesarias para contrarrestar ese cambio.

Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático

SUÍZA

 

2006

Banco Grameen

BANGLADÉS                         

 

Polos seus esforzos para incentivar o desenvolvemento social e económico dende abaixo e demostrar que ata os máis pobres de entre os pobres poden traballar para o seu propio desenvolvemento

Muhammad Yunus

BANGLADÉS                         

Economista e fundador do Banco Grameen

2005

Organismo Internacional de Enerxía Atómica

AUSTRIA

 

En recoñecemento aos seus esforzos por impedir a proliferación de armas nucleares

Mohamed el-Baradei

EXIPTO

Avogado e diplomático

2004

Wangari Muta Maathai

KENIA

Doutora e Filosofía e ecoloxista

Pola súa contribución ao desenvolvemento sostible, á democracia e á paz.

2003

Shirin Ebadi

IRÁN

Avogada e Activista polos dereitos humanos e a democracia

Pola súa sensatez profesional e valentía na loita polos dereitos das mulleres, nenas e nenos

2002

Jimmy Carter

EEUU

Empresario e Presidente dos EEUU

Polo seu traballo para atopar solucións pacíficas aos conflitos internacionais, promover a democracia, os dereitos humanos e o desenvolvemento económico e social a través do Centro Carter.

2001

Organización das Nacións Unidas

NACIÓNS UNIDAS

 

Polo seu traballo por un mundo mellor organizado e máis pacífico.

Kofi Annan

GHANA

Economista

2000

Kim Dae Jung

COREA DO SUR

Empresario e Presidente de Corea do Sur

Polo seu traballo pola democracia e os dereitos humanos en Asia Oriental (en particular por superar máis de 50 anos de conflito entre Corea  do Sur e Corea do Norte, a democratización de Birmania e o fin da ocupación de Timor Oriental, entre outros).