25 DE NOVEMBRO

NO QUE VAI DE ANO 2023 ….

9 de xaneiro: EL PAÍS: Un comezo de ano tráxico con catro mulleres asasinadas nun día dispara as alarmas da violencia machista.

11 de xaneiro: LA MONCLOA: A vítima é unha muller de 24 anos asasinada presuntamente pola súa parella o pasado 8 de xaneiro.

12 de xaneiro: LA VOZ DE GALICIA: Detido por dar unha malleira á súa moza en Vigo: “Púxose terca e dinlle unha caricia”

20 de xaneiro: 20 MINUTOS.ES: Os xuíces levan tempo advertindo dun porcentaxe de mulleres asasinadas sen denuncia previa “demasiado alto”.

25 de xaneiro: LA VOZ DE GALICIA: “Se me deixas, mátome”: a chantaxe que tivo que soportar unha muller de Ferrolterra cada vez que intentaba divorciarse do seu marido.

31 de xaneiro: NEWTRAL: Sete mulleres e unha nena foron asasinadas no primeiro mes do ano.

31 de xaneiro: RTVE: Investigan como posible caso de violencia de xénero o dunha muller na Liña da Concepción, Cádiz.

3 de febreiro: RADIO TELEVISIÓN CANARIA: O comezo de ano, ademais das mulleres asasinadas, deixa 11 menores orfos por crimes machistas.

6 de febreiro: RTVE: Confirman como violencia de xénero a morte dunha muller en Baiona.

7 de febreiro: LA VOZ DE GALICIA: Un detido por maltratar á súa parella: “De ter sabido que ía a denunciarme, houbéralle pegado máis forte”.

13 de febreiro: LEGAL TODAY: Na actualidade a ausencia de información sobre Violencia e Xénero Dixital é en realidade falta de interese.

1 de marzo: LEVANTE. EL MERCANTIL VALENCIANO. Agride con un coitelo á súa muller en Valencia e trata de explotar a vivenda con ela dentro.

6 de marzo: LA MONCLOA: Igualdade condena un novo asasinato por violencia de xénero na provincia de Zaragoza.

8 de marzo: SPORT: Os delitos sexuais múltiples en España aumentan un 56% en cinco anos.

10 de marzo: EL PERIÓDICO DE ARAGÓN: Suben case un 20% os casos de violencia de xénero que chegan aos xulgados de menores.

13 de marzo: RTVE: Investigan como posible caso de violencia de xénero o asasinato dunha muller en Alcobendas.

13 marzo: LA OPINIÓN DE ZAMORA: Unha octoxenaria de Zamora denuncia ao seu marido tras máis de 40 anos de maltrato psicolóxico.

20 de marzo: FARO DE VIGO: Detido un home en Elche por espiar á súa ex parella cunha cámara oculta.

27 de marzo: EL PERIÓDICO DE ESPAÑA: Anne Marie, undécima vítima mortal por violencia de xénero 2023.

28 de marzo: LA VOZ DE GALICIA: Acepta nove meses de prisión por ameazar á súa ex parella en Ferrol con publicar vídeos íntimos.

30 de marzo: FARO DE VIGO: Unha muller, ferida moi grave tras prenderlle lume a súa ex parella en Bilbao

4 de abril: LA MONCLOA: El Ministerio de Igualdade condena un novo asasinato por violencia de xénero en Huelva.

4 de abril: EL PERIÓDICO: Case mil nenas e adolescentes baixo o paraugas policial por violencia de xénero.

18 de abril: LA  VOZ DE GALICIA: “Estou desesperada por encontrar piso en Vigo e chámanme buscando sexo”

19 de abril: VICTORIA GASTEIZ: Axentes da Policía Local detiveron onte á noite a un varón de 42 anos como presunto autor dun delito de agresión sobre a súa parella.

25 de abril: RTVE: Asasinada unha muller de 81 anos en Ávila nun novo caso de violencia de xénero.

26 de abril: DIARIO DE MALLORCA. Retén e intenta estrangular á súa muller embarazada nunha vivenda en Valencia.

5 de maio: LA OPINIÓN DE ZAMORA. Un condenado por violencia de xénero en Zamora: “collo á nena e tírome pola ventá”.

8 de maio: EL MUNDO. Detido por apuñalar á súa parella diante do seu fillo en Madrid.

9 de maio: LA PROVINCIA. Interior rexistra a case 40.000 maltratadas maiores de 65 anos, un 16% máis que no 2022.

10 de maio: EUROPA PRESS: Crece o sentir antifeminista e o discurso negacionista da violencia de xénero entre os adolescentes españois.

11 de maio: AYUNTAMIENTO DE MADRID: A cidade de Madrid condena o asasinato, investigado como violencia de xénero,  sucedido o 11 de maio en Móstoles.

12 de maio: EL PERIÓDICO DE ESPAÑA: María, vítima mortal número 1.200 de violencia machista en España.

13 de maio: MADRIDIARIO: Detido en Madrid tras atropelar á súa parella e deixala ferida na casa duns amigos.

16 de maio: EL PERIÓDICO DE EXTREMADURA: Unha muller embarazada de 31 anos, vítima mortal número 17 por violencia de xénero  en 2023.

18 de maio: 101TV MÁLAGA: O Ministerio de Igualdade eleva a 19 o número de mulleres asasinadas por violencia de xénero no 2023 tras confirmar o caso de Málaga.

18 de maio: ABC. Interior ten identificados a máis de 63.000 agresores persistentes.

19 de maio: LA CRÓNICA DE BADAJOZ. Condenado a 11 anos e 3 meses por intentar cortarlle as mans á súa ex parella en Badajoz.

19 de maio: NEWTRAL: Tres das catro vítimas mortais por violencia de xénero en maio foron asasinadas en so unha semana.

24 de maio: LA VOZ DE GALICIA: Un detido por matar á súa ex moza confesa o asasinato de outra ex parella en Torremolinos.

5 de xuño: RTVE: Asasinada unha muller en Pontevedra pola súa ex parella, un garda civil que se suicidou antes de ser arrestado.

6 de xuño: LA TRIBUNA DE CIUDAD REAL: Máis de mil menores en risco de ser agredidos polo maltratador das súas nais.

9 de xuño: EL PERIÓDICO MEDITERRÁNEO. A prisión un mozo por cortarlle á cara á súa ex parella en Alacant para que “non a queira ninguén”.

14 de xuño: GACETÍN DE MADRID: Aumentan un 4,3% as denuncias de violencia de xénero.

14 de xuño: EUROPA PRESS. Dúas de cada tres vítimas de violencia machista denunciaron entre xaneiro e marzo do 23.

15 de xuño: EL PERIODICO DE ESPAÑA: Detido en Madrid tras colarse por unha ventá da vivenda da súa ex moza para estrangulala.

19 de xuño: EL PERIÓDICO DE ARAGÓN: Detido por intentar violar á súa muller e tratar de tirala dun cuarto piso en Zaragoza.

20 de xuño: LA RAZÓN: Detido por intentar matar á súa ex parella a machadazos ante a súa filla de 6 anos en Lleida.

30 de xuño: LA MONCLOA: Igualdade condena dous novos asasinatos por violencia de xénero en Barcelona e Madrid.

30 de xuño: NEWTRAL: En canto aos menores vítimas da violencia de xénero, contabilízanse xa 25 orfos tras o asasinatos cometidos dende xaneiro.

4 de xullo: ANTENA 3: Ascende a 25 a cifra de mulleres asasinadas por violencia de xénero en España dende o 2023.

11 de xullo: FARO DE VIGO: Detido en Madrid un home que intentaba matar á súa parella incrustándolle un trade na cabeza.

20 de xullo. FARO DE VIGO: Detido en Vigo un sexaxenario por agarrar do pescozo e zarandear á súa muller, que tivo que ser trasladada ao hospital.

27 de xullo: LA OPINIÓN DE MÁLAGA: Unha muller ferida grave tras ser tiroteada pola súa ex parella en Málaga.

28 de xullo: DIARIO DE BURGOS: Ascende o número de falecidas a mans das súas parellas ou ex parellas no que vai de ano tras coñecerse o último caso dunha moza de 26 anos.

28 de xullo: EL HERALDO: Detido tras intentar estrangular á súa muller coa mangueira da ducha diante do seu fillo de 11 anos en Madrid.

31 de xullo: CADENA SER: Nove mulleres asasinadas en xullo: preocupación por outro verán de repunte da violencia machista.

8 de agosto: LA MONCLOA: Igualdade condena un novo asasinatos por violencia de xénero en Almería.

9 de agosto: EL PERIÓDICO DE ESPAÑA: 39 menores orfos no que vai de ano: as vítimas invisible da violencia machista.

21 de agosto: DIARIO DE ALICANTE: Deteñen a un varón nun municipio de Alacant por ameazar con “descortizar” á súa parella e ao fillo de ambos.

23 de agosto: LA OPINIÓN DE MURCIA: Detido por mallar á súa parella e abandonala nunha praia en Marbella.

24 de agosto: HERALDO.ES: Ao “banquillo” por agredir á súa ex parella co seu bebé en brazos en Zaragoza.

25 de agosto: ELDIARIO.ES: A confirmación como crime machista do asasinato dunha muller en Cádiz eleva a 13 as vítimas en Andalucía no 2023.

29 de agosto: LA VOZ DE AVILÉS: Detido un home en Avilés por violencia de xénero.

30 de agosto: PÚBLICO: Dous asasinatos machistas marcan o peche dun mes de agosto no que a violencia machista contra as mulleres volve a alcanzar cifras.

31 de agosto: EUROPA PRESS: O verán do 2023 foi un dos máis tráxicos en violencia machista nos últimos 20 anos, con 16 asasinadas.

31 de agosto: LASEXTA: Un home atropela á súa parella en Castelló e estampa o coche contra unha casa.

3 de setembro: NEWTRAL: O mes pecha con dez vítimas mortais de violencia de xénero. Delas, so tres denunciaran.

4 de setembro: FARO DE VIGO: Detido por maltratar á súa parella en Redondela.

18 de setembro: LA MONCLOA: Igualdade  condena un novo asasinato por violencia de xénero en Alacant, Castelló e Murcia.

19 de setembro: PÚBLICO: Catro asasinatos por violencia de xénero confirmados nas últimas 48 horas fai deste mes de setembro o segundo peor da historia.

20 de setembro: RADIOCABLE.COM: O ano 2023 será o peor ano en violencia machista dende o 2019 tras un verán negro.

23 de setembro: FARO DE VIGO: Evita o cárcere tras maltratar e afogar á súa moza cun cable en Oropesa.

27 de setembro: EUROPA PRESS: Catro das 49 mulleres asasinadas por violencia de xénero no 2023 tiñan unha medida de afastamento en vigor.

29 de setembro: DIARIO DE SEVILLA: O policía xubilado que asasinou á súa muller en Valencia carecía de licencia e non tiña rexistrada a pistola.

2 de outubro: LA VANGUARDIA: Confirman a natureza machista do crime da muller atropelada en Toledo.

9 de outubro: EL PERIÓDICO DE ARAGÓN: Visita aos seus fillo, encerra á súa ex nunha habitación e a viola en Zaragoza.

9 de outubro: LA OPINIÓN DE ZAMORA: Un maltratador quebranta o afastamento 5 veces nun día en Castelló.

11 de outubro: LA MONCLOA: Igualdade  condena un novo asasinato por violencia de xénero en Málaga.

13 de outubro: ABOGACÍA ESPAÑOLA: As denuncias e vítimas por violencia de xénero aumentaron más de un 5% no segundo trimestre de 2023.

14 de outubro: RTVE: Investígase como posible caso de violencia de xénero a morte dunha muller tras caer dun edificio en Mijas.

16 de outubro. FARO DE VIGO: Detido por golpear á súa exmuller e intentar tirala escaleiras abaixo.

18 de outubro: EL PERIÓDICO DE ESPAÑA: Agride á súa moza en Zaragoza e intenta matar aos policías que van a detelo.

24 de outubro: EL PAÍS: Mantivemos relacións sexuais e gravouno sen o meu permiso.

26 de outubro: CADENA SER: Un home losquea e tira do pelo á súa parella en plena rúa en Elche.

8 de novembro: LA MONCLOA: Igualdade  condena un novo asasinato por violencia de xénero en Madrid.

17 de novembro: FARO DE VIGO: Xuízo ao chatarreiro acusado de matar á súa muller a noite de San Valentín. O home tamén disparou e intentou estrangular á súa filla.

13 de novembro: EL MUNDO: Arranca o xuízo a “El Melillero” por intentar asasinar con ácido á súa ex moza e a unha amiga …”

17 de novembro: SPORT: Arrestan en Valencia a un menor por violar á súa parella e sometela durante dous anos a un férreo control machista.

21 de novembro: PÚBLICO: A garda civil realiza máis de 900.000 actuacións por violencia de xénero en 2023, un 45% máis que fai un ano.

NADA QUE ENGADIR.

BUENO SI:

Scroll al inicio