DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Deco

O 5 de xuño é a data elixida pola  ONU para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, reunindo nunha plataforma global a gobernos, empresas e cidadáns en torno ao tema central do Ambiente.

Celébrase dende 1974 e cada ano un país actúa de anfitrión  (España foi no 2004 co tema O mar e os océanos e co lema:  “¡Se buscan! Mares y océanos-¿Vivos o muertos?”) .

Neste 2021 o país anfitrión é Pakistán co tema: Restauración de ecosistemas e co lema “Reimaxina, recupera, restaura”, esixindo accións urxentes para devolver a vida aos nosos ecosistemas danados.

Previr, deter e reverter este dano é unha misión global para revivir millóns de hectáreas, dende bosques ata terras de cultivo, dende a cima das montañas ata as profundidades do mar. So con ecosistemas saudables podemos mellorar o medio de vida das persoas (acceso a auga potable e alimentos), contrarrestar o cambio climático e deter o colapso da biodiversidade.

É a nosa responsabilidade, polo tanto:

  • Reduce, recicla e reutiliza (papel, plástico e outros materiais).
  • Separa o lixo orgánico do inorgánico.
  • Utiliza a auga racionalmente (cerra billas e controla fugas).
  • Aproveita a luz natural e reduce o consumo de enerxía eléctrica (apaga as luces e desenchufa o que non esteas utilizando).
  • Utiliza pilas e baterías recargables.
  • Consume froitas, vexetais e verduras que non conteñan fertilizantes nin outros produtos contaminantes.
  • Non abuses da calefacción nin do aire acondicionado.
  • Prioriza o uso da bicicleta ou camiña.
  • Planta unha árbore ou plantas silvestres.
  • Cando saias a pasear pola natureza leva unha bolsa e recolle o lixo que atopes.
  • Dona ou regala o que non necesites: roupa, libros, xoguetes …
  • Non mates insectos nin outros animais, cada un ten a súa función na natureza.
  • Ensina ás túas fillas/os que o Medio Ambiente necesita da nosa axuda e colaboración