O APALPADOR

Contan os máis anciás das montañas de Lugo que o APALPADOR (ou PENDIGUEIRO) é un carboeiro grande, barrigón, barbudo e de pelo rubio. Viste con boina, chaqueta rechamangueira, pantalóns remendados e fuma en pipa.
Vive nas montañas do Courel, ou do Cebreiro, e nas noites de apalpadoiro, e dicir, as do 24 e 31 de decembro, recorre toda Galicia a grandes zancadas, apalpando a barriga de nenas e nenos para comprobar se comeron o suficiente ao longo do ano. Se así fora, deixa castañas quentes, algún que outro regaliño (so aos que se portaron ben) e desexos de un Ano Novo cheo de felicidade e comida:
“Por seres obediente e estares ben alimentado, con estas castañas e este agasallo deséxote fartura e bon ano”.
Durante todo o ano vive no bosque, fabrica carbón, aliméntase de froitos silvestres, mel e xabarís, que el mesmo caza. Coas ramas que recolle no bosque fai pequenos e divertidos xoguetes de madeira para regalar.
É primo irmán do Oltentzero, o cal non é de estrañar, porque probablemente compartan orixe. Encántanos o Apalpador porque o seu estilo de vida asóciase co respecto pola natureza e o coidado do medio ambiente. Se a isto engadimos que o tipo de regalos que deixa (unha petadiña de castañas quentes ou xoguetes de madeira fabricados por el mesmo) escapan do estilo de vida consumista no que ás veces se converte o Nadal, non podemos evitar que se converta no noso personaxe preferido.