O NADAL NO MUNDO

Deco

Se ben o personaxe universal de Nadal é Papá Nöel en tódalas súas variantes (San Nicolás, Santa Claus, Viejito Pacuero, Colacho, Santi Clo …)  son moitas as personalidades que chegan ás casas de todo o mundo nesta época tan entrañable.

O TOMTE. ESCANDINAVIA (Suecia, Finlandia e Noruega).

O Tomte é un gnomo de Nadal con longa barba branca, pequeno, saltarín, habilidoso e moi bondadoso. Vive escondido nun frío e frondoso bosque e encántalle saír sen ser visto, para axudar e contemplar a felicidade dos demais. É por todo isto que foi escollido por Papa Nöel como persoa ideal para axudarlle.

TOMTE

A BEFANA. ITALIA.

É unha bruxa boa que a noite do 5 ao 6 de xaneiro visita os fogares italianos. Viaxa na súa escoba e na súa cesta trae doces para ás nenas e nenos que se portaron ben e carbón para os que se portaron mal. Débeselle deixar laranxa ou mandarina e un vaso de viño doce para que recupere as forzas.

Conta a lenda que os Reis Magos chamaron á súa porta pedindo axuda e que a señora negouse a acompañalos. Ao pouco tempo arrepentiuse, preparou unha cesta de doces e saíu na súa busca chamando a tódalas portas e ofrecendo os seus doces aos nenos que atopaba polo camiño. Dende entón recorre o mundo repartindo regalos para obter o seu perdón.

 

A BEFANA

BABUSKA. RUSIA.

Similar á Befana, reparte regalos aos nenos rusos na noite do 6 de xaneiro. Esta misión impuxéronlla os Reis Magos pola súa hospitalidade e por ter a  casa máis limpa de todo Rusia.

A BABUSKA

FRAU PERCHTA.   ALEMANIA E AUSTRIA.

Representada con nariz aguileña feita de ferro , vestida con farrapos e bastón, esta bruxa ofrece moedas de prata aos nenos que se portaron ben, pero nada bo se pode esperar dela se te portaches mal.

Está obsesionada coa limpeza doméstica en xeral, e máis vale ter todo o liño fiado antes da noite de Reis e a casa limpa senón entrará no teu dormitorio, destriparate e encherá as túas tripas con pedras e palla.

FRAU PERCHTA

DEZ MOROZ e a súa neta SNEGUROCHKA . PAÍSES DA ANTIGA UNIÓN SOVIÉTICA.

Coñecidos popularmente como o Avó Xeado e a Doncela de Neve, reparten os regalos montados nun gran carruaxe tirado por tres cabalos brancos (troika), na noite de fin de ano. Cunha  barba máis longa que a de Papa Nöel,  Dez Moroz ten unha vara máxica (de cristal ou prata) coa que cando peta no chan crea grandes xeadas. Viste con abrigo longo ata os pés, botas de feltro guantes e gorro de pel, acorde co clima da súa rexión.

A súa neta e axudante, Snegurochka, vai vestida tamén cun abrigo del pel ata os pés e aparece representada habitualmente co tocado tradicional.

DEZ MOROZ E SNEGUROCHKA

O KRAMPUS. PAÍSES ALPINOS ( Austria, Alemania, República Checa, Eslovenia, Suíza, Croacia, Hungría, Holanda …)

Metade cabra, metade demo, con orellas de elfo, grandes cornos, lingua vermella e puntiaguda, cabeiros e o corpo cuberto de pelo, aparece na noite do 5 ao 6 de decembro, cunha gran cesta nas costas, para levarse aos nenos que se portaron mal ou que non teñen espírito de Nadal.

KRAMPUS

PÈRE FOUETTARD. ALSACIA (Francia, Bélxica, Luxemburgo …).

Aparencia desaliñada, vestido cunha túnica escura e barba longa, acompaña a San Nicolás e, ao igual que o Krampus, a súa función é castigar aos nenos que se portaron mal, para o que utiliza o seu látigo ou algunha das varas que porta, para dar algunha que outra azouta, polo que é coñecido popularmente como Pai Látigo.

PÈRE FOUETTARD

GRÝLA, LEPPALÚDI E O SEU GATO JÓLAKÖTTURINN ( ou YULE CAT) . ISLANDIA.

Son troles caníbales islandeses. Teñen 13 fillos coñecidos como os YULE LADS. Gústalles moito comer, facerlle bromas á xente e deixarlles regalos nos zapatos aos se portaron ben ou patacas podrecidas aos que se portaron mal.

Jólakötturinn é a súa mascota, un gato non tan amigable, que ronda polos teitos das casas e mira polas ventás para comerse aos que non se puxeron roupa nova polo Nadal.

OS YULE LADS

HOTEIOSHO. JAPÓN.

Deus xaponés da fortuna, que aparece o día de fin de ano (xa que os xaponeses non celebran o Nadal). Din que ten ollos nas costas para observar aos nenos sen que se dean conta e ver se se portan ben.

 

 

 

 

 

De tódolos xeitos non é necesario saír das nosas fronteiras para atopar diferentes personaxes de Nadal, pero iso xa da para outra historia.