DÍA DO LIBRO

Que dicir do que sería un conto infantil sen ilustracións.

Así que, a nosa homenaxe de hoxe vai para as ilustradoras e ilustradores galegos, que hai tantos e tan bos.

As nosas desculpas de antemán, porque non sabemos de todas/os, porque se nos esquece algún/ha, porque non nos é posible nomealos a todas/os…

Pero estean aquí ou non, vaia por diante a nosa inmensa gratitude por adicar un anaco da súa arte a ilustrar contos infantís e facernos pasar tan bos ratos.

XAN LÓPEZ DOMÍNGUEZ (Lugo, 1957). Estudou Historia da Arte en Santiago de Compostela. Co que nos gusta non podemos entender por que di de si mesmo: “cada vez son máis escritor e menos ilustrador”.

  • “La gallina churra” (2019). Xan López Domínguez. Edelvives. +6
  • “Tikismikis”. Laura Garzón (2018). Edebé. +4
  • “A casa andante do mago Van Dongen” (2017). Edelvives. +6
  • “El camaleón malcarado” (2015). Xan López Domínguez. Edelvives. +6
  • “Los sueños de la jirafa” (2013). Xan López Domínguez. +4
  • “Os tres amigos” (2004). Xan López Domínguez. Algar. +4
  • “O avó é sabio”. (2004). Fina Casalderrey. Combel. +5
  • “¡Puag, que noxo!” (1997). Fina Casalderrey. Galaxia. +6
 

RAMÓN TRIGO (Vigo, 1965): Autodidacta, combina a súa actividade como ilustrador coa pintura e a escultura.

  • “O pirata pata de lata” (2008). Xosé María Barreiro. +3
  • “El monstruo” (2008). Daniel Martín. Lóguez Ediciones. +3
  • “La cosa negra que pasó por mi ventana” (2007). Blanca Trigo Cabaleiro. +5
  • “Casa vacía” (2005). Ramón Trigo. Anaya. +3

RAFA ANTÓN (Vigo): Formouse en Deseño de Interiores. Actualmente vive no Brasil, traballando con produtores de cine, axencias de publicidade e diferentes editoriais.

  • “¡Ouah!” (2022). Sara Nicolás e Óscar Rull. Alaestrella. +4
  • “Soños á beiramar” (2022). Rosa E. Gantes. Kalandraka. +5
  • “El cumpleaños de la mosca ” (2020). Rafael Ordóñez. La Guarida. +3
  • “Cómo te como” (2017). Rafael Ordóñez. La Guarida. +4

FEDERICO FERNÁNDEZ ALONSO (Vigo, 1972). Licenciado en Belas Artes  pola Universidade de Vigo, na especialidade de Pintura. Actualmente é profesor na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.

  • “Aurelio” (2016). Antonio Rubio. Kalandraka. +0
  • “Balea” (2015). Germán González. Kalandraka. +5
  • “O raposo Colabranca” (2011). Xosé Carlos Caneiro. Galaxia. +7
  • “Os sete cabuxos” (2009). Adaptación de Xesús Carballo Soliño. Galaxia. +5
  • “Os chibos, chibóns” (2004). Olalla González Paz. Kalandraka. +3

ÓSCAR VILLÁN (Valladolid, 1972). Nacido en Valladolid, pero trasladado a Ourense ese mesmo ano. É Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, con especialidade en Pintura.

  • “O coelliño branco” (1998). Adaptación de Xosé Ballesteros. Kalandraka. +5
  • “A cebra Camila” (1999). Marisa Núñez. Kalandraka. +3
  • “O caracol Remoldiño” (2003). Xoan R. Cuba. Xerais. +5
  • “Adiviñas de animais” (2004). Gloria Sánchez. Alfaguara. +0
  • Colección “Do berce á lúa” (2005-2021). Antonio Rubio Kalandraka. +0
  • “Un becho estraño” (2009). Mon Daporta Kalandraka. +5
  • “Fortunato quere ir á lúa” (2022). Carlos López. Galaxia. +3

PATRICIA CASTELAO (A Estrada, 1974). Tras descubrir a súa vocación, abandonou a carreira de medicina e estudiou no Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela Modelado en 3D, Análise de Imaxes e Realidade Virtual. Hoxe en día traballa cos mellores estudios de animación, ilustra libros, cubertas, pósters, carteis … e imparte talleres de acuarela e cor.

  • “Sí, poesía” (2017). Gloria Sánchez Afaguara. +7
  • “Cuca e o abrigo marrón” (2014). Fina Casalderrey. Rodeira. +0
  • “O sombreiro chichiriteiro” (2009). Manuel Rivas Xerais. +3
  • “Marta ten a solución” (2008). Ana María Fernández Galaxia. +7

ALICIA SUÁREZ (Pontevedra, 1974). Estudou Belas Artes en Pontevedra. Dende os anos 90 é profesora de ensino secundario ao tempo que traballa no mundo da ilustración.

  • “Un ollo para ler” (2022). Alicia Suárez. Galaxia. +5
  • “A ratiña presumida” (2021). Texto de BATA a partir da versión de José A. López Parreño. Kalandraka. +3
  • “Nicolás cociña sen lume” (2019). Asociación BATA. Kalandraka. +3
  • “Nicolás va a la biblioteca” (2017). Asociación BATA. Kalandraka. +3

DAVID PINTOR (A Coruña, 1975). Debuxa e pinta desde neno ata que se converte sen querer en ilustrador, nun proceso lento e gradual. Ademais de ilustrador, traballa como humorista gráfico e pintor, entre outras cousas. No 2022 gaña o Goya ao Mellor Largometraxe Animado.

  • “Tartaruga vs. Lebre. O desquite” (2023). David Pintor. Kalandraka. +3
  • “Non a todas as nenas lles gusta o rosa” (2022). David Pintor. Xerais. +3
  • “Teño impo” (2022). David Pintor. Serendipia. +3
  • “El primer dicionario de Nara” (2019). David Pintor. Degomagom. +1
  • “A avoa do ceo” (2015). Anna Lavatelli. El patito editorial. +5
  • “Nicomedes o pelado” (2013). Pinto & Chinto. Kalandraka. +6

KIKO DA SILVA (Vigo, 1979). Licenciouse na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Con 16 anos publica o seu primeiro libro ilustrado e xa non parou de traballar.

  • “Moncho e a mancha” (2021). Kiko da Silva. Kalandraka. +5
  • “Que contan as ovellas para durmir” (2017). Kiko da Silva. Galaxia. +5
  • “Sar, Sarela e os monstros de Compostela” (2007). Paco López-Barxas. Kalandraka. +6
  • “Cando Martiño tivo gañas de mexar na Noite de Reis” (2000). Chema Heras. Kalandraka. +4

ALBERTO VÁZQUEZ RICO  (A Coruña, 1980). Estudiou en Vigo, Valencia e  Barcelona. É director de cine, animador,  ilustrador e novelista gráfico. Gañou o Goya á Mellor Película de Animación no 2017.

  • “Oso Pandilla” (2022). Miguel López, El Hematocrítico. Edicións Xerais. +3
  • “Gaivota Gourmet” (2022). Miguel López, El Hematocrítico. Edicións Xerais. +5
  • “Un can” (2021). Miguel López, El Hematocrítico Edicións Xerais. +3
  • “O lobo con botas” (2018). Miguel López, El Hematocrítico Edicións Xerais. +7
  • “Axente Riciños” (2016). Miguel López, El Hematocrítico +5
  • “Feliz Feroz” (2014). Miguel López, El Hematocrítico Edicións Xerais. +5
  • “Verbas de sal” (2011). Antonio García Teijeiro Xerais. +7

NURIA DÍAZ (Vilagarcía de Arousa, 1982). Licenciada en Belas Artes na Universidade de Vigo. Traballou como deseñadora gráfica para varias axencias, aínda que actualmente dedícase por completo á ilustración e ao deseño no seu propio estudo.

  • “La fiesta de cumpleaños” (2023). Susana Peix e Montse Panero. Carambuco Edicións. +3
  • “Animalfabeto” (2021). Eva Mejuto. Triqueta Verde. +5
  • “Lobo Ramón, a vida é unha festa“ (2023). María Canosa. Editorial: O que leo. +6
  • “Canta, miña pedra, canta” (2019). Xoan Curiel. Galaxia. +5

CLARA CERVIÑO (Ourense, 1985). Estudiou a carreira de Bioloxía e tras un curso de Ilustración Científica comezou a súa exitosa carreira como ilustradora.

  • “Un fogar para regaliz” (2023). Alfredo Blanco. Edita.es. +5
  • “Xela a superheroína de aldea” (2022). Inma Soto Iglesias. +3
  • Colección “Coñecer para amar”. Os Nosos Bosques (2019) e Os Nosos Mares (2021). Diego García e outros. Miudiño.

IVAN PRIETO (O Barco de Valdeorras, 1987). Licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. Hoxe en día vive entre Berlín e España traballando de escultor, artista de instalación e ilustrador.

  • “O baúl dos ladróns” (2009). Frank Baum. OQO. +5
  • “Sal e azucre” (2006). Iván Prieto. OQO. +7
  • “Manda narices” (2005). Paco Liván. OQO. +7
  • “A nena e o grilo nun barquiño” (2019). Magin Blanco. OQO. +5

LAURA TOVA (Carballo, 1989). Formada en Ilustración na EASD Pablo Picasso. Está inmersa en diferentes proxectos como contadora de historias, de ilustración publicitaria, para libros, carteis…  ou impartindo talleres.

  • “O galo que puxo un ovo” (2023). Indy García. OQO. +3
  • “Achís” (2021) . José Carlos Andrés. OQO. +3

XOANA ALMAR (Santiago de Compostela): Estudiou en Granada e hoxe en día exerce de muralista, pintora e ilustradora dende  a cooperativa Cestola na Cachola, xunto a Miguel Peralta e Raquel Doallo.

  • “Volcán. O cabalo salvaxe da Illa de Sálvora” (2017). Paula Carballeira. Triqueta Verde. +4
  • “Lánzate Pepa” (2013). Paula Carballeira. Trinqueta Verde. +4
  • “Paolo e o misterio da cerdeira” (2012). Antonio Fernández Rojas. Triqueta Verde. +5
Scroll al inicio