Instalacións

Descubre o noso espazo​

“La Casa de Koli” ocupa un baixo de case 400 metros cadrados nun edificio de nova construción, á beira do periférico, rodeado de soportais. Vixiado por cámaras de seguridade, accédese a el por unha porta con barra de seguridade que da á rúa Manuel Beiras.

Deseño

No seu deseño e decoración estudiouse responder ás necesidades de seguridade, estéticas, físicas e pedagóxicas de nenas e nenos.

Debido a que en tódalas dependencias existen detectores de fume e saídas de emerxencia, facilitando a súa evacuación no caso de ser necesario. Os radiadores están colocados na parte superior de xeito que se poidan evitar golpes, contusións ou queimaduras contra eles. A superficie está toda ao mesmo nivel, sen ramplas nin escaleiras.

Porque é atractivo, con cores vivas, luminoso ( a luz natural invade todo o local), ordenado, acolledor…  e provoca nas alumnas e alumnos unha sensación de calidez, nun clima agradable, rico en estímulos e experiencias.

Porque e adaptable a autonomía dos cativos e cativas utilizando materiais lixeiros, seguros, con chan antideslizante, hixiénico (linóleos antibacterianos), resistentes… e cun mobiliario adecuado ao tamaño de nenas e nenos.

Por tratarse dun equipamento polivalente no que é posible a modificación das áreas de traballo segundo ás necesidades.

Distribución

Entrada

Partindo de que é o lugar onde se recibe as familias e se recolle as nenas e nenos, é un espazo acolledor, onde se reflicte a vida do centro. Aquí podemos atopar a información relevante como horarios, menús, titorías, normas… nos taboleiros informativos, estando en todo momento accesible. Tamén se ofrece unha mostra do que están a traballar ás alumnas e alumnos, facendo ás familias partícipes do que ocorre no interior.

Despacho de dirección

No que as familias poden pedir a información sobre calquera tema que atinxe a educación das súas fillas e fillos. Pretende ser un espazo no que se transmite seriedade, confianza e seguridade, reflectindo o xeito de traballar na escola.

Patio

Interior, con moita luz e ventilación natural é un espazo amplo no que as cativas e cativos poden correr e desprazarse libremente, calmar a súa necesidade de movemento e desenvolver as súas destrezas motrices. É onde se establecen as relacións máis intensas, xa que as nenas e nenos teñen que aprender a utilizar ás súas capacidades para relacionarse. A súa decoración recórdanos a un conto tratándose dun espazo privilexiado para desenvolver a imaxinación.

Biblioteca

Está concibida como parte do proceso educativo, polo tanto a súa ambientación intenta espertar nas alumnas e alumnos o seu interese por ela. Todo material está colocado a baixa altura sendo accesible e variado. Ten unha zona con mesas e cadeiras para as nenas e nenos que prefiren estar sentados e outra de coxíns par aos que queiran estar tirados no chan comodamente. Tamén ten unha zona dedicada a “hospital” na que van parar todos os xoguetes e libros que están estragados, para o seu arranxo ou restauración.

As aulas

Están organizadas co obxectivo de pontenciar a autonomía, a exploración, a aprendizaxe, o descubrimento, a investigación… As zonas están delimitadas e separadas para que as nenas e nenos non se molesten entre si, independentemente na zona na que queiran estar, deste xeito traballamos en grupos pequenos fomentando a cooperación a socialización e a construción de aprendizaxes. Todas elas posúen dunha zona de hixiene, de asemblea, de espello, de xogo simbólico, de mesas e de armarios para gardar o material e os xoguetes.

Zona de descanso​

Na que impera a serenidade e a tranquilidade. Nela as nenas e nenos poden descansar sen ser molestados en condicións óptimas de seguridade e comodidade. Trátase de un sitio no que as cativas e cativos poidan durmir dunha forma o máis similar posible de como o farían na casa: nun berce ou nunha camiña, en semiescuridade, sen ruídos estridentes e cunha temperatura adecuada.

Sala de usos múltiples​

Como ben indica o seu nome é utilizada en moi variadas e direrentes ocasións. Diariamente úsase como zona de agrupamento (a primeira e última hora) para recibir e despedir as nenas e nenos, pola súa proximidade coa porta de entrada, pola súa amplitude e por contar cun interfono con monitor ao exterior. Tamén diariamente úsase como zona de comedor pola súa proximidade coa cociña e cos aseos e para facilitar as rutinas na hora dos almorzos, comidas e merendas. 

Búscase crear un ambiente relaxado e tranquilo, no que nenas/os poidan gozar da comida, respectando en todo momento o ritmo de cada un e do grupo en xeral, ao igual que as súas capacidades e autonomía. Noutras ocasións é utilizada para as reunións coas familias, tanto as de carácter informativo como festivo, xa que a súa situación dentro do centro e o seu tamaño resulta apropiado para este tipo de actividades.

Aseos

Neste rango de idade os aseos dan cabida ás necesidades individuais de cada nena e neno, tendo en conta a época de control de esfínteres na que se poidan atopar e fomentando a autonomía, tanto para ir ao baño como para lavar os dentes ou as mans.

Cociña

A escola conta con servicio de comedor propio, no que diariamente se cociñan os menús elaborados por un experto en nutrición, con alimentos de primeira calidade. É un espazo relativamente pequeno, no que hai o imprescindible, xa que non necesita moito espazo de almacenamento, porque a compra recíbese cada día.

Scroll al inicio