DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO

ANO 2013:

 O Comité dos Dereitos do Neno manifestou que:

  • O 88% das/os nenas/os palestinos vive con medo.
  • O 26% dos palestinos vive por debaixo do limiar da pobreza.
  • O 22% das/os nenas/os palestinos morren antes dos 5 anos, debido a anemia, carencias alimentarias, desnutrición crónica severa …
  • O 95% da auga, en Gaza, non é apta para o consumo humano.
  • 123.000 nenas/os tiveron que deixar a escola debido aos danos sufridos durante a “Operación Chumbo Fundido” no 2012.
  • O 2% das nenas palestinas cásanse antes dos 15 anos e 1 de cada 10 entre os 15 e os 19.

O Estado de Israel é o responsable da adecuada aplicación da Convención Internacional dos Dereitos do Neno, tanto en Israel como nos territorios palestinos ocupados, sen embargo négase a recoñecer esta obriga.

Por outra banda, Hamas non dubida en utilizar aos nenos palestinos da Franxa de Gaza nas súas actividades contra Israel, glorificando o martirio e incitando aos nenos a suicidarse para defendela causa palestina.

ANO 2023:

Lonxe de mellorar a situación, segundo UNICEF (a 2 de novembro do 2023):

Na Franxa de Gaza:

  • Ao menos 3.760 nenas e nenos morreron (moitos aínda están sen identificar).
  • 7.695 nenas e nenos palestinos resultaron feridos graves.
  • 1.150 están desaparecidos e poderían atoparse baixo os escombros.
  • Máis de 2,2 millóns de persoas (a metade delas nenas e nenos) non teñen acceso a un subministro seguro e adecuado de auga e saneamento.
  • 155.000 mulleres embarazadas e lactantes necesitan atención sanitaria primaria.
  • 337.000 menores de 5 anos están en risco de padecer desnutrición.

En Cisjordania:

  • 40 nenas e nenos morreron en Cisjordania como consecuencia do aumento da violencia e máis de 6.500 persoas resultaron feridas.
  • Máis de 250 persoas foron asasinadas por Hamas (entre mulleres, homes, nenas, nenos e bebés), cando gozaban dun concerto, deixando a máis de 1.500 feridas.
  • 242 israelís foron secuestrados na Franxa de Gaza e aínda permanecen cativos (entre eles hai 30 nenas e nenos).
  • 1.200 persoas foron asasinadas dende que comezou este último conflito.

Hoxe falamos de Gaza e Cisjordania, pero actualmente hai máis de 60 países en guerra ou con conflitos abertos. Estes son algúns deles:

AFGANISTÁN dende o 2001

UNICEF: 13/06/12 En 2011: 1.756 nenos foron asasinados ou resultaron feridos debido ao conflito en Afganistán …

LA VOZ DE AMÉRICA: 24/11/20: Calcúlase que uns 26.000 nenos morreron ou quedaron lisiados nos 19 anos de guerra en Afganistán …

UNICEF: 10/08/21:  Ao menos 27 nenas e nenos mortos nas últimas 72 horas…

ARMENIA-ACERBAIXÁN dende 2020

EL MUNDO: 28/05/2016: Soldados de menos de 20 anos toman o relevo tras reavivarse o conflito con Acerbaixán …

UNICEF: 29/10/20: 12 nenos resultaron mortos durante o último mes na zona de conflito de Nagorno-Karabaj …

RTVE: 20/09/23: Entre os mortos figuran 10 civís, deles 5 niños …

 BIRMANIA dende 1948

DW: 29/12/21: Confirman a morte de 4 menores na matanza de Birmania …

SWI: 20/09/22: Ao menos 11 nenos morreron nun ataque aéreo …

20 MINUTOS: 10/10/23: Decenas de persoas, entre elas nenos, morreron tras un ataque de artillería do Exército birmano …

 CAMERÚN-CHAD-NÍXER-NIXERIA/BOKO HARAM dende o 2014

EL PAÍS: 17/02/2020: Unha trintena de mortos, moitos deles nenos, nun ataque nunha rexión separatista de Camerún…

UN (NOTICIAS ONU): 26/10/2020: Un grupo de homes armados, no sueste de Camerún deixa un saldo de 8 nenos mortos entre 12 e 14 anos…

SWI: 25/06/2021: Uns 324.000 nenos morreron en Nixeria polo conflito de Boko Haram…

 ETIOPÍA/ERITREA dende o 1998

INFONEWS: 16/11/2021: Etiopía. Case 200 nenos mortos a mercé da guerra e a desnutrición …

HUMANIUM: 09/08/2022: Limpeza étnica e graves violacións dos dereitos dos nenos na rexión occidental de Tigray en Etiopía…

LA RAZÓN: 09/02/2023: A guerra non rematou para os nenos de Tigray…

HAITÍ dende o 2019

HUMANIUM: 22/05/2022: A trata de menores e a violencia sexual son algúns dos problemas máis perentorios en relación cos dereitos da infancia en Haití…

PLAN INTERNACIONAL: 22/03/2023: A seca, a fame, as enfermidades e o conflito poñen en risco a vida de miles de nenas haitianas que, ante a falta de ingresos das súas familias, abandonan a escola e vense expostas a riscos aínda maiores como a violencia sexual ou os embarazos precoces…

UNICEF: 17/10/2023: Decenas de nenos e nenas foron rescatados dos violentos enfrontamentos entre os grupos armados …

 IRÁN dende o 2009.

EL PAÍS: 01/12/1995: Máis de 500.000 nenos iraquís morreron polo embargo da ONU …

AMNISTÍA INTERNACIONAL: 09/02/2022: As autoridades ocultan os seus homicidios de persoas menores de idade obrigando ás familias a permanecer en silencio…

INFOBAE: 24/09/2022: Catro nenos asasinados na brutal represión do réxime de Irán nas protestas pola morte de Mahsa Amini…

LIBIA dende o 2021

EUROPAPRESS: 02/01/2018: Un total de 433 persoas, entre elas 79 nenos morreron en Libia no 2017 …

UNICEF: 22/10/2019: Nas últimas semanas varios nenos resultaron mortos ou feridos debido a violencia en Libia…

UN (NOTICIAS ONU): 17/01/2020: Decenas de miles de nenos viven en Libia unha violencia inaceptable…

MALÍ dende o 2012

EL PAÍS: 09/03/2016: A infancia interrompida dos nenos do norte. Sufriron secuestros, violacións e o asasinato de familiares …

LA VANGUARDIA: 13/08/2019: O Conflito de Malí causou a morte a 150 nenos no 2019 …

ACNUR: 01/12/2020: Increméntase a trata de nenas e nenos en Malí …

MOZAMBIQUE (Cabo Delgado) dende 2017

EL PAÍS: 16/03/2021: Os yihadistas decapitan a nenos de ata 11 anos …

EUROPAPRESS: 20/09/2019: Ao menos tres nenos mortos e outros dous feridos a causa do estalido dunha bomba …

 PAQUISTÁN dende 1947

EXPANSIÓN: 04/05/2016: […]O máis destacable é que entre os mortos e feridos había principalmente mulleres e nenos, parte deles musulmáns…

EL PAÍS: 16/12/2014: Ao menos 132 escolares mortos nun ataque talibán…

RTVE: 31/08/2023: Aumenta a 54 o número de mortos no atentado de Paquistán, a metade deles nenos…

 REPÚBLICA DEMOCRÁTICA DO CONGO E GRANDES LAGOS dende 1996

EL PERIÓDICO DE ESPAÑA: 13/06/2023: Ao menos 46 mortos, 26 nenos, no ataque a un campo de desprazados na República Democrática do Congo…

DW: 08/09/2023: Violencia contra nenos na RD Congo alcanza un nivel inédito […] Asasinatos, violacións, recrutamento forzado de nenos soldados, “hai poucos ou ningún lugar peor no mundo para ser un neno”…

SAHEL/MAGREB dende o 2003

FRANCE 24: 30/01/2020: Os nenos do Sahel son os principais afectados pola violencia. Centos deles morreron, quedaron mutilados ou foron separados pola forza dos seus pais …

UN (NOTICIAS ONU): 17/03/2023: 10 millóns de nenos e nenas atópanse en risco extremo no Sahel Central mentres a inseguridade invade os países veciños…

SIRIA dende o 2011

BBC: 24/11/2013: Centos de nenos executados ou torturados en Siria …

SAVE THE CHILDREN: 13/03/2017: Ao menos tres millóns de nenos sirios menores de 6 anos so coñece a guerra e millóns máis creceron baixo o terror, baixo a sombra do conflito…

EL CONFIDENCIAL: 11/03/2021: A guerra de Siria provocou a morte ou causado feridas a case 12.000 nenos…

 SOMALIA (Segunda Guerra Civil) dende 2009

EL PAÍS: 19/08/1992: 350.000 nenos somalís morreron xa pola fame e pola guerra …

AMNISTÍA INTERNACIONAL: 20/07/2011. “Se es nena ou neno en Somalia a morte pode chegar en calquera momento: poden matarte, recrutarte e enviarte ao fronte …”

EURONEWS. 13/12/2022: A catástrofe alimentaria agrava a morte de nenos en Somalia …

 SUDÁN DO SUR dende o 2011

EURONEWS: 05/05/2023: UNICEF alerta de que cerca de sete nenos morren ou son feridos cada hora polo conflito de Sudán …

ACNUR: 17/10/2023: Traxicamente as nenas e nenos desprazados, incluídos os refuxiados, quedaron atrapados no fogo cruzado, mortos ou mutilados …

EL PAÍS: 19/11/2023: Máis de 1200 nenos menores de 5 anos morreron en Sudán …

 UCRAÍNA- RUSIA: dende o 2022

SAVE THE CHILDREN: 22/08/2022: A maioría das vítimas infantís confirmadas debéronse ao uso de armas explosivas en zonas urbanas…

EURONEWS: 05/04/2023: O número de nenos vítimas da guerra en Ucraína xa superou os 500 segundo UNICEF. Case mil nenos máis resultaron feridos. Tamén se subliña que so se trata de datos confirmados e que o número real de nenos mortos podería ser moito maior…

UN (NOTICIAS ONU): 01/06/2023: Máis de 1.500 nenos mortos ou feridos na guerra de Ucraína…

 IEMEN dende o 2010

PÚBLICO: 10/08/2018: Casi 2.400 niños han muerto en Yemen en los últimos tres años …

UNICEF: 20/10/2021: “O conflito de Iemen acaba de alcanzar outro fito vergoñoso: 10.000 nenos e nenas foron asasinados ou mutilados dende que se iniciaron os combates …”

NUEVA TRIBUNA: 13/03/2022: Unha cincuentena de nenos  asasinados ou mutilados en dous meses…

Polo tanto, pedimos encarecidamente aos nosos “señoros” gobernantes do mundo mundial, que se respecte o acordo da CONVENCIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS SOBRE OS DEREITOS DO NENO, no que se recolle explícitamente:

 Artigo 3.

“Cando os adultos tomen decisións, deben pensar en como as súas decisións afectarán aos nenos. Tódolos adultos deberían facer o que mellor sexa para os nenos: é o que se coñece como o interese superior do neno. Os gobernos deben velar por que o pai e a nai (ou outras persoas cando sexa necesario) protexan e coiden aos nenos. Os gobernos deben asegurar que as persoas e entidades encargadas de coidar dos nenos o fagan tomando en conta ese interese superior.”

Artigo 4.

“Os gobernos deben facer todo o posible para que cada neno do seu país poida desfrutar de tódolos dereitos mencionados nesta Convención”.

 

 

… SE NON TEREMOS QUE PENSAR QUE NOS ESTÁN TOMANDO O PELO.

Scroll al inicio