DÍA DO LIBRO

Neste día tan especial queremos compartir con vós algunha das curiosidades que existen sobre os libros:
O LIBRO MÁIS CARO DO MUNDO:
Unha das primeiras BIBLIAS impresas por Gutenberg é o libro máis caro do mundo e é que cada unha das súas páxinas, coloreadas a man, pode venderse ata por 50.000 euros (por 1.300 páxinas, estamos a falar de 65.000 millóns de euros)

O LIBRO MÁIS LONGO DO MUNDO:
O Libro Guinness dos Records outorgou este recoñecemento á novela “À LA RECHERCHE DU TEMPS PERDU” (En busca do tempo perdido) escrita por Marcel Proust. Esta obra está composta de 7 partes, publicadas entre 1913 e 1927, pero todas forman parte dun mesmo conxunto. Son un total de 1.267.069 palabras, recollidas en 3.031 páxinas.

O LIBRO MÁIS GRANDE DO MUNDO:
“OUR FRAGILE NATURAL HERITAGE” (O noso fráxil patrimonio cultural) mide 4,18 x 3,77 metros, pesa 1.420 quilos e ten 346 páxinas. Foi construído polo inventor húngaro Bela Varga, a súa esposa e 25 voluntarios máis. O contido do libro é un recorrido de marcado carácter ecolóxico polas marabillas naturais de Hungría e outras partes do mundo. Foi necesario construír puntais e reforzos para soster o peso das tapas e as páxinas.

O LIBRO IMPRESO MÁIS PEQUENO DO MUNDO:
“FLORES DAS CATRO ESTACIÓNS” (do 2012) que mide tan só 0,74 x 0.75 mm, presenta doce flores que se atopan durante as catro estacións en Xapón. A anchura das liñas do texto é de tan so de 10 micras (ou sexa: unha milésima parte dun milímetro).

O LIBRO MÁIS VENDIDO DO MUNDO:
A BIBLIA vendeu máis de 3.900 millóns de copias en todo o mundo, cota moi difícil de superar xa que os demais están a unha distancia inalcanzable.
Por outra banda, a novela máis vendida é DON QUIXOTE, da que se venderon 500 millóns de copias.

O LIBRO MÁIS TRADUCIDO DO MUNDO:
Outra vez volvémonos a atopar coa BIBLIA. Escrita orixinariamente en hebreo, grego e arameo foi traducida á 704 linguas e dialectos.
O seguinte libro máis traducido e “LE PETIT PRINCE” (O Principiño) de Antoine de Saint-Exupéry, publicado en 1943. Está traducido en 475 linguas, entre os que están os idiomas principais do planeta, máis unha multitude de idiomas minoritarios coma o quechua, arameo, bereber …

O LIBRO IMPRESO MÁIS LONXEVO:
“O SUTRA DO DIAMANTE” está plasmado sobre un pergamiño de grandes dimensións e é a versión traducida ao chino dun antigo Sutra relacionado de forma directa con Buda. Ten miles de anos e estivo oculto durante nove séculos.
Este exemplar anuncia nas súas páxinas que é a tradución en chino dun Sutra do ano 400, que se imprimiu o 11 de maio de 868, polo tanto mantense como o libro impreso máis antigo do planeta con 1.155 anos.

O LIBRO MÁIS ESTRANO DO MUNDO:
O MANUSCRITO VOYNICH é un códice que está escrito nun sistema de escritura críptica que ata agora ninguén logrou descifrar. Data, segundo o carbono 14, de principios do século XV e créese que foi escrito en Italia.

O LIBRO MÁIS ADAPTADO AO CINE:
Se descontamos as adaptacións dos diferentes libros da Biblia, a obra máis adaptada ao cine sería HAMLET, de Shakespeare, da que existen 73 versións directas. A máis famosa seguramente sexa a dirixida e protagonizada por Laurence Olivier, que gañou un Oscar á mellor película en 1948.

O LIBRO MÁIS MACABRO DO MUNDO:
DES DESTINÉES DE L’AME (Destinos da alma) escrito polo poeta francés Arsène Houssaye, no século XIX, está encadernado con pel humana. “Un libro sobre a alma humana merecía ter unha vestimenta humana” xustificaba o seu autor.

O PRIMEIRO LIBRO ILUSTRADO PARA NENOS:
“ORBIS SENSUALIUM PICTUS” (O Mundo en Imaxes), escrito en 1658 por Jan Amos Komenský (Comenius), é o primeiro libro que está orientado plenamente a un público infantil. Foi publicado por primeira vez en Alemaña e o seu obxectivo era ensinar o latín. Cada un dos seus 150 capítulos vai sobre unha temática distinta na que o texto vai acompañado dunha ilustración.
