FAMILIAS DE ANIMAIS

COMO NON COMEZAR POLO PRINCIPIO …
A FAMILIA DO KOALA:
Na época do apareamento o macho emiten un son para atraer e seducir á femia, que escolle a un ou a outro polo seu tamaño e, polo tanto, pola intensidade do ruxido nas súas chamadas. Unha vez concluída a fecundación o macho inicia de novo a busca doutra femia para volver a iniciar o proceso.
Como a maioría dos marsupiais, a nai koala ten unha bolsa onde leva as súas crías durante os primeiros seis meses. Cando o bebé sae da bolsa agárrase ás costas ou tripa da nai acompañándoa a todas partes, ata aproximadamente o ano de idade, momento a partir do cal deixa de mamar e comeza a alimentarse so de follas.
Aínda que son animais solitarios viven uns cerca de outros por elección. A capacidade dun territorio é limitada e depende da consistencia das árbores, da densidade do arboledo, do clima, do terreo e do tamaño deste …
O tamaño, idade ou sexo do koala son determinantes para establecer o seu territorio, polo que moitas veces loitan, sobre todo se hai femias de por medio. Se non hai suficiente espazo os koalas xoves vense obrigados a emigrar para buscar un novo lugar no que pasar o resto da súa vida.
Cando hai alimento suficiente soen socializar por un breve espazo de tempo e despois cada un marchar cara o seu lado.

A FAMILIA DO LOBO:
Os lobos viven en manadas de ata 20 membros, cunha estrutura xerárquica moi marcada, que lidera unha parella alfa.
Cando as condicións non son favorables (falta de alimento ou territorio), so a parella alfa, que é monógama, ten o privilexio de aparearse, pasando, para iso, moito tempo illados do resto da manada.
Durante o primeiro mes os cachorriños quédanse ao coidado exclusivamente da nai que se encarga de alimentalos co seu leite. Posteriormente outra femia da manada será designada para coidar dos cachorros co fin de que a súa nai poida proseguir coas tarefas que lle corresponden ao seu rango. Pero, en realidade, toda a manada contribúe, xa que uns encárganse de coidar dos cachorros e outros do alimento .
Teñen un comportamento territorial, evitando invadir o territorio de outra manada, xa que cando isto ocorre soe ser cun enfrontamento moi agresivo.
Cando os lobos xoves senten o impulso de aparearse soen abandonar a manada en busca dun territorio libre no que formar a súa propia familia. As femias xeralmente escollen permanecer na manada.

A FAMILIA DO PINGÜÍN EMPERADOR:
As nais de pingüín emperador poñen un único ovo que deixan ao coidado do pai para ir buscar alimento (durante case dous meses). Mentres tanto o pai mantén o ovo quente entre as súas patas, sen comer nada e a mercé dos elementos antárticos.
Cando as nais regresan coa comida alimentan aos polos e son os pais os que emprenden a súa busca de alimento.
Ao rematar a temporada de inverno búscanse de novo mantendo a mesma parella de por vida.

A FAMILIA DO CASTOR:
Unha parella de castores construirá o seu tobo de ramas e barro xuntos. A nai soe parir entre 2 e 4 crías e o pai colaborará nas labores de crianza e protección das crías de por vida.
Soen vivir en manadas de sobre 10 membros entre os que están os pais e os fillos xoves de camadas anteriores que axudan a coidar e a alimentar aos seus irmáns.

A FAMILIA DA CANDORCA:
As candorcas viven en unidades matriarcais cuxa descendencia vivirá coa nai toda a vida. Soen parir unha cría cada 5 ou 6 anos.
Son as femias as que están a cargo do que ocorre na manada. As nais son as que se ocupan da disciplina e da educación, pero todo o grupo colabora na alimentación e protección da familia.
Os machos sepáranse do grupo para aparearse con membros de outras manadas, xa que non o farán dentro da súa mesma familia.
Son extremadamente sociais e aínda que poden pasar parte do día nadando, para trasladarse dun lugar a outro, outra boa parte do tempo a utilizan en socializar, en adestrarse e xogar.
Dúas manadas poden xuntarse nun “pod” (co mesmo dialecto e relación familiar moi próxima), varios “pod” nun clan (cun dialecto similar e cunha herdanza familiar en común) e varios clans nunha comunidade (sen dialecto común nin herdanza familiar).

A FAMILIA DO CABALIÑO DE MAR:
Na época de apareamento a nai dedica unha danza ao pai (que pode durar varios días) trala que ambos cambian de cor .
A diferencia doutros animais acuáticos son monógamos, pero o que o fai realmente especial é que é o pai o que se embaraza. A nai depositará ducias, a veces incluso centenares, de ovos na bolsa abdominal que ten o pai na súa parte frontal, onde serán fecundados. Co embarazo a termo, o pai, con fortes contraccións, dará a luz ás crías que quedarán á deriva debendo encontrar comida e ocultarse dos seus depredadores tan pronto nacen.

A FAMILIA DO POLBO XIGANTE:
A nai pon ovos unha soa vez na vida, busca unha cova e cólgaos do teito. Permanece xunto a eles durante meses, sen comer, protexéndoos dos depredadores e movendo os tentáculos de vez en cando para airealos e limpalos. Cando os ovos eclosionan utiliza as últimas forzas para sacalas crías da cova e levalas ao océano. Pouco despois morre.
A vida do polbo xigante transcorre solitaria, poden permanecer dentro do seu tobo durante semanas e saír so para alimentarse, aparearse ou protexerse dos depredadores.

A FAMILIA DO PEIXE PALLASO:
A familia está liderada pola nai, que soe ser a femia máis grande e agresiva, que está ao mando e defende o territorio. E despois temos un pai ou macho reprodutor e outro terceiro macho que é unha especie de substituto para casos de emerxencia. Se a nai morre por calquera motivo, os xenitais do macho a cargo da reprodución convértense en femininos e o macho substituto toma o sitio do macho principal.
Cando se achega o momento da reprodución a nai pon ovos, que son fertilizados xusto despois. Trala posta, o pai encárgase de coidalos facendo limpeza, osixenando os ovos coas súas aletas e eliminando aqueles que non se desenvolveron ben.

A FAMILIA DO CISNE NEGRO:
Un 25% de familias de cisne negro están formadas por pais do mesmo sexo, sendo máis común a unión entre dous machos. Son parellas que soen botala femia do niño ou que rouban ovos doutros niños para incubalos xuntos. Hai estudos que indican que os polos de parellas homosexuais teñen maior posibilidades de chegar a termo que os de parellas heterosexuais.

A FAMILIA DA LAGARTA RABO DE LÁTEGO:
A familia está constituída so por femias, que manteñen relacións entre si para estimular a ovulación. Os ovos desenvólvense dentro da nai sen ser fecundados e o resultado son fillas clones das súas proxenitoras.

E A TÚA FAMILIA… PARÉCESE A ALGUNHA DESTAS?