DÍA DO LIBRO

ORIXE DA LITERATURA INFANTIL ESCRITA

No 1613, Sebastián Mey publica, en España, Fabulario, unha colección de 57 fábulas ilustradas, que ademais serve de libro para aprender castelán na Europa do século XVII. Recrea textos atribuídos a Esopo, descartando o mitolóxico e adaptándoos a tradición cristiá.

No 1658, en Alemaña, publícase o que é considerado primeiro libro ilustrado para nenos da historia: o Orbis Sensualium Pictus, de Ámos Comenius, coa intención de servir como libro didáctico e pedagóxico. Centrado en ciencias naturais e sociais, conten 150 xilografías que ilustran os seus capítulos.

No 1683, en Francia, Charles Perrault escribe Contos de Outrora (subtitulado Contos da Nai Oca), onde poden atoparse os seus contos máis famosos (Pel de Asno, Polgariño, Barba Azul, O Gato con Botas …). Inspírase na tradición oral, na tradición literaria e nas lendas de orixe exótico. A todas estas historias, xa existentes, o autor apórtalles unha ensinanza moral que axude na educación da/os nena/os. O contido: moi cuestionable se é adecuado ou non para a infancia, aínda que a sociedade os adoptou como tal.

No 1744, en Londres,  John Newbery funda a primeira librería (e editorial) infantil. Chamábase The Bible and the Sun e foi das primeiras en publicar material dirixido exclusivamente para nenos. O primeiro libro infantil que publicaron foi Pretty Little Pocket-Book que recollía rimas sinxelas a partir das letras do abecedario.

No 1751, en Inglaterra, The Lilliputian Magazine e no 1758 The Museum for Young Gentlemen and Ladies son os primeiros periódicos infantís, caracterizados pola súa coidada impresión, tirada escasa, prezo elevado e coa finalidade de instruír e entreter ás nenas e nenos burgueses.

No 1798, sae o periódico español para a infancia La Gaceta de los Niños, creado por José e  Bernabé Canga Argüelles, a cuxo título seguíalle o seguinte texto: “Principios generales de moral, ciencias y artes, acomodados a la intenligencia de la primera edad”.

Entre o 1812 e o 1815 publícase, en dous volúmenes, Kinder-und Hausmärchen (Contos da Infancia e do Fogar), recopilación dos irmáns Grimm de contos alemáns de tradición oral. Nesta colección atopamos os máis coñecidos: Hansel e Gretel, A Cincenta, Rapunzel, Carapuchiña Vermella, A Bela Durminte e Brancaneves, modificados e adaptados co tempo, suprimíndose as referencias sexuais ou inaporpiadas (xa presentes na obra de Perrault).

No 1870 a publicación Los Niños: revista de educación e recreo utiliza por primeira vez viñetas para contar historias, co lema de “instruír deleitando” co fin de ofrecer “una buena educación religiosa, moral, científica, artística y literaria”.

Scroll al inicio