DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

En 1975 as Nacións Unidas declaran o 8 de marzo como o Día Internacional da Muller.

Case 120 anos antes (o 8 de marzo de 1857) traballadoras do téxtil en New York saen, por primeira vez á rúa para protestar polas súas míseras condicións de traballo e para denunciar a explotación infantil. Dous anos máis tarde crean o seu primeiro sindicato.

Certo é que as condicións laborais eran duras para todos, pero a precariedade cébase especialmente coas mulleres, xa que o seu salario podía chegar a ser menos da metade que o dos homes, so polo feito de ser mulleres.

Esta protesta sentará un precedente para as mobilizacións posteriores debido á grande repercusión que ocasionou.

En 1907  ten lugar a primeira Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, en Stuttgart (Alemania) co obxectivo principal de conseguir o sufraxio feminino. Xa o conseguiran anteriormente Australia e Nova Zelanda en 1902 e Finlandia en 1906.

O 24 de novembro do 1909 saen á rúa as camiseras de New York, a maioría delas procedentes da inmigración de Europa do Leste, totalmente discriminadas fronte aos homes que facían o seu mesmo traballo. Pedían un mellor salario, a redución da xornada laboral, a igualdade salarial respecto aos homes e a igualdade de trato para os traballadores afiliados aos sindicatos ou non. Catro meses despois conséguese unha mellora salarial, unha mellora das condicións laborais e a redución da xornada.

O 25 de marzo de 1911 incéndiase a fábrica de camisas Triangle Shirtwaist (tamén en New York). Morren 123 mulleres e 23 homes, a maioría inmigrantes, que non puideron fuxir do lume xa que os responsables da fábrica tiñan as portas pechadas para evitar roubos. Isto supuxo a introdución de novas normas de seguridade e saúde laboral no país.

Nas próximas manifestacións baixo o lema “Pan e Rosas” (pan: simbolizando un salario digno e rosas: simbolizando unhas mellores condicións de traballo)  pedirase: o dereito ao voto, o dereito a ocupar cargos públicos, o dereito ao traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral.

No 1917 como protesta á gran cantidade de soldados rusos mortos na guerra, as mulleres volven á saír á rúa demandando “Pan e Paz”. Trala caída do Zar, o goberno provisional concede ás mulleres rusas o dereito ao voto.  En España non se conseguirá ata 1931.

Scroll al inicio