GASTRONOMÍA
De todos é sabido que o Entroido é o preludio da Coresma e que é unha escusa para excederse, incluso na comida, antes das restricións que impón a tradición cristina nesta época do ano.
Pero que se come polo mundo adiante na época de Entroido??? Pois para mostra un botón:
BARRANQUILLA (COLOMBIA):
ALEGRÍAS CON COCO E ANÍS: en realidade é típico calquera sobremesa con coco.
BASILEA (SUÍZA):
BASLER MEHLSUPPE (sopa de fariña): feita con fariña tostada, caldo de carne, viño tinto e manteiga.
WÄJE (pastel de cebola e queixo): que consiste nun pastel salgado feito ao forno.
FASTENWÄHE: galleta con forma de pretzel, sen azucre, enriquecida con leite e manteiga e espolvoreada con comino.
BOHEMIA (REPÚBLICA CHECA):
BOZÍ MILOSTI: boliños doces fritos ou ao forno, recheos de noces ou requeixo con marmelada de ameixa.
BUÑUELOS fritos en manteiga clarificada, recheos de marmeladas caseiras e espolvoreados con azucre glass.
COLONIA (ALEMANIA):
KÖLSCH: as rúas énchense de xente disfrazada que soe beber esta cervexa típica de Colonia.
NIZA (FRANCIA):
SOCCA: consiste nunha especie de filloa crocante, feita de fariña de garavanzos, cociñada en forno de leña e que se come cortada en rombos.
GANSAS: moi parecidas ás orellas son uns lazos de fariña e manteiga, cun toque cítrico, cubertos de azucre glass.
NOTTING HILL:
JERK CHICKEN: Ao ser un entroido baseado na cultura caribeña o prato principal é unha receita xamaicana de polo adobado con especias e servido con salsa barbecue ..
NOVA ORLEANS (LUISIANA-EEUU):
KING CAKE: parente do noso roscón de Reis está cuberto con azucre pintada das cores típicas do Mardi Gras (púrpura, dourado e verde).
BEIGNETS: feitos cunha masa similar á do donut, que se corta en cadrados, fritida e cuberta de azucre glass.
ORURO (BOLIVIA):
PUCHERO: con arroz branco ou khaja, chuño, dous tipos de carne (vaca e cordeiro) e salsa ají amarelo (con cebola e allo). De guarnición: patacas e peras cocidas en auga con azucre, canela e clavo.
TIMPU O TÌMPU: carne fervida no seu propio caldo, con diferentes verduras e ají amarelo, acompañado de arroz, papa cocida e chuño.
RIJEKA (CROACIA):
RAPSKA ou RABSKA: aínda que é típica todo o ano, trátase dunha torta similar á tarta de améndoa, con monda de laranxa e limón relados.
RÍO DE JANEIRO (BRASIL):
BARREADO: carne de vaca, adobada con allo, comino e loureiro. Cocíñase con touciño e cachaça nunha pota de barro alta e grande, tapada cunha masa feita de fariña e auga. Este guiso cocíñase días antes para que as mulleres tamén poidan gozar da festa.
FILHÓ: Levado polos portugueses ao nordeste do país. Feito de fariña de trigo e ovos. Cómense con azucre, canela ou mel de engenho (mel de cana).
VENECIA (ITALIA):
FRITTOLE: especie de bolo de vento feito a base de leite, fariña, ovo, manteiga, uvas e piñóns aromatizado con grappa (augardente italiana), frito en aceite.
GALANO: moi similar ás orellas, pero de forma rectangular ou romboide e cos bordes rizados.
CASTAGNOLE: reciben este nome porque a súa forma é similar a unha castaña. Están feitos cunha masa entre bolo de vento e rosquilla frita e rebozados en azucre.
ERA VISTO QUE HAI MOITO LARPEIRO POLO MUNDO …