
O 25 de xaneiro de 1960 as IRMÁS MIRABAL (Patria, Minerva e María Teresa), despois de sufrir torturas, violación e privación da liberdade, eran salvaxemente asasinadas na República Dominicana, por loitar contra o réxime de Trujillo. Lonxe de solucionar o que o dictador consideraba un problema, esta acción provocou a reacción do pobo dominicano cada vez máis concienciado coas ideas das irmás Mirabal, culminando co asasinato do ditador en maio do 1961.

En 1981 celébrase do Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe, en Colombia, e queda establecido que, en honor a elas, cada 25 de novembro celebrarase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Máis tarde, no 1993 a Asemblea Xeral Da Organización das Nacións Unidas (ONU) declara oficialmente esta data como o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, emitindo por primeira vez a Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra a Muller.
A VIOLENCIA DE XÉNERO é aquela que se produce contra a muller, so polo simple feito de selo. Pode ser exercida dentro da casa, no traballo ou en calquera ámbito tanto da vida privada como da pública. Este tipo de violencia fundaméntase na suposta superioridade do home ante a muller e as súas manifestacións son moi variadas: violencia física, maltrato psicolóxico, violación, insinuacións sexuais non desexadas, abuso sexual infantil, matrimonio forzado, acoso, feminicidio …
A ONU entende como violencia de xénero: “todo acto de violencia que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as amezas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se produce na vida pública como na vida privada”.
Convén diferenciar entre estes tres termos: MACHISMO, HEMBRISMO E FEMINISMO
MACHISMO: É A actitude de prepotencia dos homes respecto das mulleres. Trátase dun conxunto de prácticas, comportamento e ditos que resultan ofensivos contra o xénero feminino.
HEMBRISMO: Aínda que a Real Academia Española non recolle este termo, refírese ao equivalente ao machismo, pero en sentido contrario, o que implica unha discriminación negativa en detrimento do home.
NINGÚN DOS DOUS APOSTA POLA IGUALDADE DE XÉNERO!!!
FEMINISMO: Doutrina e movemento social que pide para a muller o recoñecemento dunhas capacidades e uns dereitos que tradicionalmente estiveron reservados para os homes. Ten como obxectivo a busca da IGUALDADE DE DEREITOS ENTRE HOMES E MULLERES.
Recoñecer que existen estas desigualdades inxustas e actuar para que deixen de existir é cousa de toda a sociedade: de homes e de mulleres.
POR ISO:
- Respecta e escoita as túas fillas e fillos.
- Educa e sensibiliza Contra a Violencia de Xénero, a igualdade apréndese dende a infancia.
- Axúdalle a resolver os conflitos sen violencia.
- Non desculpes comentarios, bromas ou chistes de corte machista.
- Loita contra os roles de xénero.
- Reparte equitativamente as tarefas do fogar.
- Ofrece as mesmas oportunidades e esixe as mesmas responsabilidades.
- Ensina a usar responsablemente as novas tecnoloxías de información e comunicación.
- Respecta os Dereitos Individuais (como o dereito á vida, á integridade persoal, á liberdade individual, á liberdade de expresión …).
