DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O Día das Letras Galegas celébrase dende 1963 para homenaxear a aquelas/es escritoras/es que de dalgunha maneira destacasen pola súa defensa da lingua galega.
Escóllese o 17 de maio por atribuírselle ser a data na que se publicou o primeiro exemplar de “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro, considerada “a primeira obra mestra coa que contou a literatura galega contemporánea”. A realidade é que non se sabe con exactitude cando se publicou “Cantares Gallegos”, pero o que si é certo é que o 17 de maio de 1863 Rosalía dedicoulle un exemplar á tamén poeta Fernán Caballero:
“Señora: Por ser mujer y autora de unas novelas hacia las cuales siento la más profunda simpatía, dedico a Vd. Este libro. Sirva él para demostrar a la autora de La Gaviota y de Clemencia, el grande aprecio que le profeso, entre otras cosas, por haberse apartado algún tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones con que se pretende manchar mi país”
Cada ano a Real Academia Galega escolle a unha personalidade para ser homenaxeada, tendo que cumprir dous requisitos: destacar pola súa creación literaria en galego e facer ao menos 10 anos dende seu pasamento.
O 2021 é o ano de XELA ARIAS (Sarria, 1962- Vigo, 2003), que ademais dunha gran poeta, foi editora e unha das primeiras tradutoras, á que lle debemos que moitos dos clásicos universais se poidan ler en galego.

VIDE
Convídovos ó espectáculo de non ser para ser de todo.
Vide que vos convido
a vos ver.
Ven que te reto
a ter ver ti a ti desde ti en ti.
Nestes 58 anos de celebración so 5 veces a escollida foi unha muller. Vaia a nosa homenaxe para elas.



