DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE​

O DÍA  5 de xuño celébrase o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. Este ano o anfitrión é Suecia co lema “Unha soa terra”.

Pero ¿sabes ao ano cantas conmemoracións hai relacionadas con este tema? MOITAS!!! Algunhas delas relacionadas entre si e outras non tanto, pero todas teñen que ver coa defensa do Medio Ambiente.

Se so contamos as que se celebran a nivel mundial e se eliminamos todas as que teñen que ver co coidado e protección dalgún animal en concreto (xeralmente en perigo de extinción), contamos máis de 60 conmemoracións necesarias.

Como sempre deixámosvos a nosa reflexión: Curioso o ser humano “uns por outros e a casa sen varrer”. Deixámosvos algúns dos carteis máis bonitos de diferentes asociacións.

CONMEMORACIÓNS XANEIRO:

15 XANEIRO (terceiro domingo de xaneiro): Día Mundial da Neve, onde entre outras cousas se conciencia da importancia que ten a neve para o futuro climático e o mantemento do Medio Ambiente.

26 XANEIRO: Día Mundial da Educación Ambiental, evento no que se estableceron os principios da Educación Ambiental no marco dos programas das Nacións Unidas.

28 XANEIRO: Día Mundial  da Acción fronte o Quentamento Terrestre  ou día Mundial pola Redución das Emisións de C02, para sensibilizar á poboación sobre o cambio climático e os impactos ambientais que este ocasiona.

CONMEMORACIÓNS FEBREIRO:

2 FEBREIRO: Día Mundial dos Humidais, orientado a xerar conciencia colectiva da importancia das zonas húmidas para a biodiversidade, o medio ambiente e o planeta.

14 FEBREIRO: Día Mundial da Enerxía, co fin de concienciar á humanidade de facer un uso responsable e eficiente dos recursos enerxéticos e de que estes procedan de fontes limpas e renovables que nos ofrece a natureza.

23 FEBREIRO: Día Internacional do Control do Mercurio, co propósito de previr emisións e vertidos de mercurio que poñen en perigo a saúde humana e o Medio Ambiente en todo o mundo.

CONMEMORACIÓNS MARZO:

1 MARZO: Día Mundial dos Pastos Mariños, xa que constitúen un dos ecosistemas fundamentais do planeta na mellora das condicións do cambio climático.

3 MARZO: Día Mundial da Vida Silvestre para celebrar a beleza e variedade da flora e da fauna salvaxes, crear conciencia sobre a multitude de beneficios que aportan e a necesidade urxente de combater os delitos contra o Medio Ambiente e a diminución de especies a causa da actividade humana.

4 MARZO: Día Mundial da Enxeñería para o Desenvolvemento Sostible como modo de sensibilizar sobre o papel da enxeñería na vida moderna, imprescindible para mitigar os efectos do cambio climático e avanzar no desenvolvemento sustentable

5 MARZO: Día Mundial de Eficiencia Enerxética cuxo obxectivo é concienciarnos sobre a necesidade de reducir o consumo de enerxía mediante o seu uso razoable e sostible.

14 MARZO: Día Internacional da Acción polos Ríos coa intención de protexer e coidar unha das principais fontes de auga limpa en todo o planeta.

21 MARZO: Día Internacional dos Bosques para aumentar a conciencia, a nivel mundial, sobre a importancia do patrimonio arbóreo, como piar fundamental na sostibilidade, a seguridade ambiental e o subministro da auga.

22 MARZO: Día Mundial da Auga co obxectivo de xerar conciencia acerca de coidar os recursos de auga do planeta, elemento vital para tódalas especies da Terra.

23 MARZO: Día Meteorolóxico Mundial para concienciar da importancia que ten a meteoroloxía e a hidroloxía para o equilibrio medio ambiental en tódalas actividades que realiza o home no planeta, así como para a continuidade da vida tal e como se coñece ata agora.

25 MARZO (último sábado de marzo): A Hora do Planeta, acción anual que une a cidadáns, empresas, concellos, institucións e todo tipo de organizacións na súa loita contra o cambio climático e a perda de biodiversidade.

26 MARZO: Día Mundial do Clima para xerar conciencia e sensibilizar ás persoas a nivel mundial sobre a importancia e influenza do clima, así como o impacto do cambio climático sobre o ser humano.

30 MARZO: Día Internacional de Cero Desfeitos co fin de crear conciencia sobre as iniciativas de cero desfeitos, abarcando tódalas formas de residuos entre eles a perda e desperdicio de alimentos, a extracción de recursos naturais, os desfeitos de equipos eléctricos e electrónicos…

CONMEMORACIÓNS ABRIL:

8 ABRIL: Día Mundial de Oposición aos Alimentos Transxénicos coa finalidade de divulgar os efectos nocivos dos cultivos e alimentos transxénicos na saúde humana e no Medio Ambiente.

22 ABRIL: Día Internacional da Nai Terra para concienciar á humanidade sobre os problemas xerados pola superpoboación, a contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais.

CONMEMORACIÓNS MAIO:

21 MAIO: Día Europeo da Rede Natura 2000 que ten como obxectivo chamala atención de tódolos sectores da sociedade para que coñezan e se impliquen na conservación da Rede Natura 2000, un conxunto de espazos protexidos europeos nos que conviven a natureza e a actividade humana, de altísimo valor ecolóxico, social e económico.

22 MAIO: Día da Diversidade Biolóxica co propósito de crear conciencia acerca da importancia que ten a biodiversidade para os seres humanos e a necesidade de coidala e preservala para futuras xeracións.

24 MAIO: Día Europeo dos Parques Naturais para reflexionar sobre o patrimonio natural que existe e sobre a nosa propia responsabilidade para mantelo e protexelo para xeracións futuras.

CONMEMORACIÓNS XUÑO:

1 XUÑO: Día Mundial dos Arrecifes co obxectivo de concienciar á poboación sobre os riscos que afrontas estes ecosistemas mariños debido a factores como o quentamento dos océanos, a pesca excesiva e a contaminación.

5 XUÑO: Día Internacional da Loita contra a Pesca Ilegal non declarada e non regulamentada, co que se pretende terminar coa pesca ilegal e coas prácticas abusivas que poñen en perigo os recursos pesqueiros do planeta.

6 XUÑO: Día Mundial da Concienciación sobre a importancia do Control de Pragas para crear conciencia entre os cidadáns de todo o mundo, sobre a formas na que os profesionais do control de pragas brindan protección á saúde, alimentos, fogares, familias e medio ambiente no que viven.

7 XUÑO: Día Mundial da Inocuidade dos Alimentos co fin de sensibilizar á poboación sobre a importancia da prevención, detección e xestión dos riscos a través da inocuidade alimentaria, promovendo debates, solucións e formas de mellorar a saúde humana, o comercio, a agricultura e o desenvolvemento sostible.

8 XUÑO: Día Mundial dos Océanos para recordar a todos que son unha parte fundamental da biosfera e que teñen un importante papel como pulmóns do planeta (xeran a maior parte do osíxeno) e como fonte importante de alimentación e medicinas .

15 XUÑO: Día Mundial do Vento, para destacar a importancia do vento na biodiversidade do planeta e a súa utilización na xeración de enerxía eólica, así como destacar os seus beneficios e impacto no mundo e no Medio Ambiente.

16 XUÑO: Día Internacional da Biotecnoloxía para recordar o conxunto de disciplinas científicas que son de gran relevancia para o desenvolvemento sostible do planeta.

17 XUÑO: Día da Loita contra a Desertificación e a Seca para recordar que se pode neutralizar a degradación das terras mediante a busca de solucións, cunha firme participación da comunidade e cooperación en tódolos niveis.

18 XUÑO: Día da Gastronomía Sostible co obxectivo de concienciar á poboación para adquirir novos hábitos alimenticios que contribúan non so ao benestar da poboación mundial, senón tamén á protección e preservación dos recursos que proveñen da terra, para vivir nun planeta máis sostible.

27 XUÑO: Día Mundial do Microbioma para conmemorar a importancia dos microbios para preservar a saúde dos seres humanos, así como a sostibilidade do planeta a longo prazo.

29 XUÑO: Día Internacional de los Trópicos coa intención de sensibilizar e crear conciencia para o coidado e protección da gran variedade de ecosistemas que habitan esta rexión do mundo.

CONMEMORACIÓNS XULLO:

3 XULLO: Día Internacional libre de Bolsas de Plástico co obxectivo de reducir o uso das bolsas de plástico dun so uso e fomentar o seu consumo responsable polo dano que causan ao Medio Ambiente e aos seres viventes.

7 XULLO: Día Internacional da Conservación do Solo co fin de concienciar ás persoas da importancia fundamental que ten a terra dentro do fráxil equilibrio  medio ambiental.

22 XULLO: Día Mundial contra a Minería a Ceo Aberto (ou megaminería) co obxectivo de concienciar á poboación e as nacións do mundo acerca dos efectos nocivos desta actividade, no medio ambiente, no ecosistema e na saúde das persoas.

26 XULLO: Día Internacional da Defensa do Ecosistema dos Mangleirais coa finalidade de evitar o avance de compañías mercantilistas que buscan comerciar coa natureza aínda a costa do seu detrimento ou dano.

 28 XULLO: O Día da Sobrecapacidade da Terra coincide no día no que a humanidade xa consumiu tódolos recursos naturais que a Terra xera para ese ano. No 2022 caeu o 28 de xullo pero cada ano que pasa toca antes.

31 XULLO: Día Mundial das/os Gardas Forestais para homenaxear a estes profesionais comprometidos co coidado dos bosques, áreas protexidas, parques nacionais e estatais.

CONMEMORACIÓNS AGOSTO:

18 AGOSTO: Día Mundial da Prevención dos Incendios Forestais para facer visible á poboación a necesidade de coidar e preservar os nosos bosques, extremar as precaucións e facer todo o posible por evitar os incendios nos bosques.

29 AGOSTO: Día Internacional contra os Ensaios Nucleares para sensibilizar y educar contra as armas nucleares.

CONMEMORACIÓNS SETEMBRO:

7 SETEMBRO: Día Internacional do Aire Limpo por un Ceo Azul para concienciar sobre como a contaminación provoca estragos na saúde e na calidade de vida das persoas.

9 SETEMBRO: Día Mundial da Agricultura para, entre outras cousas, divulgar o retos que debe enfrontar o sector agrícola ante o cambio climático no planeta e outros factores ambientais, así como os novos patróns de consumo.  Ademais para promover o estudio, desenvolvemento e innovación da agricultura e o seu impacto no medio ambiente, para o beneficios de futuras xeracións.

16 SETEMBRO: Día Internacional da Capa de Ozono para concienciar sobre os efectos nocivos dos raios solares para a preservación do planeta.

17 SETEMBRO (terceiro sábado de setembro): Día Mundial da Limpeza das Praias co fin de conciencia a toda a poboación mundial sobre o impacto negativo que o ser humano está xerando no Medio Ambiente, en especial nas costas e praias.

18 SETEMBRO: Día Mundial do Control da Calidade da Auga co obxectivo principal de conciencias ás persoas da importancia da calidade das augas.

21 SETEMBRO: Día Mundial contra os Monocultivos de Árbores para esixir que se deteña a expansión das plantacións industriais e denunciar o impacto negativo que xeran sobre as comunidades e os ecosistemas.

22 SETEMBRO: Día Mundial sen Coche que pretende promover unha conciencia ecolóxicas nos

25 SETEMBRO (cuarto domingo de setembro): Día Mundial dos Ríos coa finalidade de visibilizala importancia de conservar e protexer os ríos, así como destacar o seu impacto en ecosistemas, flora e fauna que rodean estes espazos naturais.

26 SETEMBRO: Día Mundial da Saúde Ambiental para reflexionar sobre que as actividades que prexudican o Medio Ambiente poñen en risco o benestar, a calidade de vida e a saúde dos ecosistemas.

CONMEMORACIÓNS OUTUBRO:

4 OUTUBRO: Día Mundial dos Animais para frear a extinción de moitas especies.

6 OUTUBRO: Día Mundial da Xeodiversidade para promover a conservación do patrimonio xeolóxico do planeta, como base de todo ecosistema e desempeñando, polo tanto, un papel esencial para o benestar dos seres vivos e o desenvolvemento sostible do planeta.

13 OUTUBRO: Día Mundial dos Xardíns Botánicos, para promover a conservación, preservación e uso sustentable de plantas endémicas e especies vexetais autóctonas de cada rexión.

18 OUTUBRO: Día Mundial da Protección da Natureza, para reflexionar sobre o coidado da natureza e da biodiversidade, ademais da busca de alternativas que permitan o desenvolvemento da humanidade en equilibrio co resto das especies do planeta.

21 OUTUBRO: Día Mundial do Aforro de Enerxía, co fin de promover un uso responsable da enerxía na nosa vida cotiá.

24 OUTUBRO: Día Internacional contra o Cambio Climático para tomar medidas que axuden a diminuír aqueles efectos que son produto da actividade humanas e atentan contra este problema ambiental.

CONMEMORACIÓNS NOVEMBRO:

1 NOVEMBRO: Día Mundial da Ecoloxía, para recordar a toda a poboación do planeta a importancia de coñecer e valorar a relación entre o ser vivo e o seu medio, e concienciar sobre a importancia de que esta relación sexa harmónica.

3 NOVEMBRO: Día Internacional das Reservas das Biosferas, coa finalidade de destacar a importancia destes espazos naturais na conservación dos ecosistemas e da biodiversidade, promovendo a investigación, o desenvolvemento sustentable e a toma de decisións sobre o coidado do Medio Ambiente.

6 NOVEMBRO:  Día para previr a explotación do Medio Ambiente na guerra e nos conflitos armados para reflexionar sobre como o Medio Ambiente é sempre unha vítima esquecida con pozos de auga contaminados, cultivos queimados, bosque tallados, chans envelenados, animais sacrificados … co fin de ter unha vantaxe militar, sen ter en conta que non pode haber unha situación de paz duradeira se os recursos naturais que sosteñen os medios de subsistencia e os ecosistemas son destruídos.

26 NOVEMBRO: Día Mundial contra o uso indiscriminado dos Agroquímicos, para traballar por unha agricultura sa, xusta e sustentable, rexeitando o uso indebido e indiscriminado de produtos agroquímicos a nivel global.

CONMEMORACIÓNS DECEMBRO:

3 DECEMBRO: Día Mundial do non uso de Praguicidas, para reflexionar sobre o gran dano ambiental que producen os agroquímicos na agricultura.

5 DECEMBRO: Día Mundial do Solo, para concienciar sobre a importancia dos solos para a produción alimentaria, a nutrición e unha dieta óptima, á vez que se reivindica un manexo

11 DECEMBRO: Día Internacional das Montañas coa finalidade de preservar e protexer a biodiversidade das montañas e o modo de vida dos seus habitantes ameazados polo cambio climático, a presión no cambio dos usos da terra, a sobreexplotación, a contaminación, as especies invasoras …

Scroll al inicio