O FACHO

RECEITA PARA A PÓCIMA DA AUGA DE SAN XOAN
(para manter á raia a meigas e espíritos maléficos)..
INGREDIENTES:
7 herbas medicinais e aromáticas
- XESTA: para varrer os malos espíritos, debéndose varrer sempre de dentro cara fóra, coa intención de botalos da casa que habitan.
- FIUNCHO: contra os malos espíritos e o mal de ollo. É efectivo contra a inflamación de ollos e as malas dixestións.
- FENTO MACHO: para a protección do fogar. É efectivo contra os parasitos. Conta a lenda que esta planta so florece na noite de San Xoan, volvendo ao seu estado orixinal pola mañá e que as súas sementes teñen o poder de facer á xente invisible.
- HERBA LUÍSA: que protexe contra os enganos e o mal de amores, libera de maleficios, axuda á relaxación e a limpar ambientes.
- ROMEU: principal protector do fogar, limpa o lugar ou as persoas de enerxías negativas e o cheiro do seu fume proporciona clarividencia e respostas ás preguntas sen responder. É estimulante e purificante, cura o reuma e a artrite, os trastornos do sistema circulatorio e os males de gorxa.
- MALVA SILVESTRE: capaz de abrandar os caracteres máis duros, suaviza os caracteres das persoas máis acedas e rancorosas. Cura a bronquite, os nervios e os problemas dixestivos.
- HERBA DE SAN XOAN OU “ESPANTADEMOS”: para manter o demo a raia, expulsa e exorciza os malos espíritos. É cicatrizante, antiséptica, cura a ansiedade e a depresión.
As herbas poden variar dunhas zonas a outras, entre as máis comúns están: rosa, estalotes, sabugueiro, salvia, codeso, loureiro, ruda, milenrama …
- AUGA (mellor de 7 fontes).
ELABORACIÓN:
Collelas herbas na tardiña do 23 de Xuño, antes da caída da noite, xa que ca escuridade as forzas do mal libéranse e as nosas herbas poderían non estar puras.
Engadir auga nun balde e mergullar o facho de herbas.
Deixar o balde toda a noite ao orballo.
Lavala cara pola mañá, mirando ao sol.
Poñer o facho coas 7 herbas a secar, colgado na casa como protección do fogar e queimalo ao ano seguinte na fogueira
