17 DE MAIO

SABÍAS QUE …

  • Dende 1963, xa son 60 as homenaxeadas e homenaxeados. A primeira foi Rosalía de Castro e o último Florencio Delgado de Gurriarán.
  • Neste tempo so foron homenaxeadas 5 mulleres: Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007), María Victoria Moreno (2018) e Xela Arias (2021). En contraposición á escasa presenza e visibilidade das mulleres homenaxeadas, dende a plataforma de crítica literaria feminista a Sega, celébrase, dende o 2014,  o DÍA DAS GALEGAS NAS LETRAS, o 15 de Agosto, que este ano estará dedicado a Luísa Villalta.
  • 30 escritoras/es naceron no século XIX, 27 no século XX e o resto en épocas anteriores (Afonso X O Sabio, Martín Códax e Mendinho no S. XIII, Xoan de Cangas no S. XIV e Frei Martín Sarmiento no XVII).
  • 15 son orixinarias/os da provincia de A Coruña, 15 de Lugo, 11 de Ourense e 12 de Pontevedra (o resto naceron fóra de Galicia, de feito Lorenzo Varela naceu nun barco camiño a Cuba). 
  • Como é sabido, un dos requisitos para ser homenaxeada/o é que tiveran pasado ao menos 10 anos dende o pasamento. A persoa máis nova foi Luís Amado Carballo, que morreu con tan so 26 anos, como consecuencia dunha tuberculose. A persoa máis vella era Antonio Fraguas Fraguas que morreu con 94 anos. Outras 3 persoas máis morreron con menos de 40 anos (Manuel Antonio con 30, Lois Pereiro e Xoan Vicente Viqueira con 38) e 2 con máis de 90 (Manuel Murguía e Xosé Filgueira Valverde, con 90 cumpridos).                 
  • Castelao e Curros Enríquez morreron no exilio (en Bos Aires e Cuba, respectivamente).
  • Da época moderna (referímonos a S. XIX e XX) o que máis tardou en ser homenaxeado foi Xoan Manuel Pintos que levaba 99 anos morto. Os que menos : Antón Avilés de Taramancos, Uxío Novoneyra e Roberto Vidal Bolaño, dos que so  pasaran 11 anos dende o seu pasamento.
  • Rosalía de Castro, Castelao e Ramón Cabanillas están enterrados no Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, xunto co xurista rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey e o xeógrafo Domingo Fontán. 
Scroll al inicio