PRINCIPAIS DEREITOS DO NENO

DEREITO Á VIDA:

  • Dereito a non ser asasinado, a sobrevivir e a medrar en condicións óptimas.

DEREITO Á IDENTIDADE:

  • Dereito, dende o seu nacemento, a ter nome e apelido, nacionalidade, a saber quen son os seus pais e a ser coidado por eles (na medida do posible).
  • Dereito ao recoñecemento oficial da súa existencia e dos seus dereitos.

DEREITO Á ALIMENTACIÓN E A AUGA:

  • Dereito a comer, a non pasar fame e a non sufrir mal nutrición.
  • Dereito á aplicación da tecnoloxía dispoñible e ao subministro de alimentos nutritivos adecuados e a auga potable salubre, tendo en conta os perigos e riscos da contaminación do medio.

DEREITO Á SAÚDE:

  • Dereito do neno ao goce do máis alto nivel posible de saúde e dos servizos para o tratamento das enfermidades e a rehabilitación da saúde.
  • Dereito de que ningún neno sexa privado do seu dereito ao desfrute dos servizos sanitarios.
  • Dereito a que as súas nais teñan aseguradas atención sanitaria prenatal e postnatal apropiadas.
  • Dereito a que os Estados Partes adopten medidas eficaces e apropiadas para abolir as prácticas tradicionais que sexan prexudiciais para a saúde dos nenos.
  • Dereito a que os seus proxenitores lle proporcionen, dentro das súas posibilidades e medios económicos, as condicións de vida que sexan necesarias para o desenvolvemento do neno. Os Estados Partes, en caso necesario, proporcionaran asistencia material e programas de apoio, con respecto á nutrición, vestiario e vivenda.

DEREITO A UNHA FAMILIA:

  • Dereito a non ser separado dos seus pais contra a vontade destes, excepto que tal separación se deba ao interese superior do neno.
  • Dereito a manter relacións persoais e contacto directo con ambos proxenitores de modo regular, salvo se fose contrario ao interese superior do neno.
  • Dereito do neno e dos seus pais a saír de calquera país e entrar no propio co fin da reunificación familiar ou o mantemento da relación entre uns e outros.
  • Dereito a un fogar de garda, a kafala no dereito islámico, á adopción, ou a colocación en institucións adecuadas de protección de menores, no caso de estar privados do seu medio familiar ou o seu superior interese esixa que non permanezan nese medio; asegurando a continuidade na educación do neno e a súa orixe étnica, relixiosa cultural e lingüística.

DEREITO Á EDUCACIÓN:

  • Dereito a recibir unha educación, a gozar dunha vida social e a construír o seu propio futuro. Este dereito é esencial para o seu desenvolvemento económico, social e cultural.
  • Os nenos que sofren algunha discapacidade mental ou física teñen dereito a un tratamento especial para acceder aos recursos de forma equitativa e poder gozar dunha vida plena e decente en condicións que aseguren a súa dignidade e lle permitan bastarse por si mesmos, facilitando a participación activa do neno na comunidade. Esta asistencia será gratuíta sempre que sexa posible e estará destinada a asegurar que o neno teña un acceso efectivo á educación, a capacitación, aos servizos sanitarios e de rehabilitación, á preparación para o emprego e as oportunidades de esparexemento e reciba tales servizos co obxecto de que logre a integración social e o desenvolvemento individual, incluído o seu desenvolvemento cultural e espiritual, na máxima medida posible.
  • Dereito a  unha educación que se poida exercer progresivamente e en condicións de igualdade de oportunidades de dereito.
  • Dereito a unha educación primaria e secundaria gratuíta e obrigatoria.
  • Dereito a unha ensinanza superior accesible a todos, sobre a base da capacidade, por cantos medios sexan apropiados.
  • Dereito a que se adopten medidas para fomentala asistencia regular ás escolas e reducir a taxa de deserción escolar.
  • Dereito á información e orientación en cuestións educacionais e profesionais e que teñan acceso a elas.
  • Dereito a que os Estados Partes fomenten e alenten a cooperación internacional en cuestións de educación a fin de contribuír a eliminar a ignorancia e o analfabetismo en todo o mundopor

DEREITO A XOGAR:

  • Dereito á actividades recreativas que os fagan medrar como cidadáns e persoas.
  • Dereito ao descanso, ao esparexemento, ao xogo e a participara en actividades recreativas propias da súa idade e a participar libremente na vida cultural e nas artes.

DEREITO Á PROTECCIÓN:

  • Dereito a vivir nun contexto seguro e protexido que preserve o seu benestar e fomente o seu desenvolvemento físico, mental e social.
  • Dereito a ser protexido de calquera forma de maltrato, castigo, abuso físico ou mental, abuso sexual, discriminación, explotación laboral, descoido ou trato neglixente …
  • Dereito a estar protexido contra toda forma de discriminación ou castigo por causa da condición, actividades, opinións expresadas ou crezas dos seus pais, titores legais ou dos seus familiares.
  • Dereito a estar entre os primeiros en recibir axuda en calquera circunstancia que poña en perigo a súa integridade.
  • Dereito a que a súa identidade sexa preservada, incluíndo a súa nacionalidade, nome e relacións familiares.
  • Dereito á protección da lei contra os ataques ilegais á súa honra e a súa reputación.
  • Dereito á protección da lei contra a intromisión na súa vida privada, familia, domicilio ou correspondencia.
  • Dereito a unha protección especial aos nenos considerados refuxiados ou que soliciten o estatuto de refuxiado, sendo obriga do Estado cooperar cos organismos competentes para garantir dita protección e asistencia.

DEREITO Á LIBERDADE:

  • Dereito a expresarse, a ter opinións, a acceder á información e a participar nas decisións que o afectan, en función da súa idade e madurez.
  • Dereito a ser criado na tolerancia, na amizade entre os pobos e a irmandade universal para que máis tarde poidan eles inculcar estes valores.
  • Dereito a non ser trasladado ou retido ilicitamente no estranxeiro, xa sexa polo seu pai, nai ou unha terceira persoa.
  • Dereito a ser escoitado en todo procedemento xudicial ou administrativo, xa sexa directamente ou a través dun representante ou órgano apropiado, en consonancia coas normas de procedemento de lei nacional.
  • Dereito á liberdade de buscar, recibir e difundir informacións e ideas de todo tipo, sen consideración de fronteiras, xa sexa oralmente, por escrito ou impresas, en forma artística o por calquera outro medio elixido polo neno ( a non ser que vulneren os dereitos ou reputación dos demais, a seguridade nacional ou orde público ou a saúde e moral públicas, entre outras).
  • Dereito á liberdade de pensamento, conciencia e relixión.
  • Dereito a non ser sometido a torturas ni a outro tratos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes, á pena capital ou á prisión perpetua.
  • Dereito a non ser privado da súa liberdade ilegal ou arbitrariamente. A detención, encarceramento ou prisión levarase a cabo de conformidade coa lei e utilizarase so como medida no último recurso e durante o período máis breve que proceda, sendo, en todo caso, tratado con humanidade e respecto e tendo en conta as necesidades das persoas coas súa idade.

DEREITO Á IGUALDADE:

  • En tódolos sentidos sen distinción de raza, cor, relixión, idioma, nacionalidade, sexo, opinión política ou de outra índole, orixe nacional, étnico ou social, posición económica, impedimentos físicos, nacemento ou calquera outra condición do neno, dos seus pais ou dos seus representantes legais.

DEREITO Á INFORMACIÓN:

  • Dereito ao acceso á información e ao material procedentes de diversas fontes nacionais e internacionais, en especial o que teñan por finalidade promover o seu benestar social, espiritual e moral e a súa saúde física e mental.

Botastes a conta de cantos de estes dereitos se vulneran cada día no mundo?

Dicímosvolo nós: TODOS.

Scroll al inicio