Noticias

En esta categoría están las Noticias y novedades generales de La Casa de Koli.

23 DE ABRIL

DÍA DO LIBRO ORIXE DA LITERATURA INFANTIL ESCRITA No 1613, Sebastián Mey publica, en España, Fabulario, unha colección de 57 fábulas ilustradas, que ademais serve de libro para aprender castelán na Europa do século XVII. Recrea textos atribuídos a Esopo, descartando o mitolóxico e adaptándoos a tradición cristiá. No 1658, en Alemaña, publícase o que é considerado primeiro libro ilustrado para nenos da historia: o Orbis Sensualium Pictus, de Ámos Comenius, coa intención de servir como libro didáctico e pedagóxico. Centrado en ciencias naturais e sociais, conten 150 xilografías que ilustran os seus capítulos. ORBIS SENSUALIUM PICTUS No 1683, en Francia, Charles Perrault escribe Contos de Outrora (subtitulado Contos da Nai Oca), onde poden atoparse os seus contos máis famosos (Pel de Asno, Polgariño, Barba Azul, O Gato con Botas …). Inspírase na tradición oral, na tradición literaria e nas lendas de orixe exótico. A todas estas historias, xa existentes, o autor apórtalles unha ensinanza moral que axude na educación da/os nena/os. O contido: moi cuestionable se é adecuado ou non para a infancia, aínda que a sociedade os adoptou como tal. CHARLES PERRAULT No 1744, en Londres,  John Newbery funda a primeira librería (e editorial) infantil. Chamábase The Bible and the Sun e foi das primeiras en publicar material dirixido exclusivamente para nenos. O primeiro libro infantil que publicaron foi Pretty Little Pocket-Book que recollía rimas sinxelas a partir das letras do abecedario. PRETTY LITTLE POCKET-BOOK No 1751, en Inglaterra, The Lilliputian Magazine e no 1758 The Museum for Young Gentlemen and Ladies son os primeiros periódicos infantís, caracterizados pola súa coidada impresión, tirada escasa, prezo elevado e coa finalidade de instruír e entreter ás nenas e nenos burgueses. MUSEUM FOR YOUNG GENTELAMEN AND LADIES No 1798, sae o periódico español para a infancia La Gaceta de los Niños, creado por José e  Bernabé Canga Argüelles, a cuxo título seguíalle o seguinte texto: “Principios generales de moral, ciencias y artes, acomodados a la intenligencia de la primera edad”. Entre o 1812 e o 1815 publícase, en dous volúmenes, Kinder-und Hausmärchen (Contos da Infancia e do Fogar), recopilación dos irmáns Grimm de contos alemáns de tradición oral. Nesta colección atopamos os máis coñecidos: Hansel e Gretel, A Cincenta, Rapunzel, Carapuchiña Vermella, A Bela Durminte e Brancaneves, modificados e adaptados co tempo, suprimíndose as referencias sexuais ou inaporpiadas (xa presentes na obra de Perrault). IRMÁNS GRIMM No 1870 a publicación Los Niños: revista de educación e recreo utiliza por primeira vez viñetas para contar historias, co lema de “instruír deleitando” co fin de ofrecer “una buena educación religiosa, moral, científica, artística y literaria”.

23 DE ABRIL Leer más »

DÍA MUNDIAL FORESTAL

ÁRBORES SINGULARES DE GALICIA Son consideradas árbores senlleiras “aqueles exemplares concretos ou rodais de árbores que polas súas características extraordinarias ou destacables (tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza, etc.) son consideradas reliquias botánicas obxecto de respecto veciñal e con valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental. Estes exemplares singulares representan un valioso legado e un valor natural na medida en que se trata de elementos que subsistiron aos rigores dos tempos ou que contan cunhas particularidades especiais” (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático). A Xunta de Galicia coa creación do «Catálogo galego de árbores senlleiras», establece o réxime xurídico básico para as árbores e formacións que se inclúan en dito catálogo, coa finalidade de protexelas de posibles riscos e amezas garantindo así a súa conservación. Algunhas das árbores recollidas neste catálogo son: O CASTIÑEIRO DE PUMBARIÑOS no Souto de Rozabales, en San Martiño (Manzaneda, Ourense).  A súa idade supera os 1000 anos. Mide 16 metros e é o castiñeiro galego de maior circunferencia,  con 13,85 metros. Foi o primeiro en ser catalogado como Monumento Natural en Galicia e está incluído no Catálogo de Árbores Singulares dende o 2007. CASTIÑEIRO DE PUMBARIÑOS O EUCALIPTO AZUL, O AVÓ, no Souto da Retorta, en Chavín (Viveiro, Lugo). Plantado en 1880 é o máis antigo desta paraxe. Alcanza os 67 metros de altura e ten 10,5 metros de perímetro. Está considerada como a árbore máis grande de Galicia e unha das máis grandes de Europa. O AVÓ O CASTIÑEIRO DA CAPELA, en Baamonde (Begonte, Lugo). Cuns 500 anos, ten case 13 metros de alto e 6,60 de perímetro. Foi indultado de ser tallado, durante a ampliación da N-VI, grazas ao escultor Víctor Corral que creou un altar nun oco, de máis de 2 metros de alto, no tronco da árbore. CASTIÑEIRO DE BAAMONDE A SOBREIRA DE CASA TRISTO, en Santiorxo, (Pobra do Brollón, Lugo). Con máis de 1000 anos de idade, mide 15 metros de alto e case 11 de perímetro. RÍO SAA NA POBRA DO BROLLÓN O CIPRÉS MEDITERRÁNEO DA CAPELA DE SAN SALVADOR, en San Xulián de Samos (Samos, Lugo). Cóntase que leva plantado alí tantos anos como ten a ermida, co que podería achegarse aos 1000 anos. Mide máis de 25 metros de altura. CIPRÉS MEDITERRÁNEO DA CAPELA DE SAN SALVADOR O CARBALLO DE RAMOS, en Santo Tomé de Carballo (Taboada, Lugo). Aínda que se cre que podería ter uns 500 anos é difícil calcular á súa idade real. Sen embargo, todo parece indicar que esta árbore da nome á parroquia dende o século XVIII. Mide case 20 metros de altura e 6,6 de perímetro. CARBALLO DE RAMOS  EUCALIPTO DO BOSQUE ENCANTADO, en Aldán (Cangas do Morrazo, Pontevedra). Anfitrión da Finca de Frendoal, con máis de 100 anos . BOSQUE ENCANTADO DE ALDÁN A SOBREIRA DE VALIÑAS, en Callobre (A Estrada, Pontevedra). Con 22 metros de alto e case 6 de perímetro data de hai máis de 300 anos, sendo un dos exemplares máis importantes da súa especie en Galicia. SOBREIRA DE VALIÑAS O CARBALLO DE BERMÉS, en Bermés (Lalín, Pontevedra). Dunha altura aproximada de 18 metros, un diámetro de máis de 4 metros e unha idade de 600 anos. IGREXIA DE SANTA MARÍA DE BERMÉS O CEDRO DO LÍBANO no Pazo de Lourizán, en Lourizán (Pontevedra). Cunha altitude de 40 metros e un diámetro de case 5 metros e medio, foi plantado a finais do século XIX. PAZO DE LOURIZÁN CONTINUARÁ …

DÍA MUNDIAL FORESTAL Leer más »

É TEMPO DE ENTROIDO!

de RAMÓN D. VEIGA A nosa recomendación deste ano é o libro É tempo de Entroido! https://www.youtube.com/watch?v=9mQV1zk3OwE O seu autor Ramón D. Veiga é licenciado en Filoloxía Hispánica e gañador de varios premios: no 2021 do Premio Arume de Poesía para a Infancia, no 2022, do XV Premio El Príncipe Preguntón de Poesía para Niños, no 2023 do Premio Anisisa Miranda de Teatro para a Infancia. Outros dos seus libros infantís son: «Violeta quere ser un vampiro. Un conto de Samaín»,  «A araña que lles tiña medo ás arañas», «Meigas fóra!», «Non pare a festa», «De festa en festa», «Gloria», «Inventario de bruxas da avoa Maruxa», «Violeta ás agachadas», «Maios e desmaios» … Na actualidade coordina a conta de Instagram @podiachovermerda, onde tódolos textos son da súa autoría. Parte da súa obra está traducida ao catalán e ao castelán.   O ilustrador  David Sierra Listón cursou estudos superiores de Ilustración en Madrid, na Escola Arte 10. Traballou  para diferentes editoriais como Planeta, Edelvives, Grupo SM ou Anaya.  Entre a súa obra atópanse libros como: «Cómo ríen las sirenas», «Trenza azul y el terrible Oncededos», «La bruja que no quería ser princesa», «Chispeanditillejo» ou as coleccións de «Anna Kadabra» e «Los rescatadores Mágicos», entre outras.

É TEMPO DE ENTROIDO! Leer más »

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

A POMBA: SÍMBOLO DE PAZ O motivo de usar unha pomba branca como símbolo de paz ten a súa orixe na Biblia, concretamente na historia de Noé. A tradición xudeo-cristiana recolle, no libro do Xénese, a historia do Diluvio Universal ou Gran Diluvio, no que se relata que Deus, enfadado polos pecados da humanidade, decide exterminar a tódolos seres humanos anegando a terra. Sen embargo Noé, que é considerado un home xusto, é advertido por Deus, que lle da instrucións para  que constrúa unha arca de madeira na que debería meter, ademais da súa familia, a unha parella de cada especie animal. Unha vez dentro da arca, chove durante corenta días coas súas corenta noites, cubríndose de auga ata as cimas das montañas e perecendo tódolos seres vivos. A Arca de Noé quedou flotando sobre as augas, que permaneceron altas durante cento cincuenta días. Unha vez baixou a inundación, a embarcación quedou pousada na cima do monte Ararat. Despois de esperar corenta días máis, Noé soltou unha pomba que regresou cunha ramiña de oliveira no pico, o que significaba, ademais de que as augas estaban retrocedendo,  que a reconciliación divina co mundo estaba a punto de chegar. Cando a terra xa estaba seca, Deus volveu a falar con Noé para que abandonase a arca e a terra volvese a ser repoboada. É por iso que a pomba coa ramiña de oliva se converte no símbolo do perdón de Deus e do novo comezo. Posteriormente esta imaxe foi adoptada por diferentes artistas, activistas e movementos pacifistas de todo o mundo como símbolo de reconciliación, de paz e harmonía mundial e como recordatorio da capacidade do ser humano para superalas adversidades e renovarse.

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ Leer más »

SAMAÍN

A MORTE E OS NENOS Sempre falamos do Samaín como unha festividade na que involucramos aos mortos, que veñen visitar aos vivos, nun ambiente de celebración, disfraces e bromas. Pero non nos formulamos como falar aos nenos sobre a morte real ata que nos vemos inmersos nunha situación que xeralmente nos toca de cerca e na que non hai forma de eludir o tema. Quizais se habitualmente, faláramos sobre elo con naturalidade e sen tabús, chegado o caso, tanto nenos como adultos, estaríamos máis preparados para afrontar unha situación tan dolorosa. Ben é certo que hai tantas situacións diferentes como formas de afrontala dor. Non se da o mesmo caso se se trata dunha morte anunciada ou inesperada, se falamos dunha persoa anciá ou dunha moza, se a causa foi unha enfermidade ou un accidente, ou se foi no ámbito máis próximo ou máis afastado. O caso é que a morte é un feito natural. Todo ser vivo: planta, animal ou persoa (no que se inclúen mascotas e familiares) nalgún momento acabará por morrer. Así que o mellor é dar explicacións sinxelas  e comprensibles que reflictan a realidade, por moi dura que sexa, preparando ao neno para cando lle toque de cerca, evitando dar máis explicacións das necesarias ou máis información da que poida asimilar. Os bebés non teñen a capacidade de entender o concepto da morte, pero si que perciben o sufrimento das persoas que o rodean, polo que se ha de ser moi coidadoso co que se lles transmite. De 5 a 7 anos aproximadamente non entenderán a mensaxe na súa totalidade, xa que o que lles chega dos debuxos animados ou películas infantís é que  a morte é algo temporal e reversible (agora estou morto e agora resucito). Hai que coidar moito a linguaxe xa que os nenos entenden todo de forma literal. Expresións coma “está no ceo”, “está durmindo en paz”, “foise a unha longa viaxe”, “pasou a mellor vida”… poden confundir aos cativos. Non hai que ter medo á utilizar a palabra morte e hai que deixar moi claro que esa persoa non vai volver, que se foi para sempre e que non imos volver a vela. Aínda que, a partir dos 8-9 anos, pode chegar a entendelo non quere dicir que o acepte, xa que entender un concepto non significa aceptalo. Debemos estar atentos aos sinais de tristeza, angustia, illamento, rabechas, medo, cambios na alimentación ou no sono (pesadelos, medos nocturnos)  … É imprescindible, crear un ambiente seguro no que se poida falar do duelo e escoitar o que teña que dicir o neno. A proximidade física, a seguridade, a calma, o cariño, a atención, a paciencia para responder ás preguntas unha e outra vez … facilitarán que non se creen novos medos, preocupacións ou sentimento de culpabilidade.    ESTOS SON ALGÚN DOS CONTOS QUE VOS RECOMENDAMOS +3 +3 +3 +3 +5 +5 +5 +5 +5 E RECORDA, É IMPORTANTE DEIXARLLE CLARO AO NENO QUE: – Non é culpa súa, tratando de que entenda a causa da morte, sen dar máis explicacións das necesarias. – A persoa que se vai non sofre, o seu corpo deixa de funcionar polo que xa non volverá a ter fame, sono e, sobre todo, calquera tipo de dor ou sufrimento. – Sempre haberá alguén que o protexa e coide e que aínda que nós algún día tamén morreremos  esperamos que sexa dentro de moito tempo. – Durmir non ten nada que ver con morrer. – Non é malo estar triste e chorar. Os adultos tamén o estamos e chorar é unha forma de aliviar esa tristeza.

SAMAÍN Leer más »

VERÁN

ESTAMOS DE VACACIÓNS ESTA É A NOSA SELECCIÓN DE CONTOS PARA PASAR UN VERÁN SUPERDIVERTIDO ¡BIENVENIDO, VERANO! +0 ¡NADA GROZ! +0 RATOS DE VIAXE +0 YO VOY A LA PLAYA +0 CUCÚ-TRAS SOL +0 VIAXES +0 EL MOSQUITO ZUMBADOR +0 UN DÍA DE PLAYA +2 DESPEGAMOS +2 VIAJEROS AL TREN +2 AS PESCADORAS +3 CHOCOLATA +3 CINCO MINUTOS DE PAZ +3 E SE ME COME UNHA BALEA? +3 EL CARACOL Y LA BALLENA +3 LA OLA +3 O PIRATA VALENTE +3 QUEN É ESE BECHO? +3 SE CHE PICA UN MOSQUITO +3 UN GRAN DÍA DE PESCA +3 GLUP +4 VACACIONES +4 COMO PEZ EN EL AGUA +5 EL SEÑOR DEL CASTILLO +5 MALENA BALLENA +5 O COMEDOR DA AVOA +5 VACACIONES +5 ¡NO QUIERO LEER! +6

VERÁN Leer más »

5 DE XUÑO

DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE A nosa selección de hoxe é para celebrar o DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE BICHITOS DE LUZ +0 NON É UNHA CAIXA +0 LAS SORPRESAS DE LA MADRE TIERRA +0 CUENTOS PARA GUARDIANES DEL PLANETA +2 GREENLAND +2 ¿DÓNDE ESTÁN LOS PECES? +3 EL NIÑO AVIÓN +3 EL COLECCIONISTA DE INSECTOS +3 EL JARDÍN CURIOSO +3 AQUATIKA +3 NADA DE NADA +3 NO SOMOS BASURA +3 LA TORTUGUITA Y EL MAR +3 RA DE TRES OLLOS +3 RESCATE PLANETA +3 CUENTOS DE LA NATURALEZA EN CINCO MINUTOS +3 ME ENCANTA LA TIERRA +3 UN DÍA DE CHUVIA E FLORES +3 SALVAJE +4 A HISTORIA DO RAINBOW WARRIOR +5 CAPITÁN VERDEMAN +5 EL VIAJE DE PAPELOTE +5 EL DÍA DE LA NATURALEZA +5 O PRESENTE DA XIGANTA +5 ESPERANDO O AMENCER +5 MI ABUELA ES FARERA +5 QUE LE PASA AL PLANETA +5 PLASTICUS MARITIMUS. UNHA ESPECIE INVASORA +7 OLIVIA Y LAS PLUMAS +7 GUARDIANES DEL PLANETA +7 ONA, LA PRINCESA DEL MAR +7 BASURARTE +7

5 DE XUÑO Leer más »

17 DE MAIO

DÍA DAS LETRAS GALEGAS A lingua representa unha parte fundamental do patrimonio cultural e lingüístico dun país. Preservala significa preservar unha forma de vida, a historia, a tradición, a arte, o coñecemento e saberes dos nosos devanceiros, o patrimonio, uns acenos de identidade e pertenza … A existencia das diferentes linguas axúdanos a entender que hai diferentes formas de ver e entendelo mundo, a salvagardar valores como a tolerancia e o respecto, a fomentar os dereitos humanos e a protexer a liberdade e a igualdade. Exemplo de este ser e sentir son as palabras para expresar determinados conceptos ou ideas que noutro idioma non se contemplan, e dicir, que non teñen unha tradución literal. Aquí vos deixamos unha representación das da nosa lingua nai:   AFOCIÑAR: Caer de fociños. Bater co fociño contra algo. Atoparse inesperadamente con alguén.  AGATUÑAR: Subir por unha árbore, parede etc., coma os gatos, valéndose dos brazos e das pernas. ALALÁ:  Canto popular galego lento e melismático que remata frecuentemente con ‘ailalala, ailalala’ ou letras baleiras semellantes. AMOADO: Masa preparada con auga ou leite, fariña, ovos e, ás veces sangue, coa que se fan as filloas. Masa con que se preparan chulas, biscoito, etc. Mestura de diferentes condimentos coa que se fan os embutidos.  AMPEAR: Tomar e expulsar con forza e rapidamente o alento ao respirar.  AQUELAR: Verbo de sentido vago, que se usa cando non se atopa ou non se quere empregar a palabra precisa e que adquire significados diferentes segundo o contexto: reparar/amañar/ arranxar, amolar/enfadar/alterar …  De forma coloquial tamén se utiliza como «prepararse para saír». ARROUTADA: Axitación súbita e violenta do ánimo durante a que un perde o control de si mesmo. Feito pouco atinado ou pouco razoable. Refírese a cando se fai unha cousa de forma inconsciente, impulsiva e tola, sen pensalo moito, de maneira irreflexiva. BADUAR: Falar divagando ou dicindo cousas sen sentido. Utilízase tamén: esbardallar, latricar, larapetar … BALDREO/PASTRÁN: Persoa sucia e descoidada. Tamén se usa: zalapastrán, pelandrán, badanas, zampallán … BARALLOCAS: Persoa que embarulla todo cando fala de tal maneira que non se lle entende o que quere dicir. É o que fala moito e sen sentido. Dise tamén da persoa mentireira. BECERRA: Franxa de masa amazocada que ás veces queda no pan ou nos doces, por non estar ben cocidos, por falta de fermento etc.  BOH!: Exclamación que expresa diferentes impresións como contrariedade, rexeitamento ou enfado. Pode, ademais,  indicar conformidade, indiferenza, incredulidade, desprezo, molestia … BROA: Pan de millo. BULEBULE: Persoa que non para quieta, que anda sempre dun lado para outro. Tamén chamado besbello, charabiscas, fervellaverzas, fuxefuxe, fervello, fedello … CARUNCHO:  Mancha negra producida pola humidade que aparece na roupa ou nas paredes. CHAFALLADA: Cousa mal feita, sen coidado, nin arte. Trátase dunha cousa que non serve para nada, algo de pouca calidade e valor. Tamén: trapallada, chilindrada… CHORIMA: Flor do toxo ou da xesta. CHUSCO/A: Persoa que resulta simpática e á que lle gusta dicir as cousas cunha miga de broma ou burla. Persoa que resulta agradable ou graciosa polo seu aspecto e maneiras. Utilízase maioritariamente no seu diminutivo: chusquiño/a.  CODELO: Anaco pequeno de pan e con codia. Tamén chamado: codia, corrosco, rocho, carocha … COITADO/A: Que ten coita ou que é vítima da sorte adversa. Que ten pouca resolución ou valor [persoa]. É a persoa que non ten moita decisión ante as cousas, inocente, inxenua, cándida, infeliz, desgraciada, triste, tímida … COUSO: Obxecto determinado do que non se coñece ou non se lembra o nome. Tamén chisme, conto, chirimbolo … CREBA: Restos de naufraxios ou cargas dos barcos que o mar arrastra ata a costa. CROIO/PELOURO: Pedra dura e pequena, particularmente a que está arredondada e lisa pola erosión. Coloquialmente utilízase como sinónimo de «moi duro», pódese aplicar á froita verde, ao pan reseso… Tamén se refire á persoa moi testana, ou incluso á desaxeitada e fea. ESBARDALLAR: Falar moito dicindo parvadas. Tamén: larapetar, laretar, baduar, latricar … ESMENDRELLAR: Quedar ferido ou con algunha parte do corpo lesionada a causa dunha caída, dun golpe, dun esforzo excesivo, etc. De forma coloquial utilízase para aquilo que da moita risa, que fai que agarres da barriga e te tires polo chan. ESNAFRAR. Romper [algo] totalmente de un golpe. Tamén significa mancarse ao caer de fociños. ESTOMBALLARSE: Deixarse caer sobre algo debido á fatiga, ao cansazo ou pola falta de ánimo. Tamén se refire a deitarse ou sentar comodamente. FEDELLO: O que anda no que non sabe ou debe. FERRADO: Medida de capacidade para grans, legumes, sementes etc., de valor moi variable segundo os lugares ou segundo o que se mida que pode ir dos doce aos vinte quilos, e que corresponde habitualmente a dous tegos.  FOCHICAR: Manipular cousas que estaban en orde deixándoas revoltas ou en mal estado. FURABOLOS: O segundo dedo da man, entre o polgar e o maior. Aplícase  á persoa que sempre está molestando, fastidiando e meténdose onde non lle corresponde. FURANCHO: Local situado no baixo dunha casa ou nunha pequena bodega onde se vende o viño excedente da colleita e no que tamén se serve comida ou a levan os clientes. GALORCHO/A: Calzado vello e estropeado. Utilízase cando alguén vai moi mal vestido. GARATUXA: Demostración de cariño que se fai a unha persoa con aloumiños e con palabras de afecto. Úsase ademais con respecto á carantoña, macacada ou brincadeira que se lle fai aos rapaces, para facelos rir. LIDEIRA: Idea na que se porfía. LUADA: Intervalo entre dúas fases da Lúa. LUAR: Luz do Sol reflectida pola Lúa, que ilumina a Terra durante a noite. LURPIA: Muller perversa, amiga de meter en leas aos demais, mal intencionada etc. LUSCOFUSCO: Momento do día, entre o día e a noite, en que a luz desapareceu case por completo e as cousas se perciben como sombras. Momento do día, entre a noite e o día, en que a primeira claridade permite distinguir as cousas coma sombras. MADÍA: Motivo de preocupación. Expresión que manifesta boa sorte ou que algo non ten nada de extraordinario. Soe usarse a expresión «madia leva» que significa: «non me

17 DE MAIO Leer más »

15 DE MAIO

DÍA DA FAMILIA Hoxe deixámosvos unha selección de contos sobre a FAMILIA.  A cal se parece a túa? A TU LADO. +0 EN FAMILIA. +0 MI FAMILIA. +0 PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO. +0 MI FAMILIA ES ESPECIAL. +2 FEDERICO Y SUS FAMILIAS. +2 CUENTOS PODEROSOS PARA FAMILIAS IMPERFECTAS. +3 EL GRAN LIBRO DE LAS FAMILIAS. +3 EL HILO INVISIBLE. +3 TENGO UNA MAMÁ Y PUNTO. +3 CLOE QUIERE SER MAMÁ. +3 HERMANOS. +3 P DE PAPÁ. +3 LA FAMILIA CRECE. +3 UN MÁIS. +3 UN PUÑADO DE BOTONES. +3 UN SANDWICH. POR FAVOR! +3 FAMILIAS LLENAS DE AMOR. +3 INFINITO. IDA Y VUELTA. +4 UNA GRAN FAMILIA. +5 A FAMILIA C. +5 MI GRAN FAMILIA. +5 A PEQUENA FAMILIA. +5 FAMILIA. +5 MI GRAN FAMILIA. +5 UNA FAMILIA SIEMPRE, SIEMPRE, SIEMPRE ES UNA FAMILIA. +5 MI FAMILIA. +7 UNHA FAMILIA NORMAL. +7 COSAS QUE LE GUSTAN A FRAN. +7 EL GRAN VIAJE DE LAS FAMILIAS EXTRAORDINARIAS. +10

15 DE MAIO Leer más »

23 DE ABRIL

DÍA DO LIBRO Que dicir do que sería un conto infantil sen ilustracións. Así que, a nosa homenaxe de hoxe vai para as ilustradoras e ilustradores galegos, que hai tantos e tan bos. As nosas desculpas de antemán, porque non sabemos de todas/os, porque se nos esquece algún/ha, porque non nos é posible nomealos a todas/os… Pero estean aquí ou non, vaia por diante a nosa inmensa gratitude por adicar un anaco da súa arte a ilustrar contos infantís e facernos pasar tan bos ratos. XAN LÓPEZ DOMÍNGUEZ (Lugo, 1957). Estudou Historia da Arte en Santiago de Compostela. Co que nos gusta non podemos entender por que di de si mesmo: “cada vez son máis escritor e menos ilustrador”. “La gallina churra” (2019). Xan López Domínguez. Edelvives. +6 “Tikismikis”. Laura Garzón (2018). Edebé. +4 “A casa andante do mago Van Dongen” (2017). Edelvives. +6 “El camaleón malcarado” (2015). Xan López Domínguez. Edelvives. +6 “Los sueños de la jirafa” (2013). Xan López Domínguez. +4 “Os tres amigos” (2004). Xan López Domínguez. Algar. +4 “O avó é sabio”. (2004). Fina Casalderrey. Combel. +5 “¡Puag, que noxo!” (1997). Fina Casalderrey. Galaxia. +6   LA GALLINA CHURRA TIKISMIKIS EL CAMALEON MALCARADO LOS SUEÑOS DE LA JIRAFA RAMÓN TRIGO (Vigo, 1965): Autodidacta, combina a súa actividade como ilustrador coa pintura e a escultura. “O pirata pata de lata” (2008). Xosé María Barreiro. +3 “El monstruo” (2008). Daniel Martín. Lóguez Ediciones. +3 “La cosa negra que pasó por mi ventana” (2007). Blanca Trigo Cabaleiro. +5 “Casa vacía” (2005). Ramón Trigo. Anaya. +3 O PIRATA PATA DE LATA EL MONSTRUO LA COSA NEGRA QUE PASÓ POR MI VENTANA CASA VACÍA RAFA ANTÓN (Vigo): Formouse en Deseño de Interiores. Actualmente vive no Brasil, traballando con produtores de cine, axencias de publicidade e diferentes editoriais. “¡Ouah!” (2022). Sara Nicolás e Óscar Rull. Alaestrella. +4 “Soños á beiramar” (2022). Rosa E. Gantes. Kalandraka. +5 “El cumpleaños de la mosca ” (2020). Rafael Ordóñez. La Guarida. +3 “Cómo te como” (2017). Rafael Ordóñez. La Guarida. +4 ¡OUAH! SOÑOS Á BEIRAMAR EL CUMPLEAÑOS DE LA MOSCA (Y SUS 3917 INVITADOS) ¿CÓMO TE COMO? FEDERICO FERNÁNDEZ ALONSO (Vigo, 1972). Licenciado en Belas Artes  pola Universidade de Vigo, na especialidade de Pintura. Actualmente é profesor na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. “Aurelio” (2016). Antonio Rubio. Kalandraka. +0 “Balea” (2015). Germán González. Kalandraka. +5 “O raposo Colabranca” (2011). Xosé Carlos Caneiro. Galaxia. +7 “Os sete cabuxos” (2009). Adaptación de Xesús Carballo Soliño. Galaxia. +5 “Os chibos, chibóns” (2004). Olalla González Paz. Kalandraka. +3 AURELIO BALEA O RAPOSO COLABRANCA OS CHIBOS CHIBÓNS ÓSCAR VILLÁN (Valladolid, 1972). Nacido en Valladolid, pero trasladado a Ourense ese mesmo ano. É Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, con especialidade en Pintura. “O coelliño branco” (1998). Adaptación de Xosé Ballesteros. Kalandraka. +5 “A cebra Camila” (1999). Marisa Núñez. Kalandraka. +3 “O caracol Remoldiño” (2003). Xoan R. Cuba. Xerais. +5 “Adiviñas de animais” (2004). Gloria Sánchez. Alfaguara. +0 Colección “Do berce á lúa” (2005-2021). Antonio Rubio Kalandraka. +0 “Un becho estraño” (2009). Mon Daporta Kalandraka. +5 “Fortunato quere ir á lúa” (2022). Carlos López. Galaxia. +3 O COELLIÑO BRANCO A CEBRA CAMILA O CARACOL REMOLDIÑO LÚA (COLECCIÓN DO BERCE Á LÚA) PATRICIA CASTELAO (A Estrada, 1974). Tras descubrir a súa vocación, abandonou a carreira de medicina e estudiou no Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela Modelado en 3D, Análise de Imaxes e Realidade Virtual. Hoxe en día traballa cos mellores estudios de animación, ilustra libros, cubertas, pósters, carteis … e imparte talleres de acuarela e cor. “Sí, poesía” (2017). Gloria Sánchez Afaguara. +7 “Cuca e o abrigo marrón” (2014). Fina Casalderrey. Rodeira. +0 “O sombreiro chichiriteiro” (2009). Manuel Rivas Xerais. +3 “Marta ten a solución” (2008). Ana María Fernández Galaxia. +7 SÍ, POESÍA CUCA E O ABRIGO MARRÓN O SOMBREIRO CHICHIRITEIRO MARTA TEN A SOLUCIÓN ALICIA SUÁREZ (Pontevedra, 1974). Estudou Belas Artes en Pontevedra. Dende os anos 90 é profesora de ensino secundario ao tempo que traballa no mundo da ilustración. “Un ollo para ler” (2022). Alicia Suárez. Galaxia. +5 “A ratiña presumida” (2021). Texto de BATA a partir da versión de José A. López Parreño. Kalandraka. +3 “Nicolás cociña sen lume” (2019). Asociación BATA. Kalandraka. +3 “Nicolás va a la biblioteca” (2017). Asociación BATA. Kalandraka. +3 UN OLLO PARA LER A RATIÑA PRESUMIDA NICOLÁS COCIÑA SEN LUME NICOLÁS VA A LA BIBLIOTECA DAVID PINTOR (A Coruña, 1975). Debuxa e pinta desde neno ata que se converte sen querer en ilustrador, nun proceso lento e gradual. Ademais de ilustrador, traballa como humorista gráfico e pintor, entre outras cousas. No 2022 gaña o Goya ao Mellor Largometraxe Animado. “Tartaruga vs. Lebre. O desquite” (2023). David Pintor. Kalandraka. +3 “Non a todas as nenas lles gusta o rosa” (2022). David Pintor. Xerais. +3 “Teño impo” (2022). David Pintor. Serendipia. +3 “El primer dicionario de Nara” (2019). David Pintor. Degomagom. +1 “A avoa do ceo” (2015). Anna Lavatelli. El patito editorial. +5 “Nicomedes o pelado” (2013). Pinto & Chinto. Kalandraka. +6 TARTARUGA VS LEBRE NON A TODAS AS NENAS LLES GUSTA ROSA TEÑO IMPO EL PRIMER DICCIONARIO DE NARA KIKO DA SILVA (Vigo, 1979). Licenciouse na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Con 16 anos publica o seu primeiro libro ilustrado e xa non parou de traballar. “Moncho e a mancha” (2021). Kiko da Silva. Kalandraka. +5 “Que contan as ovellas para durmir” (2017). Kiko da Silva. Galaxia. +5 “Sar, Sarela e os monstros de Compostela” (2007). Paco López-Barxas. Kalandraka. +6 “Cando Martiño tivo gañas de mexar na Noite de Reis” (2000). Chema Heras. Kalandraka. +4 MONCHO E A MANCHA QUE CONTAN AS OVELLAS PARA DURMIR SAR SARELA E OS MONSTROS DE COMPOSTELA CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS ALBERTO VÁZQUEZ RICO  (A Coruña, 1980). Estudiou en Vigo, Valencia e  Barcelona. É director de cine, animador,  ilustrador e novelista gráfico. Gañou o Goya á Mellor Película de Animación no 2017. “Oso Pandilla” (2022). Miguel López, El Hematocrítico. Edicións Xerais. +3 “Gaivota

23 DE ABRIL Leer más »

Scroll al inicio