Noticias

En esta categoría están las Noticias y novedades generales de La Casa de Koli.

21 DE MARZO

DÍA MUNDIAL FORESTAL Hoxe deixámosvos unha selección de contos sobre a importancia de coidar ÁRBORES, BOSQUES E PLANTAS, para os máis pequenos e para os seus irmáns. UN DÍA PERFECTO. +0 LA SELVA TRALARÁ. +0 ENCUÉNTRAME EN EL BOSQUE . +0 EL BOSQUE. +0 BOAS NOITES, BUFO. +0 EL BOSQUE DORMIDO. +0 EL SEÑOR BÚHO Y EL BOSQUE. +0 LA PRIMAVERA YA ESTÁ AQUÍ. +2 A COLLEITA DE RATIÑO. +3 O CAMIÑO DAS MAZÁS. +3 UN DÍA DE CHUVIA E FLORES. +3 SUEÑOS DEL BOSQUE. +3 UN VIAJE POR LOS BOQUES DEL MUNDO. +3 O SEGREDO DE AVÓ OSO. +4 SEMILLAS. +4 EL BOSQUE. +4 A VISITA. +4 ESPERANDO O AMENCER. +5 XAIME E AS LANDRAS. +5 A ÁRBORE DA ESCOLA. +6 DESPOIS DA CHUVIA. +6 OCULTOS EN EL BOSQUE. +6 UNA LATA EN EL BOSQUE. +7 A ÁRBORE XENEROSA. +8 ARBOLIDADES. +8

21 DE MARZO Leer más »

8 DE MARZO

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER En 1975 as Nacións Unidas declaran o 8 de marzo como o Día Internacional da Muller. Case 120 anos antes (o 8 de marzo de 1857) traballadoras do téxtil en New York saen, por primeira vez á rúa para protestar polas súas míseras condicións de traballo e para denunciar a explotación infantil. Dous anos máis tarde crean o seu primeiro sindicato. Certo é que as condicións laborais eran duras para todos, pero a precariedade cébase especialmente coas mulleres, xa que o seu salario podía chegar a ser menos da metade que o dos homes, so polo feito de ser mulleres. Esta protesta sentará un precedente para as mobilizacións posteriores debido á grande repercusión que ocasionou. En 1907  ten lugar a primeira Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, en Stuttgart (Alemania) co obxectivo principal de conseguir o sufraxio feminino. Xa o conseguiran anteriormente Australia e Nova Zelanda en 1902 e Finlandia en 1906. O 24 de novembro do 1909 saen á rúa as camiseras de New York, a maioría delas procedentes da inmigración de Europa do Leste, totalmente discriminadas fronte aos homes que facían o seu mesmo traballo. Pedían un mellor salario, a redución da xornada laboral, a igualdade salarial respecto aos homes e a igualdade de trato para os traballadores afiliados aos sindicatos ou non. Catro meses despois conséguese unha mellora salarial, unha mellora das condicións laborais e a redución da xornada. O 25 de marzo de 1911 incéndiase a fábrica de camisas Triangle Shirtwaist (tamén en New York). Morren 123 mulleres e 23 homes, a maioría inmigrantes, que non puideron fuxir do lume xa que os responsables da fábrica tiñan as portas pechadas para evitar roubos. Isto supuxo a introdución de novas normas de seguridade e saúde laboral no país. Nas próximas manifestacións baixo o lema “Pan e Rosas” (pan: simbolizando un salario digno e rosas: simbolizando unhas mellores condicións de traballo)  pedirase: o dereito ao voto, o dereito a ocupar cargos públicos, o dereito ao traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral. No 1917 como protesta á gran cantidade de soldados rusos mortos na guerra, as mulleres volven á saír á rúa demandando “Pan e Paz”. Trala caída do Zar, o goberno provisional concede ás mulleres rusas o dereito ao voto.  En España non se conseguirá ata 1931.

8 DE MARZO Leer más »

ENTROIDO NO MUNDO

GASTRONOMÍA De todos é sabido que o Entroido é o preludio da Coresma e que é unha escusa para excederse, incluso na comida, antes das restricións que impón a tradición cristina nesta época do ano. Pero que se come polo mundo adiante na época de Entroido??? Pois para mostra un botón:  BARRANQUILLA (COLOMBIA): ALEGRÍAS CON COCO E ANÍS: en realidade é típico calquera sobremesa con coco. COCOTERO BASILEA (SUÍZA): BASLER MEHLSUPPE (sopa de fariña): feita con fariña tostada, caldo de carne, viño tinto e manteiga. WÄJE (pastel de cebola e queixo): que consiste nun pastel salgado feito ao forno. FASTENWÄHE: galleta con forma de pretzel, sen azucre, enriquecida con leite e manteiga e espolvoreada con comino. FASTENWÄHE BOHEMIA (REPÚBLICA CHECA): BOZÍ MILOSTI: boliños doces fritos ou ao forno, recheos de noces ou requeixo con marmelada de ameixa. BUÑUELOS fritos en manteiga clarificada, recheos de marmeladas caseiras e espolvoreados con azucre glass. BOZÍ MILOSTI COLONIA (ALEMANIA): KÖLSCH: as rúas énchense de xente disfrazada que soe beber esta cervexa típica de Colonia. KÖLSCH NIZA (FRANCIA): SOCCA: consiste nunha especie de filloa crocante, feita de fariña de garavanzos, cociñada en forno de leña e que se come cortada en rombos. GANSAS: moi parecidas ás orellas son uns lazos de fariña e manteiga, cun toque cítrico, cubertos de azucre glass. SOCCA NOTTING HILL: JERK CHICKEN: Ao ser un entroido baseado na cultura caribeña o prato principal é  unha receita xamaicana de polo adobado con especias e servido con salsa barbecue .. JERK CHICKEN NOVA ORLEANS (LUISIANA-EEUU): KING CAKE: parente do noso roscón de Reis está cuberto con azucre pintada das cores típicas do Mardi Gras (púrpura, dourado e verde). BEIGNETS: feitos cunha masa similar á do donut, que se corta en cadrados, fritida e cuberta de azucre glass. KING CAKE ORURO (BOLIVIA): PUCHERO: con arroz branco ou khaja, chuño, dous tipos de carne (vaca e cordeiro) e salsa ají amarelo (con cebola e allo). De guarnición: patacas e peras cocidas en auga con azucre, canela e clavo. TIMPU O TÌMPU: carne fervida no seu propio caldo, con diferentes verduras e ají amarelo, acompañado de arroz, papa cocida e chuño. PUCHERO RIJEKA (CROACIA): RAPSKA ou RABSKA: aínda que é típica todo o ano, trátase dunha torta similar á tarta de améndoa, con monda de laranxa e limón relados. LIMÓN RÍO DE JANEIRO (BRASIL): BARREADO: carne de vaca, adobada con allo, comino e loureiro. Cocíñase con touciño e cachaça nunha pota de barro alta e grande, tapada cunha masa feita de fariña e auga. Este guiso cocíñase días antes para que as mulleres tamén poidan gozar da festa. FILHÓ: Levado polos portugueses ao nordeste do país. Feito de fariña de trigo e ovos. Cómense con azucre, canela ou mel de engenho (mel de cana). TOUCIÑO VENECIA (ITALIA): FRITTOLE: especie de bolo de vento feito a base de leite, fariña, ovo, manteiga, uvas e piñóns aromatizado con grappa (augardente italiana), frito en aceite. GALANO: moi similar ás orellas, pero de forma rectangular ou romboide  e cos bordes rizados. CASTAGNOLE: reciben este nome porque a súa forma é similar a unha castaña. Están feitos cunha masa entre bolo de vento e rosquilla frita e rebozados en azucre. CASTAGNOLE ERA VISTO QUE HAI MOITO  LARPEIRO POLO MUNDO …

ENTROIDO NO MUNDO Leer más »

30 DE XANEIRO

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA Hoxe deixámosvos unha selección de contos sobre A PAZ E A NON VIOLENCIA, para os máis pequenos e para os seus irmáns. +0. ESTOY CONTIGO. Cori Doerrfeld. Ed. Beascoa. +0. UNO PARA DOS. Susanna Isern. Asociación Cosquillas. +0. EL LIBRO DE LA PAZ. Todd Parr. Ed. Serres. +3. IMAGINE. John Lennon e Jean Jullien. Ed. Falmboyani. +3. EL MURO EN MITAD DEL LIBRO. Jon Agee. La casita roja ediciones. +3. ¡PERO SI YO TE QUIERO! Jory John e Benjie Davies. Andana Editorial. +3. LOS INTRUSOS. Susanna Isern e Sonja Wimmer. Ed. Tierra de Mú. +3. MI ESPACIO PROPIO. Pippa Goodhart e Rebecca Crane. Ed. SM. +4. NOS TRATAMOS BIEN. Lucía Serrano. Ed. Beascoa. +4. HAY SITIO PARA TODOS. Anahita Teymorian. Ed. Lata de Sal. +5. COLAS DE SUEÑOS. Rita Sineiro. Ed. Akiara Books. +5. POR UNA MANZANA. Neus Caamaño. Tres Tristes Tigres Ed. +5. SIN AGUA Y SIN PAN. Luís Amavisca e Gruidi. Ed. Nube Ocho. +6. LA LUNA DE KIEV. Gianni Rodari e Beatrice Alemagna. Ed. Âlbum. +7. DE AQUÍ NO PASA NADIE. Isabel Minhos e Bernardo P. Carvalho. Ed. Takatuka.

30 DE XANEIRO Leer más »

O NADAL

TRADICIÓNS DE NADAL NO MUNDO ADORNOS DE NADAL: Conta unha lenda popular de varios países de Europa do Leste que unha familia pobre, que non tiña con que decorar a súa casa, levantouse o día de Nadal e a súa árbore estaba cuberta de arañeiras que unha araña tecera durante a noite. Cos primeiros raios de sol as teas de araña convertéronse  en fíos de ouro e prata e a familia nunca máis volveu a pasar penurias. Por iso, en Ucraína é tradición decorar a árbore con motivos de arañas e arañeiras, como símbolo de sorte e fortuna. En Liberia a árbore é unha palma de aceite decorada con campás. Os nenos alemáns esconden un pepinillo encurtido entre os adornos da árbore. O afortunado que o atope recibirá o dobre de regalos. No norte de Francia, alá polo 1858 houbo unha gran seca que fixo que as maceiras non deran froito e as árbores de Nadal quedaran sen o seu adorno preferido. Un artesán do vidro, da zona de Lorena, intentou compensar isto soprando unhas mazás de vidro, converténdose así no adorno estrela das árbores de Nadal francesas. Na República Checa córtase a mazá pola metade se ten unha estrela é sinal de boa sorte, se é unha cruz todo o contrario. No sur de México cada 23 de decembro celébrase a noite dos ravos, onde artesáns e comerciantes vende ravos minuciosamente tallados que representan presebes e animais entre outras figuras. Estes ravos esculpidos soen utilizarse como centros da mesa de Nadal e o autor ao mellor deseño gaña un premio económico. O Nadal filipino é o máis longo de todo o planeta. A decoración nas rúas e prazas comeza en setembro e o ambiente de Nadal non remata ata o primeiro domingo de xaneiro. As familias reúnense en Noiteboa nunha gran cea. O día anterior celébrase o festival de lanternas, no que os diferentes pobos compiten por construír o mellor e maior farol de todos. Na India tamén se colgan grandes lanternas de papel en forma de estrela e decóranse árbores de plátano e mango con adornos e teas brillantes. Nalgunhas rexións de Grecia é típico decorar con barcos veleiros en lugar da árbore de Nadal, como símbolo de sorte e prosperidade. En Colombia a xente coloca veliñas e faroliños nas ventás, balcóns e xardíns. Esta tradición, en honor á Virxe María e a Inmaculada Concepción, fíxose tan popular que cada vez as velas e faroliños son máis elaborados, competindo para ser os máis impresionantes. COMIDA: Os nenos de Groenlandia no Nadal comen mattak, ou sexa pel de balea crúa cun pouco de graxa, e kiviak, prato que consiste en envolver alcas, un pequeno paxaro ártico, nunha foca que é enterrada durante meses, para despois comer a súa carne podre. En Polonia a cea de Nadal consta de 12 pratos, un por cada mes do ano. Un deles é o kuita, unha mestura de grans de trigo, froita e mel que simboliza abundancia e prosperidade. En países do leste de Europa é tradición manter unha carpa viva na bañeira ata o día do Nadal. Chegado o día formará parte da cea. Tense a crenza de que as escamas de peixe dan boa sorte e nalgunhas casas colócanse debaixo do prato. En Finlandia cocíñanse gachas de avea que levan escondida unha améndoa. A sorte é para quen a atope. Os xamaicanos beben unha bebida a base de xenxibre e comen un pastel empapado en ron. E en Irlanda fan un pudin con cervexa ou whiskey que lle deixan a Papa Nöel. En Rusia cómense 12 pratos que representan os 12 apóstolos, entre os que non pode haber carne. Na cea de Fin de Ano filipina a froita ten un gran protagonismo. É habitual decorala mesa con 12 tipos froitas diferentes redondas, xa que o círculo é símbolo de riqueza e boa sorte. Polo mesmo motivo é típico vestirse de lunares e facer ruído coas moedas que se levan nos petos para atraer a prosperidade. Os etíopes e exipcios, o día de Nadal fan dieta vexetariana, non comen ningún alimento procedente de animais. So despois dos actos relixiosos, que soen alargarse ata a madrugada, cando chegan á casa, poden desfrutar dos alimentos que tiñan privados. En Eslovaquia o home máis vello da familia debe lanzar unha cullerada de loksa (prato típico) ao teito. Canta máis cantidade se quede pegada máis próspero será o ano vindeiro. REGALOS: En México durante 9 noites as familias van de pousada en pousada para representar o periplo de María e San Xosé. Posteriormente os nenos rompen as piñatas de sete picos, que representan os sete pecados capitais, onde o recheo é a recompensa por vencelo pecado. En Serbia, dous domingos antes do 25 de decembro os nenos da casa secuestran á súa nai e a atan nunha cadeira para pedir como rescate os regalos de Nadal. Ao día seguinte repiten a mesma operación co pai. As familias catalás soen colocar un tronco, con cara e barretina, na casa a principios de decembro. Tápano cunha manta e vano alimentando con doces ata o día de Nadal. Chegado o día os nenos cántanlle cancións e péganlle cun pau para que cague os regalos. En Letonia é necesario recitar un poema ou contar un conto como sinal de agradecemento antes de abrir cada regalo e en Ucraína e Polonia débese esperar a que apareza a primeira estrela no ceo. En Islandia é típico regalar libros e pasan toda a Noiteboa lendo. En países como Suíza, Francia, Alemaña ou Inglaterra, nos séculos XVI e XVII era tradición regalar un crebanoces, xa que se cría que traía boa sorte e protexían fronte aos espíritos malignos. Os holandeses envolven os regalos para que parezan algo completamente diferente ao que son en realidade. LIMPEZA: Os guatemaltecos cren que o diaño e outros espíritos malignos viven nos recunchos escuros e sucios do fogar. A semana antes de Nadal limpan, varren e recollen o lixo, amontoando todo fóra da casa coa intención de prenderlle

O NADAL Leer más »

DÍA INTL. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 DE NOVEMBRO NO QUE VAI DE ANO 2023 …. 9 de xaneiro: EL PAÍS: Un comezo de ano tráxico con catro mulleres asasinadas nun día dispara as alarmas da violencia machista. 11 de xaneiro: LA MONCLOA: A vítima é unha muller de 24 anos asasinada presuntamente pola súa parella o pasado 8 de xaneiro. 12 de xaneiro: LA VOZ DE GALICIA: Detido por dar unha malleira á súa moza en Vigo: “Púxose terca e dinlle unha caricia” 20 de xaneiro: 20 MINUTOS.ES: Os xuíces levan tempo advertindo dun porcentaxe de mulleres asasinadas sen denuncia previa “demasiado alto”. 25 de xaneiro: LA VOZ DE GALICIA: “Se me deixas, mátome”: a chantaxe que tivo que soportar unha muller de Ferrolterra cada vez que intentaba divorciarse do seu marido. 31 de xaneiro: NEWTRAL: Sete mulleres e unha nena foron asasinadas no primeiro mes do ano. 31 de xaneiro: RTVE: Investigan como posible caso de violencia de xénero o dunha muller na Liña da Concepción, Cádiz. 3 de febreiro: RADIO TELEVISIÓN CANARIA: O comezo de ano, ademais das mulleres asasinadas, deixa 11 menores orfos por crimes machistas. 6 de febreiro: RTVE: Confirman como violencia de xénero a morte dunha muller en Baiona. 7 de febreiro: LA VOZ DE GALICIA: Un detido por maltratar á súa parella: “De ter sabido que ía a denunciarme, houbéralle pegado máis forte”. 13 de febreiro: LEGAL TODAY: Na actualidade a ausencia de información sobre Violencia e Xénero Dixital é en realidade falta de interese. 1 de marzo: LEVANTE. EL MERCANTIL VALENCIANO. Agride con un coitelo á súa muller en Valencia e trata de explotar a vivenda con ela dentro. 6 de marzo: LA MONCLOA: Igualdade condena un novo asasinato por violencia de xénero na provincia de Zaragoza. 8 de marzo: SPORT: Os delitos sexuais múltiples en España aumentan un 56% en cinco anos. 10 de marzo: EL PERIÓDICO DE ARAGÓN: Suben case un 20% os casos de violencia de xénero que chegan aos xulgados de menores. 13 de marzo: RTVE: Investigan como posible caso de violencia de xénero o asasinato dunha muller en Alcobendas. 13 marzo: LA OPINIÓN DE ZAMORA: Unha octoxenaria de Zamora denuncia ao seu marido tras máis de 40 anos de maltrato psicolóxico. 20 de marzo: FARO DE VIGO: Detido un home en Elche por espiar á súa ex parella cunha cámara oculta. 27 de marzo: EL PERIÓDICO DE ESPAÑA: Anne Marie, undécima vítima mortal por violencia de xénero 2023. 28 de marzo: LA VOZ DE GALICIA: Acepta nove meses de prisión por ameazar á súa ex parella en Ferrol con publicar vídeos íntimos. 30 de marzo: FARO DE VIGO: Unha muller, ferida moi grave tras prenderlle lume a súa ex parella en Bilbao 4 de abril: LA MONCLOA: El Ministerio de Igualdade condena un novo asasinato por violencia de xénero en Huelva. 4 de abril: EL PERIÓDICO: Case mil nenas e adolescentes baixo o paraugas policial por violencia de xénero. 18 de abril: LA  VOZ DE GALICIA: “Estou desesperada por encontrar piso en Vigo e chámanme buscando sexo” 19 de abril: VICTORIA GASTEIZ: Axentes da Policía Local detiveron onte á noite a un varón de 42 anos como presunto autor dun delito de agresión sobre a súa parella. 25 de abril: RTVE: Asasinada unha muller de 81 anos en Ávila nun novo caso de violencia de xénero. 26 de abril: DIARIO DE MALLORCA. Retén e intenta estrangular á súa muller embarazada nunha vivenda en Valencia. 5 de maio: LA OPINIÓN DE ZAMORA. Un condenado por violencia de xénero en Zamora: “collo á nena e tírome pola ventá”. 8 de maio: EL MUNDO. Detido por apuñalar á súa parella diante do seu fillo en Madrid. 9 de maio: LA PROVINCIA. Interior rexistra a case 40.000 maltratadas maiores de 65 anos, un 16% máis que no 2022. 10 de maio: EUROPA PRESS: Crece o sentir antifeminista e o discurso negacionista da violencia de xénero entre os adolescentes españois. 11 de maio: AYUNTAMIENTO DE MADRID: A cidade de Madrid condena o asasinato, investigado como violencia de xénero,  sucedido o 11 de maio en Móstoles. 12 de maio: EL PERIÓDICO DE ESPAÑA: María, vítima mortal número 1.200 de violencia machista en España. 13 de maio: MADRIDIARIO: Detido en Madrid tras atropelar á súa parella e deixala ferida na casa duns amigos. 16 de maio: EL PERIÓDICO DE EXTREMADURA: Unha muller embarazada de 31 anos, vítima mortal número 17 por violencia de xénero  en 2023. 18 de maio: 101TV MÁLAGA: O Ministerio de Igualdade eleva a 19 o número de mulleres asasinadas por violencia de xénero no 2023 tras confirmar o caso de Málaga. 18 de maio: ABC. Interior ten identificados a máis de 63.000 agresores persistentes. 19 de maio: LA CRÓNICA DE BADAJOZ. Condenado a 11 anos e 3 meses por intentar cortarlle as mans á súa ex parella en Badajoz. 19 de maio: NEWTRAL: Tres das catro vítimas mortais por violencia de xénero en maio foron asasinadas en so unha semana. 24 de maio: LA VOZ DE GALICIA: Un detido por matar á súa ex moza confesa o asasinato de outra ex parella en Torremolinos. 5 de xuño: RTVE: Asasinada unha muller en Pontevedra pola súa ex parella, un garda civil que se suicidou antes de ser arrestado. 6 de xuño: LA TRIBUNA DE CIUDAD REAL: Máis de mil menores en risco de ser agredidos polo maltratador das súas nais. 9 de xuño: EL PERIÓDICO MEDITERRÁNEO. A prisión un mozo por cortarlle á cara á súa ex parella en Alacant para que “non a queira ninguén”. 14 de xuño: GACETÍN DE MADRID: Aumentan un 4,3% as denuncias de violencia de xénero. 14 de xuño: EUROPA PRESS. Dúas de cada tres vítimas de violencia machista denunciaron entre xaneiro e marzo do 23. 15 de xuño: EL PERIODICO DE ESPAÑA: Detido en Madrid tras colarse por unha ventá da vivenda da súa ex moza para estrangulala. 19 de xuño: EL PERIÓDICO DE ARAGÓN: Detido por intentar violar á súa muller e tratar de tirala dun cuarto piso en

DÍA INTL. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Leer más »

20 NOVEMBRO

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO ANO 2013:  O Comité dos Dereitos do Neno manifestou que: O 88% das/os nenas/os palestinos vive con medo. O 26% dos palestinos vive por debaixo do limiar da pobreza. O 22% das/os nenas/os palestinos morren antes dos 5 anos, debido a anemia, carencias alimentarias, desnutrición crónica severa … O 95% da auga, en Gaza, non é apta para o consumo humano. 123.000 nenas/os tiveron que deixar a escola debido aos danos sufridos durante a “Operación Chumbo Fundido” no 2012. O 2% das nenas palestinas cásanse antes dos 15 anos e 1 de cada 10 entre os 15 e os 19. O Estado de Israel é o responsable da adecuada aplicación da Convención Internacional dos Dereitos do Neno, tanto en Israel como nos territorios palestinos ocupados, sen embargo négase a recoñecer esta obriga. Por outra banda, Hamas non dubida en utilizar aos nenos palestinos da Franxa de Gaza nas súas actividades contra Israel, glorificando o martirio e incitando aos nenos a suicidarse para defendela causa palestina. ANO 2023: Lonxe de mellorar a situación, segundo UNICEF (a 2 de novembro do 2023): Na Franxa de Gaza: Ao menos 3.760 nenas e nenos morreron (moitos aínda están sen identificar). 7.695 nenas e nenos palestinos resultaron feridos graves. 1.150 están desaparecidos e poderían atoparse baixo os escombros. Máis de 2,2 millóns de persoas (a metade delas nenas e nenos) non teñen acceso a un subministro seguro e adecuado de auga e saneamento. 155.000 mulleres embarazadas e lactantes necesitan atención sanitaria primaria. 337.000 menores de 5 anos están en risco de padecer desnutrición. En Cisjordania: 40 nenas e nenos morreron en Cisjordania como consecuencia do aumento da violencia e máis de 6.500 persoas resultaron feridas. Máis de 250 persoas foron asasinadas por Hamas (entre mulleres, homes, nenas, nenos e bebés), cando gozaban dun concerto, deixando a máis de 1.500 feridas. 242 israelís foron secuestrados na Franxa de Gaza e aínda permanecen cativos (entre eles hai 30 nenas e nenos). 1.200 persoas foron asasinadas dende que comezou este último conflito. Hoxe falamos de Gaza e Cisjordania, pero actualmente hai máis de 60 países en guerra ou con conflitos abertos. Estes son algúns deles: AFGANISTÁN dende o 2001 UNICEF: 13/06/12 En 2011: 1.756 nenos foron asasinados ou resultaron feridos debido ao conflito en Afganistán … LA VOZ DE AMÉRICA: 24/11/20: Calcúlase que uns 26.000 nenos morreron ou quedaron lisiados nos 19 anos de guerra en Afganistán … UNICEF: 10/08/21:  Ao menos 27 nenas e nenos mortos nas últimas 72 horas… ARMENIA-ACERBAIXÁN dende 2020 EL MUNDO: 28/05/2016: Soldados de menos de 20 anos toman o relevo tras reavivarse o conflito con Acerbaixán … UNICEF: 29/10/20: 12 nenos resultaron mortos durante o último mes na zona de conflito de Nagorno-Karabaj … RTVE: 20/09/23: Entre os mortos figuran 10 civís, deles 5 niños …  BIRMANIA dende 1948 DW: 29/12/21: Confirman a morte de 4 menores na matanza de Birmania … SWI: 20/09/22: Ao menos 11 nenos morreron nun ataque aéreo … 20 MINUTOS: 10/10/23: Decenas de persoas, entre elas nenos, morreron tras un ataque de artillería do Exército birmano …  CAMERÚN-CHAD-NÍXER-NIXERIA/BOKO HARAM dende o 2014 EL PAÍS: 17/02/2020: Unha trintena de mortos, moitos deles nenos, nun ataque nunha rexión separatista de Camerún… UN (NOTICIAS ONU): 26/10/2020: Un grupo de homes armados, no sueste de Camerún deixa un saldo de 8 nenos mortos entre 12 e 14 anos… SWI: 25/06/2021: Uns 324.000 nenos morreron en Nixeria polo conflito de Boko Haram…  ETIOPÍA/ERITREA dende o 1998 INFONEWS: 16/11/2021: Etiopía. Case 200 nenos mortos a mercé da guerra e a desnutrición … HUMANIUM: 09/08/2022: Limpeza étnica e graves violacións dos dereitos dos nenos na rexión occidental de Tigray en Etiopía… LA RAZÓN: 09/02/2023: A guerra non rematou para os nenos de Tigray… HAITÍ dende o 2019 HUMANIUM: 22/05/2022: A trata de menores e a violencia sexual son algúns dos problemas máis perentorios en relación cos dereitos da infancia en Haití… PLAN INTERNACIONAL: 22/03/2023: A seca, a fame, as enfermidades e o conflito poñen en risco a vida de miles de nenas haitianas que, ante a falta de ingresos das súas familias, abandonan a escola e vense expostas a riscos aínda maiores como a violencia sexual ou os embarazos precoces… UNICEF: 17/10/2023: Decenas de nenos e nenas foron rescatados dos violentos enfrontamentos entre os grupos armados …  IRÁN dende o 2009. EL PAÍS: 01/12/1995: Máis de 500.000 nenos iraquís morreron polo embargo da ONU … AMNISTÍA INTERNACIONAL: 09/02/2022: As autoridades ocultan os seus homicidios de persoas menores de idade obrigando ás familias a permanecer en silencio… INFOBAE: 24/09/2022: Catro nenos asasinados na brutal represión do réxime de Irán nas protestas pola morte de Mahsa Amini… LIBIA dende o 2021 EUROPAPRESS: 02/01/2018: Un total de 433 persoas, entre elas 79 nenos morreron en Libia no 2017 … UNICEF: 22/10/2019: Nas últimas semanas varios nenos resultaron mortos ou feridos debido a violencia en Libia… UN (NOTICIAS ONU): 17/01/2020: Decenas de miles de nenos viven en Libia unha violencia inaceptable… MALÍ dende o 2012 EL PAÍS: 09/03/2016: A infancia interrompida dos nenos do norte. Sufriron secuestros, violacións e o asasinato de familiares … LA VANGUARDIA: 13/08/2019: O Conflito de Malí causou a morte a 150 nenos no 2019 … ACNUR: 01/12/2020: Increméntase a trata de nenas e nenos en Malí … MOZAMBIQUE (Cabo Delgado) dende 2017 EL PAÍS: 16/03/2021: Os yihadistas decapitan a nenos de ata 11 anos … EUROPAPRESS: 20/09/2019: Ao menos tres nenos mortos e outros dous feridos a causa do estalido dunha bomba …  PAQUISTÁN dende 1947 EXPANSIÓN: 04/05/2016: […]O máis destacable é que entre os mortos e feridos había principalmente mulleres e nenos, parte deles musulmáns… EL PAÍS: 16/12/2014: Ao menos 132 escolares mortos nun ataque talibán… RTVE: 31/08/2023: Aumenta a 54 o número de mortos no atentado de Paquistán, a metade deles nenos…  REPÚBLICA DEMOCRÁTICA DO CONGO E GRANDES LAGOS dende 1996 EL PERIÓDICO DE ESPAÑA: 13/06/2023: Ao menos 46 mortos, 26 nenos, no ataque a un campo de desprazados na República Democrática do Congo… DW: 08/09/2023:

20 NOVEMBRO Leer más »

CONTOS DE MAGOSTO

O MAGOSTO Hoxe deixámosvos unha selección de contos sobre O MAGOSTO e O OUTONO, para os máis pequenos e para os seus irmáns. OS BOLECHAS FAN UN MAGOSTO. Pepe Carreiro. Ed. As Nosas Terras O MAGOSTO. Colección Pimpín por aquí non vin. Ed. Galaxia. O MAGOSTO. Colectivo Ollo de Sapo. Ed. Ir Indo. A CASTAÑA QUE CHEGOU Á ÁRBORE. Tucho Calvo e Pitón. Ed. Ir Indo. O MAGOSTO. Mon da Porta. Contos da Rata Luísa. XAIME E AS LANDRAS. Tim Bowley. Kalandraka LA CASTAÑERA. Conto popular catalán. Combel Editorial LA CASTAÑERA FELIPA. Bel Olid e Mercé Canals. Ed. Combel ¡EN OTOÑO CASTAÑAS! Gemma Armengol i Morel e Óscar Julve Gil. Algar Editorial DOS ARDILLAS Y UNA PIÑA. Rachel Bright e Jim Field. Ed. Edelvives EL TESORO DE OTOÑO. Ángela Ferraro-Fanning e Anneliesdraws EL LADRÓN DE HOJAS. Alice Hemming e Nicola Slater. Miau Editorial. NACHO EN OTOÑO. Liesbet Slegers. Ed. Edelvives ¡EL OTOÑO YA ESTÁ AQUÍ! Albert Asensio. Ed. Juventud E se chove… que chova!!!

CONTOS DE MAGOSTO Leer más »

O SAMAÍN

31 de OUTUBRO SAMAÍN provén da palabra gaélica “samhain” que significa fin do verán. Aínda que esta celebración é de orixe celta, na época dos romanos substituíuse polo FESTIVAL DA POMONA (que rendía culto á deusa das mazás e do outono). Na Idade Media, co cristianismo, o papa Gregorio III declara o 1 de novembro como DÍA DOS MÁRTIRES CRISTIÁS. Posteriormente Gregorio IV ampliaríao a TÓDOLOS SANTOS, tradición que chega ata os nosos días. Sendo unha das celebracións máis antigas que coñecemos, en Galicia comprobouse que nunca se extinguiu totalmente, xa que en moitos lugares certas costumes seguen levándose a cabo. O Samaín galego está fortemente emparentado co Magosto, celebrándose en moitas ocasións xuntos, compartindo tradicións. Por exemplo, na zona de Sada e As Mariñas celébrase a FESTA DOS ZONCHOS o 1 de novembro. A palabra “zoncho” é a utilizada nesta zona para denominar as castañas cocidas. É importante escollelas grandes, cócense con pel e ensártanse nun fío a modo de rosario ou colar. Os maiores facían os colares e os nenos saían con eles á rúa.  Cada castaña comida representa unha alma liberada do purgatorio. Os nenos ofrécenllas aos veciños que pasan, para así liberar o maior número de almas posibles. Na noite do 31 de outubro era habitual non recollela mesa despois de cear, por se as ánimas dos falecidos acudían durante a noite e tiñan fame. Ademais, deixábase a cheminea prendida para que non pasaran frío. Tállanse cabazas para espantar os malos espíritos. Nas Rías Baixas chámanse calacús, en Cedeira son as caliveiras de melón, en Xermade as bonecas de remolacha e en Quiroga as cabazas sécanse e son utilizadas posteriormente como máscara de Entroido. COLAR DE ZONCHOS A SANTA COMPAÑA: Conta a lenda que na noite do 31 de outubro unha procesión de ánimas vestidas con túnicas (negras ou brancas, segundo a versión), encapuchadas, descalzas, portando cirios nas súas mans… pasean polos silandeiros e misteriosos camiños das aldeas. Contan os que a viron que ven acompañada de néboa, frío intenso, silencio e un penetrable olor a cera e incenso. Que os cans ouvean, os gatos foxen e os paxaros calan. Que, en ocasións, pódense escoitar a súa campaíña marcando o ritmo, o son de cadeas arrastradas, os seus laios e os seus rezos e cánticos. Vai guiada por un vivo, o cal baixo ningún pretexto pode virar a cabeza cara atrás. Porta unha cruz e un caldeiro con auga bendita e anunciará a morte á primeira persoa coa que se cruce, traspasándolle así a súa condena. Por este motivo non é ben saír a partir das doce da noite. Dise que a Santa Compaña non poderá capturar a alma dun mortal se este se atopa nun cruceiro, de aí que sexa un elemento tan importante para a nosa protección e que os haxa a moreas por todo o territorio galego. E aínda que librarse dela non é fácil sempre se pode disimular, como que non a viches, e apartarse discretamente do seu camiño, levar amuletos (cruces, escaravellos ou allos), facer un círculo e meterse dentro del,  tombarse boca abaixo, cerrar os ollos e rezar, levar os brazos cruzados ou as dúas mans ocupadas, abrilos brazos en cruz e berrar “cruz xa teño”… Ese todo isto fallara: fuxe, corre como se non houbese un mañá.

O SAMAÍN Leer más »

San Xoan

O FACHO​ RECEITA PARA A PÓCIMA DA AUGA DE SAN XOAN (para manter á raia a meigas e espíritos maléficos).. INGREDIENTES: 7 herbas medicinais e aromáticas  XESTA: para varrer os malos espíritos, debéndose varrer sempre de dentro cara fóra, coa intención de botalos da casa que habitan. FIUNCHO: contra os malos espíritos e o mal de ollo. É efectivo contra a inflamación de ollos e as malas dixestións. FENTO MACHO: para a protección do fogar. É efectivo contra os parasitos. Conta a lenda que esta planta so florece na noite de San Xoan, volvendo ao seu estado orixinal pola mañá e que as súas sementes teñen o poder de facer á xente invisible. HERBA LUÍSA: que protexe contra os enganos e o mal de amores, libera de maleficios, axuda á relaxación e a limpar ambientes. ROMEU: principal protector do fogar, limpa o lugar ou as persoas de enerxías negativas e o cheiro do seu fume proporciona clarividencia e respostas ás preguntas sen responder. É estimulante e purificante, cura o reuma e a artrite, os trastornos do sistema circulatorio e os males de gorxa. MALVA SILVESTRE: capaz de abrandar os caracteres máis duros, suaviza os caracteres das persoas máis acedas e rancorosas. Cura a bronquite, os nervios e os problemas dixestivos. HERBA DE SAN XOAN OU “ESPANTADEMOS”: para manter o demo a raia, expulsa e exorciza os malos espíritos. É cicatrizante, antiséptica, cura a ansiedade e a depresión. As herbas poden variar dunhas zonas a outras, entre as máis comúns están: rosa, estalotes, sabugueiro, salvia, codeso, loureiro, ruda, milenrama … AUGA (mellor de 7 fontes). ELABORACIÓN: Collelas herbas na tardiña do 23 de Xuño, antes da caída da noite, xa que ca escuridade as forzas do mal libéranse  e as nosas herbas poderían non estar puras. Engadir auga nun balde e mergullar o facho de herbas. Deixar o balde toda a noite ao orballo. Lavala cara pola mañá, mirando ao sol. Poñer o facho coas 7 herbas a secar, colgado na casa como protección do fogar e queimalo ao ano seguinte na fogueira

San Xoan Leer más »

Scroll al inicio