Noticias

En esta categoría están las Noticias y novedades generales de La Casa de Koli.

5 de Xuño

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE​ O DÍA  5 de xuño celébrase o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. Este ano o anfitrión é Suecia co lema “Unha soa terra”. Pero ¿sabes ao ano cantas conmemoracións hai relacionadas con este tema? MOITAS!!! Algunhas delas relacionadas entre si e outras non tanto, pero todas teñen que ver coa defensa do Medio Ambiente. Se so contamos as que se celebran a nivel mundial e se eliminamos todas as que teñen que ver co coidado e protección dalgún animal en concreto (xeralmente en perigo de extinción), contamos máis de 60 conmemoracións necesarias. Como sempre deixámosvos a nosa reflexión: Curioso o ser humano “uns por outros e a casa sen varrer”. Deixámosvos algúns dos carteis máis bonitos de diferentes asociacións. CONMEMORACIÓNS XANEIRO: 15 XANEIRO (terceiro domingo de xaneiro): Día Mundial da Neve, onde entre outras cousas se conciencia da importancia que ten a neve para o futuro climático e o mantemento do Medio Ambiente. 26 XANEIRO: Día Mundial da Educación Ambiental, evento no que se estableceron os principios da Educación Ambiental no marco dos programas das Nacións Unidas. 28 XANEIRO: Día Mundial  da Acción fronte o Quentamento Terrestre  ou día Mundial pola Redución das Emisións de C02, para sensibilizar á poboación sobre o cambio climático e os impactos ambientais que este ocasiona. CONMEMORACIÓNS FEBREIRO: 2 FEBREIRO: Día Mundial dos Humidais, orientado a xerar conciencia colectiva da importancia das zonas húmidas para a biodiversidade, o medio ambiente e o planeta. 14 FEBREIRO: Día Mundial da Enerxía, co fin de concienciar á humanidade de facer un uso responsable e eficiente dos recursos enerxéticos e de que estes procedan de fontes limpas e renovables que nos ofrece a natureza. 23 FEBREIRO: Día Internacional do Control do Mercurio, co propósito de previr emisións e vertidos de mercurio que poñen en perigo a saúde humana e o Medio Ambiente en todo o mundo. CONMEMORACIÓNS MARZO: 1 MARZO: Día Mundial dos Pastos Mariños, xa que constitúen un dos ecosistemas fundamentais do planeta na mellora das condicións do cambio climático. 3 MARZO: Día Mundial da Vida Silvestre para celebrar a beleza e variedade da flora e da fauna salvaxes, crear conciencia sobre a multitude de beneficios que aportan e a necesidade urxente de combater os delitos contra o Medio Ambiente e a diminución de especies a causa da actividade humana. 4 MARZO: Día Mundial da Enxeñería para o Desenvolvemento Sostible como modo de sensibilizar sobre o papel da enxeñería na vida moderna, imprescindible para mitigar os efectos do cambio climático e avanzar no desenvolvemento sustentable 5 MARZO: Día Mundial de Eficiencia Enerxética cuxo obxectivo é concienciarnos sobre a necesidade de reducir o consumo de enerxía mediante o seu uso razoable e sostible. 14 MARZO: Día Internacional da Acción polos Ríos coa intención de protexer e coidar unha das principais fontes de auga limpa en todo o planeta. 21 MARZO: Día Internacional dos Bosques para aumentar a conciencia, a nivel mundial, sobre a importancia do patrimonio arbóreo, como piar fundamental na sostibilidade, a seguridade ambiental e o subministro da auga. 22 MARZO: Día Mundial da Auga co obxectivo de xerar conciencia acerca de coidar os recursos de auga do planeta, elemento vital para tódalas especies da Terra. 23 MARZO: Día Meteorolóxico Mundial para concienciar da importancia que ten a meteoroloxía e a hidroloxía para o equilibrio medio ambiental en tódalas actividades que realiza o home no planeta, así como para a continuidade da vida tal e como se coñece ata agora. 25 MARZO (último sábado de marzo): A Hora do Planeta, acción anual que une a cidadáns, empresas, concellos, institucións e todo tipo de organizacións na súa loita contra o cambio climático e a perda de biodiversidade. 26 MARZO: Día Mundial do Clima para xerar conciencia e sensibilizar ás persoas a nivel mundial sobre a importancia e influenza do clima, así como o impacto do cambio climático sobre o ser humano. 30 MARZO: Día Internacional de Cero Desfeitos co fin de crear conciencia sobre as iniciativas de cero desfeitos, abarcando tódalas formas de residuos entre eles a perda e desperdicio de alimentos, a extracción de recursos naturais, os desfeitos de equipos eléctricos e electrónicos… CONMEMORACIÓNS ABRIL: 8 ABRIL: Día Mundial de Oposición aos Alimentos Transxénicos coa finalidade de divulgar os efectos nocivos dos cultivos e alimentos transxénicos na saúde humana e no Medio Ambiente. 22 ABRIL: Día Internacional da Nai Terra para concienciar á humanidade sobre os problemas xerados pola superpoboación, a contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais. CONMEMORACIÓNS MAIO: 21 MAIO: Día Europeo da Rede Natura 2000 que ten como obxectivo chamala atención de tódolos sectores da sociedade para que coñezan e se impliquen na conservación da Rede Natura 2000, un conxunto de espazos protexidos europeos nos que conviven a natureza e a actividade humana, de altísimo valor ecolóxico, social e económico. 22 MAIO: Día da Diversidade Biolóxica co propósito de crear conciencia acerca da importancia que ten a biodiversidade para os seres humanos e a necesidade de coidala e preservala para futuras xeracións. 24 MAIO: Día Europeo dos Parques Naturais para reflexionar sobre o patrimonio natural que existe e sobre a nosa propia responsabilidade para mantelo e protexelo para xeracións futuras. CONMEMORACIÓNS XUÑO: 1 XUÑO: Día Mundial dos Arrecifes co obxectivo de concienciar á poboación sobre os riscos que afrontas estes ecosistemas mariños debido a factores como o quentamento dos océanos, a pesca excesiva e a contaminación. 5 XUÑO: Día Internacional da Loita contra a Pesca Ilegal non declarada e non regulamentada, co que se pretende terminar coa pesca ilegal e coas prácticas abusivas que poñen en perigo os recursos pesqueiros do planeta. 6 XUÑO: Día Mundial da Concienciación sobre a importancia do Control de Pragas para crear conciencia entre os cidadáns de todo o mundo, sobre a formas na que os profesionais do control de pragas brindan protección á saúde, alimentos, fogares, familias e medio ambiente no que viven. 7 XUÑO: Día Mundial da Inocuidade dos Alimentos co fin de sensibilizar á poboación sobre a importancia da

5 de Xuño Leer más »

17 de maio

DÍA DAS LETRAS GALEGAS O Día das Letras Galegas instaurouse no 1963, pola Real Academia Galega, para homenaxear a todas e todos aqueles persoeiros que dalgunha maneira colaboraron na defensa e promoción da lingua e cultura galega coa súa creación literaria. Este ano está adicado ao escritor, avogado, intelectual e  político FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO  (Vilanova de Lourenzá 1913-Vigo 2010), un dos fundadores da Editorial Galaxia e presidente da Real Academia Galega do 1997 ata o 2001. Cultivou a narrativa, o ensaio, o xénero xornalístico, os libros de viaxes, dicionarios, antoloxías, biografías … Entre outras distincións posuía a Medalla Castelao, foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo, recibiu a insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela ou a Medalla de Ouro de Galicia. Pola defensa e promoción da Cultura Galega foi galardoado con numerosos premios: Pedrón de Ouro, o Premio Trasalba, o Premio de Creación Cultural, o Premio das Artes e Letras de Galicia …  por nomear algúns. Pero ¿onde atopamos a orixe do uso e desfrute do galego? OS INICIOS NA ESCRITA: Na ÉPOCA MEDIEVAL o galego utilizábase en tódolos estamentos e ámbitos sociais: administrativo, notarial, xurídico, relixioso e literario, competindo co latín so para certos usos. Durante esta época soa en boca de tódolos trobadores e segrares en tódalas cortes de España e, incluso, moitos poetas de fóra de Galicia o usan como lingua poética. Tras este período esplendoroso, virán tres séculos de decadencia. Son os denominados SÉCULOS ESCUROS (XVI,  XVII e  XVIII) no que o galego desaparece dos escritos, quedando relegado ao ámbito popular en forma de ditos ou refráns, cantigas e cantos de berce ou representacións teatrais populares. No 1671, Gabriel Feijóo escribe o que é considerado o primeiro  texto teatral en lingua galega “A contenda dos labradores de Caldelas”, que inclúe fragmentos en galego, en portugués e en castelán.  A mediados do século XIX nace o movemento social, intelectual e literario denominado REXURDIMENTO que supón o inicio dunha nova época para o galego. “Cantares Gallegos”, de Rosalía de Castro (publicado en 1863) é considerado o primeiro poemario do século XIX escrito integramente en galego. A prosa renacerá máis tarde e a primeira novela contemporánea impresa en galego será  “Maxina ou a filla espúrea”, do escritor estradense Marcial Valladares, publicada no 1890. A primeira publicación escrita integramente en galego trátase de O Tío Marcos D’a Portela, editada por primeira vez no ano 1876, en Ourense, da man de Valentín Lamas Carvajal. Primeiro quincenalmente e tras dous meses semanal, estaba dirixida aos campesiños e á xente da aldea. Aínda que nas súas páxinas predominaban os temas relacionados coa literatura (tanto culta como popular: poesía, contos, refráns, cantigas …), tamén se podían atopar artigos políticos e de opinión, relacionados coa defensa do idioma, a emigración e críticas ao caciquismo, entre outros temas. Pero ¿como foi o inicio das outras artes que tamén colaboraron e colaboran na promoción do uso da lingua galega? OS INICIOS NA MÚSICA: Ao igual que ocorreu coa literatura,  a ÉPOCA MEDIEVAL é un período esplendoroso para a música en galego. Dan conta de elo “As Cantigas de Santa María” de Afonso X o Sabio, o pergamiño Vindel do trobador galego Martín Códax ou o pergamiño Sharrer de Don Dinís, rei de Portugal. Nos SÉCULOS ESCUROS o galego queda relegado ás cantigas de cegos, ás panxoliñas, a cantos de berce ou cantigas tradicionais, que se foron transmitindo co paso do tempo de forma oral. Co REXURDIMENTO aparecen varios estudosos interesados polo folclore popular como Marcial del Adalid (coa súa “Marcha triunfal Galicia” de 1859 ou “Cantares Viejos y Nuevos de Galicia” de 1877, por exemplo) ou José Inzenga de cuxa obra “Cantos e bailes populares de España” cabe destacar a súa “Muiñeira”. Por outra banda, Perfecto Feijoo, no 1883, funda o coro Aires d’a miña terra, que realizaría a súa primeira gravación comercial no 1904. OS INICOS NO CINE: A primeira sesión de cine en Galicia tivo lugar no Circo Coruñés no 1896. Grazas as descricións dos principais xornais da época da cidade da Coruña (El Diario de Galicia, El Telegrama e La Voz de Galicia) sábese que se proxectaron imaxes relacionadas co Express de París, as carreiras de cabalos en Londres, as carruaxes sobre o Thámesis, as  regatas en Stanley ou a ópera de París. Sen embargo houbo que esperar ata o ano 1989 a que Chano Piñeiro estreara “Sempre Xonxa”, considerada como un dos primeiros largometraxes rodado integramente en galego. Xunto con “Urxa”, de Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal (tamén de 1989), e “Continental” de Xavier Villaverde (no 1990), serán consideradas as precursoras do cine en galego. SEMPRE XONXA URXA CONTINENTAL Esta é a nosa pequena e humilde homenaxe aos inicios das artes en galego. A Época Moderna da para outro capítulo.

17 de maio Leer más »

Día da familia

FAMILIAS DE ANIMAIS COMO NON COMEZAR POLO PRINCIPIO … A FAMILIA DO KOALA: Na época do apareamento o macho emiten un son para atraer e seducir á femia, que escolle a un ou a outro polo seu tamaño e, polo tanto, pola intensidade do ruxido nas súas chamadas. Unha vez concluída a fecundación o macho inicia de novo a busca doutra femia para volver a iniciar o proceso. Como a maioría dos marsupiais, a nai koala ten unha bolsa onde leva as súas crías durante os primeiros seis meses. Cando o bebé sae da bolsa agárrase ás costas ou tripa da nai acompañándoa a todas partes, ata aproximadamente o ano de idade, momento a partir do cal deixa de mamar e comeza a alimentarse so de follas. Aínda que son animais solitarios viven uns cerca de outros por elección. A capacidade dun territorio é limitada e depende da consistencia das árbores, da densidade do arboledo, do clima, do terreo e do tamaño deste … O tamaño, idade ou sexo do koala son determinantes para establecer o seu territorio, polo que moitas veces loitan, sobre todo se hai femias de por medio. Se non hai suficiente espazo os koalas xoves vense obrigados a emigrar para buscar un novo lugar no que pasar o resto da súa vida. Cando hai alimento suficiente soen socializar por un breve espazo de tempo e despois cada un marchar cara o seu lado. A FAMILIA DO LOBO: Os lobos viven en manadas de ata 20 membros, cunha estrutura xerárquica moi marcada, que lidera unha parella alfa. Cando as condicións non son favorables (falta de alimento ou territorio), so a parella alfa, que é monógama, ten o  privilexio de aparearse, pasando, para iso, moito tempo illados do resto da manada. Durante o primeiro mes os cachorriños quédanse ao coidado exclusivamente da nai que se encarga de alimentalos co seu leite. Posteriormente outra femia da manada será designada para coidar dos cachorros co fin de que a súa nai poida proseguir coas tarefas que lle corresponden ao seu rango. Pero, en realidade, toda a manada contribúe, xa que uns encárganse de coidar dos cachorros e outros do alimento . Teñen un comportamento territorial, evitando invadir o territorio de outra manada, xa que cando isto ocorre soe ser cun enfrontamento moi agresivo. Cando os lobos xoves senten o impulso de aparearse soen abandonar a manada en busca dun territorio libre no que formar a súa propia familia. As femias xeralmente escollen permanecer na manada. A FAMILIA DO PINGÜÍN EMPERADOR: As nais de pingüín emperador poñen un único ovo que deixan ao coidado do pai  para ir buscar alimento (durante case dous meses). Mentres tanto o pai mantén o ovo quente entre as súas patas, sen comer nada e a mercé dos elementos antárticos. Cando as nais regresan coa comida alimentan aos polos e son os pais os que emprenden a súa busca de alimento. Ao rematar a temporada de inverno búscanse de novo mantendo a mesma parella de por vida.   A FAMILIA DO CASTOR: Unha parella de castores construirá o seu tobo de ramas e barro xuntos. A nai soe parir entre 2 e 4 crías e o pai colaborará nas labores de crianza e protección das crías de por vida. Soen vivir en manadas de sobre 10 membros entre os que están os pais e os fillos xoves de camadas anteriores que axudan a coidar e a alimentar aos seus irmáns. A FAMILIA DA CANDORCA: As candorcas viven en unidades matriarcais cuxa descendencia vivirá coa nai toda a vida. Soen parir unha cría cada 5 ou 6 anos. Son as femias as que están a cargo do que ocorre na manada. As nais son as que se ocupan da disciplina e da educación, pero todo o grupo colabora na alimentación e protección da familia. Os machos sepáranse do grupo para aparearse con membros de outras manadas, xa que non o farán dentro da súa mesma familia. Son extremadamente sociais e aínda que poden pasar parte do día nadando, para trasladarse dun lugar a outro, outra boa parte do tempo a utilizan en socializar, en adestrarse e xogar. Dúas manadas poden xuntarse nun “pod” (co mesmo dialecto e relación familiar moi próxima), varios “pod” nun clan (cun dialecto similar e cunha herdanza familiar en común) e varios clans nunha comunidade (sen dialecto común nin herdanza familiar). A FAMILIA DO CABALIÑO DE MAR: Na época de apareamento a nai dedica unha danza ao pai (que pode durar varios días)  trala que ambos cambian de cor . A diferencia doutros animais acuáticos son monógamos, pero o que o fai realmente especial é que é o pai o que se embaraza. A nai depositará ducias, a veces incluso centenares, de ovos na bolsa abdominal que ten o pai na súa parte frontal, onde serán fecundados. Co embarazo a termo, o pai, con fortes contraccións, dará a luz ás crías que quedarán á deriva debendo encontrar comida e ocultarse dos seus depredadores tan pronto nacen. A FAMILIA DO POLBO XIGANTE: A nai pon ovos unha soa vez na vida, busca unha cova e cólgaos do teito. Permanece xunto a eles durante meses, sen comer, protexéndoos dos depredadores e movendo os tentáculos de vez en cando para airealos e limpalos. Cando os ovos eclosionan utiliza as últimas forzas para sacalas crías da cova e levalas ao océano. Pouco despois morre. A vida do polbo xigante transcorre solitaria, poden permanecer dentro do seu tobo durante semanas e saír so para alimentarse, aparearse ou protexerse dos depredadores. A FAMILIA DO PEIXE PALLASO: A familia está liderada pola nai, que soe ser a femia máis grande e agresiva, que está ao mando e defende o territorio. E despois temos un pai ou macho reprodutor e outro terceiro macho que é unha especie de substituto para casos de emerxencia. Se a nai morre por calquera motivo, os xenitais do macho a cargo da reprodución convértense en femininos e o macho substituto toma o sitio do macho

Día da familia Leer más »

23 de abril

DÍA DO LIBRO Neste día tan especial queremos compartir con vós algunha  das curiosidades que existen sobre os libros: O LIBRO MÁIS CARO DO MUNDO: Unha das primeiras BIBLIAS impresas por Gutenberg é o libro máis caro do mundo e é que cada unha das súas páxinas, coloreadas a man, pode venderse ata por 50.000 euros (por 1.300 páxinas, estamos a falar de 65.000 millóns de euros) O LIBRO MÁIS LONGO DO MUNDO: O Libro Guinness dos Records outorgou este recoñecemento á novela “À LA RECHERCHE DU TEMPS PERDU» (En busca do tempo perdido) escrita por Marcel Proust. Esta obra está composta de 7 partes, publicadas entre 1913 e 1927, pero todas forman parte dun mesmo conxunto. Son un total de 1.267.069 palabras, recollidas en 3.031 páxinas. O LIBRO MÁIS GRANDE DO MUNDO: “OUR FRAGILE NATURAL HERITAGE” (O noso fráxil patrimonio cultural) mide 4,18 x 3,77 metros, pesa 1.420 quilos e ten 346 páxinas. Foi construído polo inventor húngaro Bela Varga, a súa esposa e 25 voluntarios máis. O contido do libro é un recorrido de marcado carácter ecolóxico polas marabillas naturais de Hungría e outras partes do mundo. Foi necesario construír puntais e reforzos para soster o peso das tapas e as páxinas. O LIBRO IMPRESO MÁIS PEQUENO DO MUNDO: “FLORES DAS CATRO ESTACIÓNS” (do 2012) que mide tan só 0,74 x 0.75 mm, presenta doce flores que se atopan durante as catro estacións en Xapón. A anchura das liñas do texto é de tan so de 10 micras (ou sexa: unha milésima parte dun milímetro). O LIBRO MÁIS VENDIDO DO MUNDO: A BIBLIA  vendeu máis de 3.900 millóns de copias en todo o mundo, cota moi difícil de superar xa que os demais están a unha distancia inalcanzable. Por outra banda, a novela máis vendida é DON QUIXOTE, da que se venderon 500 millóns de copias. O LIBRO MÁIS TRADUCIDO DO MUNDO: Outra vez volvémonos a atopar coa BIBLIA. Escrita orixinariamente en hebreo, grego e arameo foi traducida á 704 linguas e dialectos. O seguinte libro máis traducido e “LE PETIT PRINCE” (O Principiño) de Antoine de Saint-Exupéry, publicado en 1943. Está traducido en 475 linguas, entre os que están os idiomas principais do planeta, máis unha multitude de idiomas minoritarios coma o quechua, arameo, bereber … O LIBRO IMPRESO MÁIS LONXEVO: “O SUTRA DO DIAMANTE” está plasmado sobre un pergamiño de grandes dimensións e é a versión traducida ao chino dun antigo Sutra relacionado de forma directa con Buda. Ten miles de anos e estivo oculto durante nove séculos. Este exemplar anuncia nas súas páxinas que é a tradución en chino dun Sutra do ano 400, que se imprimiu o 11 de maio de 868, polo  tanto mantense como o libro impreso máis antigo do planeta con 1.155 anos. O LIBRO MÁIS ESTRANO DO MUNDO: O MANUSCRITO VOYNICH é un códice que está escrito nun sistema de escritura críptica que ata agora ninguén logrou descifrar. Data, segundo o carbono 14, de principios do século XV e créese que foi escrito en Italia. O LIBRO MÁIS ADAPTADO AO CINE: Se descontamos as adaptacións dos diferentes libros da Biblia, a obra máis adaptada ao cine sería HAMLET, de Shakespeare, da que existen 73 versións directas. A máis famosa seguramente sexa a dirixida e protagonizada por Laurence Olivier, que gañou un Oscar á mellor película en 1948. O LIBRO MÁIS MACABRO DO MUNDO: DES DESTINÉES DE L’AME (Destinos da alma)  escrito polo poeta francés Arsène Houssaye, no século XIX, está encadernado con pel humana. “Un libro sobre a alma humana merecía ter unha vestimenta humana” xustificaba o seu autor. O PRIMEIRO LIBRO ILUSTRADO PARA NENOS: “ORBIS SENSUALIUM PICTUS” (O Mundo en Imaxes), escrito en 1658 por Jan Amos Komenský (Comenius), é o primeiro libro que está orientado plenamente a un público infantil. Foi publicado por primeira vez en Alemaña e o seu obxectivo era ensinar o latín. Cada un dos seus 150 capítulos vai sobre unha temática distinta na que o texto vai acompañado dunha ilustración.

23 de abril Leer más »

Personaxes de nadal

O NADAL NO MUNDO​ Se ben o personaxe universal de Nadal é Papá Nöel en tódalas súas variantes (San Nicolás, Santa Claus, Viejito Pacuero, Colacho, Santi Clo …)  son moitas as personalidades que chegan ás casas de todo o mundo nesta época tan entrañable. O TOMTE. ESCANDINAVIA (Suecia, Finlandia e Noruega). O Tomte é un gnomo de Nadal con longa barba branca, pequeno, saltarín, habilidoso e moi bondadoso. Vive escondido nun frío e frondoso bosque e encántalle saír sen ser visto, para axudar e contemplar a felicidade dos demais. É por todo isto que foi escollido por Papa Nöel como persoa ideal para axudarlle. A BEFANA. ITALIA. É unha bruxa boa que a noite do 5 ao 6 de xaneiro visita os fogares italianos. Viaxa na súa escoba e na súa cesta trae doces para ás nenas e nenos que se portaron ben e carbón para os que se portaron mal. Débeselle deixar laranxa ou mandarina e un vaso de viño doce para que recupere as forzas. Conta a lenda que os Reis Magos chamaron á súa porta pedindo axuda e que a señora negouse a acompañalos. Ao pouco tempo arrepentiuse, preparou unha cesta de doces e saíu na súa busca chamando a tódalas portas e ofrecendo os seus doces aos nenos que atopaba polo camiño. Dende entón recorre o mundo repartindo regalos para obter o seu perdón. BABUSKA. RUSIA. Similar á Befana, reparte regalos aos nenos rusos na noite do 6 de xaneiro. Esta misión impuxéronlla os Reis Magos pola súa hospitalidade e por ter a  casa máis limpa de todo Rusia. FRAU PERCHTA.   ALEMANIA E AUSTRIA. Representada con nariz aguileña feita de ferro , vestida con farrapos e bastón, esta bruxa ofrece moedas de prata aos nenos que se portaron ben, pero nada bo se pode esperar dela se te portaches mal. Está obsesionada coa limpeza doméstica en xeral, e máis vale ter todo o liño fiado antes da noite de Reis e a casa limpa senón entrará no teu dormitorio, destriparate e encherá as túas tripas con pedras e palla. DEZ MOROZ e a súa neta SNEGUROCHKA . PAÍSES DA ANTIGA UNIÓN SOVIÉTICA. Coñecidos popularmente como o Avó Xeado e a Doncela de Neve, reparten os regalos montados nun gran carruaxe tirado por tres cabalos brancos (troika), na noite de fin de ano. Cunha  barba máis longa que a de Papa Nöel,  Dez Moroz ten unha vara máxica (de cristal ou prata) coa que cando peta no chan crea grandes xeadas. Viste con abrigo longo ata os pés, botas de feltro guantes e gorro de pel, acorde co clima da súa rexión. A súa neta e axudante, Snegurochka, vai vestida tamén cun abrigo del pel ata os pés e aparece representada habitualmente co tocado tradicional. O KRAMPUS. PAÍSES ALPINOS ( Austria, Alemania, República Checa, Eslovenia, Suíza, Croacia, Hungría, Holanda …) Metade cabra, metade demo, con orellas de elfo, grandes cornos, lingua vermella e puntiaguda, cabeiros e o corpo cuberto de pelo, aparece na noite do 5 ao 6 de decembro, cunha gran cesta nas costas, para levarse aos nenos que se portaron mal ou que non teñen espírito de Nadal. PÈRE FOUETTARD. ALSACIA (Francia, Bélxica, Luxemburgo …). Aparencia desaliñada, vestido cunha túnica escura e barba longa, acompaña a San Nicolás e, ao igual que o Krampus, a súa función é castigar aos nenos que se portaron mal, para o que utiliza o seu látigo ou algunha das varas que porta, para dar algunha que outra azouta, polo que é coñecido popularmente como Pai Látigo. GRÝLA, LEPPALÚDI E O SEU GATO JÓLAKÖTTURINN ( ou YULE CAT) . ISLANDIA. Son troles caníbales islandeses. Teñen 13 fillos coñecidos como os YULE LADS. Gústalles moito comer, facerlle bromas á xente e deixarlles regalos nos zapatos aos se portaron ben ou patacas podrecidas aos que se portaron mal. Jólakötturinn é a súa mascota, un gato non tan amigable, que ronda polos teitos das casas e mira polas ventás para comerse aos que non se puxeron roupa nova polo Nadal. HOTEIOSHO. JAPÓN. Deus xaponés da fortuna, que aparece o día de fin de ano (xa que os xaponeses non celebran o Nadal). Din que ten ollos nas costas para observar aos nenos sen que se dean conta e ver se se portan ben. De tódolos xeitos non é necesario saír das nosas fronteiras para atopar diferentes personaxes de Nadal, pero iso xa da para outra historia.

Personaxes de nadal Leer más »

25 de Novembro

DÍA INTL. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Un dos primeiros pasos para evitar a VIOLENCIA DE XÉNERO e criar, dende o nacemento, ás nosas nenas e nenos en IGUALDADE. Co afán de colaborar neste «proceso de educación», case tódalas cadeas de televisión, sexan privadas ou non, deseñan  series ou películas de debuxos animados dirixidos a eles.  Pero … ¿respectan os debuxos animados os valores que evitan as conductas sexistas ou seguen incluíndo nas súas tramas estereotipos asignados exclusivamente a un ou outro xénero? PRINCESAS DISNEY : Fisicamente todas elas aparecen sexualizadas, con peitos grandes, delgadas, de cintura estreita pero con curvas, ollos grandes e perfectamente peiteadas en calquera ocasión. Estas princesas soen ser sempre mozas, pero o patrón cambia cando aparece un personaxe secundario muller, xa que soe tratarse de alguén con certa idade e sobrepeso (Úrsula, Fada Madriña, Flora, Fauna e Primavera …). BRANCANEVES, CINCENTA E AURORA: Son damiselas en apuros cuxo maior forte son as tarefas do fogar, todas son limpas, ordenadas, saben coser… Soen ser infelices, desventuradas, fracasadas … e ocórrenlle unha infinidade de desdichas.  So conseguen a súa felicidade cando se casan co príncipe.  Brancaneves Cincenta Aurora ARIEL, BELA, JASMINE, MULÁN E ESMERALDA: Trátase de personaxes que aínda que nun principio amosan certa rebeldía, autosuficiencia, independencia, ansia de liberdade … non se senten de todo completas ata que non casan co príncipe. Ariel Bela Jasmine Mulán Esmeralda A CASA DE MICKEY MOUSE: MINIE e DAISY utilizan os seus tacóns durante todo o día, realicen a actividade que realicen, van sempre de vestido e con complementos no pelo. A solución aos problemas que xorden sempre vai da man dun personaxe masculino, aínda que este sexa secundario. Minie Daisy A PATRULLA CANINA: Dun grupo de 6 cachorros so un é muller (SKYE)  e ten as características típicas relacionadas co xénero feminino: doce, amable, voluntariosa, feminina … Representa a beleza xa que é bonita, con estilo e sempre vai vestida de rosa. KATIE, a nena veterinaria, tamén cumpre co estereotipo feminino: simpática, empática, comprensiva e sobre protectora co seu irmán. Fisicamente: guapa, rubia, de ollos azuis, pel branca e tamén vestida de rosa. Katie Skye PEPA PIG: Estes debuxos animados responden ao estereotipo dunha familia tradicional na que o pai é un pouco desastre e a responsabilidade maior recae sobre a nai que é a que se encarga das tarefas do fogar, de coidar aos nenos ou cociñar.  Por outra banda, as personaxes femininas levan os labios vermellos e están vestidas das cores asignadas tradicionalmente ás mulleres. LADY BUG: Unha súper heroína valente, independente, autosuficiente … para a que o máis importante na vida é o mozo que lle gusta. A ansiedade por chamala súa atención fai que se comporte de maneira egoísta e celosa, chegando incluso a espialo. STAR BUTTERFLY: A aparencia física, tanto de STAR BUTTERFLY como da raíña MOON BUTTERFLY responde aos canons de beleza asignados á muller: guapas, esveltas, altas, delgadas,  atractivas, coquetas … no caso da raíña hai unha certa preocupación por ter unha imaxe adecuada á súa posición. Ademais asume o papel de nai responsable da súa familia, sendo esta a súa prioridade. Raíña Moon Butterfly Star Butterfly PINY, INSTITUTO DE NEW YORK: Rapazas nun instituto de moda obsesionadas coa roupa ou ca posición social que ocupan no centro, discutindo sobre se outra rapaza ten estilo ou non. FREAK TOWN: A protagonista é unha PRINCESA BOO BOO berrona, histérica e cursi, estereotipos xeralmente aplicados ao xénero feminino. MONSTER HIGH: Rapazas totalmente superficiais, para as que o máis importante é a súa imaxe (labios siliconados, exceso de maquillaxe, tacóns imposibles …) e conquistar aos rapaces da súa escola. DORAEMON: A señora NOBI, aínda que é unha nai boa e cariñosa, ten mal carácter cando se enfada. Sempre está ordenando, limpando, berrando e castigando ao seu fillo. SHIN CHAN: A nai do protagonista é unha muller histérica, berrona, que perde os nervios con facilidade, caprichosa e cuxo maior interese e ir de compras e buscar as mellores ofertas. Nunca resolve un problema, pero admira a intelixencia dos homes que o fan. GUMBALL: O obxectivo da nai (NICOLE) é coidar da súa familia, encárgase absolutamente de todo o que ten que ver co seu fogar. Aínda que e comprensiva e protectora, outra vez se nos aparece a imaxe dunha nai que  tende a perdelos nervios e o autocontrol. … E SUMA E SEGUE É como para reflexionar se estes son os valores que queremos transmitir ás nosas fillas e fillos e se queremos contarlle que estes son os modelos de nenas, mozas e mulleres que en realidade existen. É coma para non querer que se sintan incompletos se deciden non ter parella ou fillos. É como para pensar en se so as mulleres queren á súa familia, fan as labores do fogar, se preocupan polos seus fillos ou saben resolver problemas cotiás. É como para recapacitar en se o feito de que che guste a moda, a mecánica, ir de compras, os deportes de risco, as flores ou as pedras, sendo home ou muller, te converte nunha persoa máis o menos válida. É como para ensinarlles que o teu físico non te define. … É como, para, polo menos, darlle unha volta.

25 de Novembro Leer más »

Día universal do neno

PRINCIPAIS DEREITOS DO NENO DEREITO Á VIDA: Dereito a non ser asasinado, a sobrevivir e a medrar en condicións óptimas. DEREITO Á IDENTIDADE: Dereito, dende o seu nacemento, a ter nome e apelido, nacionalidade, a saber quen son os seus pais e a ser coidado por eles (na medida do posible). Dereito ao recoñecemento oficial da súa existencia e dos seus dereitos. DEREITO Á ALIMENTACIÓN E A AUGA: Dereito a comer, a non pasar fame e a non sufrir mal nutrición. Dereito á aplicación da tecnoloxía dispoñible e ao subministro de alimentos nutritivos adecuados e a auga potable salubre, tendo en conta os perigos e riscos da contaminación do medio. DEREITO Á SAÚDE: Dereito do neno ao goce do máis alto nivel posible de saúde e dos servizos para o tratamento das enfermidades e a rehabilitación da saúde. Dereito de que ningún neno sexa privado do seu dereito ao desfrute dos servizos sanitarios. Dereito a que as súas nais teñan aseguradas atención sanitaria prenatal e postnatal apropiadas. Dereito a que os Estados Partes adopten medidas eficaces e apropiadas para abolir as prácticas tradicionais que sexan prexudiciais para a saúde dos nenos. Dereito a que os seus proxenitores lle proporcionen, dentro das súas posibilidades e medios económicos, as condicións de vida que sexan necesarias para o desenvolvemento do neno. Os Estados Partes, en caso necesario, proporcionaran asistencia material e programas de apoio, con respecto á nutrición, vestiario e vivenda. DEREITO A UNHA FAMILIA: Dereito a non ser separado dos seus pais contra a vontade destes, excepto que tal separación se deba ao interese superior do neno. Dereito a manter relacións persoais e contacto directo con ambos proxenitores de modo regular, salvo se fose contrario ao interese superior do neno. Dereito do neno e dos seus pais a saír de calquera país e entrar no propio co fin da reunificación familiar ou o mantemento da relación entre uns e outros. Dereito a un fogar de garda, a kafala no dereito islámico, á adopción, ou a colocación en institucións adecuadas de protección de menores, no caso de estar privados do seu medio familiar ou o seu superior interese esixa que non permanezan nese medio; asegurando a continuidade na educación do neno e a súa orixe étnica, relixiosa cultural e lingüística. DEREITO Á EDUCACIÓN: Dereito a recibir unha educación, a gozar dunha vida social e a construír o seu propio futuro. Este dereito é esencial para o seu desenvolvemento económico, social e cultural. Os nenos que sofren algunha discapacidade mental ou física teñen dereito a un tratamento especial para acceder aos recursos de forma equitativa e poder gozar dunha vida plena e decente en condicións que aseguren a súa dignidade e lle permitan bastarse por si mesmos, facilitando a participación activa do neno na comunidade. Esta asistencia será gratuíta sempre que sexa posible e estará destinada a asegurar que o neno teña un acceso efectivo á educación, a capacitación, aos servizos sanitarios e de rehabilitación, á preparación para o emprego e as oportunidades de esparexemento e reciba tales servizos co obxecto de que logre a integración social e o desenvolvemento individual, incluído o seu desenvolvemento cultural e espiritual, na máxima medida posible. Dereito a  unha educación que se poida exercer progresivamente e en condicións de igualdade de oportunidades de dereito. Dereito a unha educación primaria e secundaria gratuíta e obrigatoria. Dereito a unha ensinanza superior accesible a todos, sobre a base da capacidade, por cantos medios sexan apropiados. Dereito a que se adopten medidas para fomentala asistencia regular ás escolas e reducir a taxa de deserción escolar. Dereito á información e orientación en cuestións educacionais e profesionais e que teñan acceso a elas. Dereito a que os Estados Partes fomenten e alenten a cooperación internacional en cuestións de educación a fin de contribuír a eliminar a ignorancia e o analfabetismo en todo o mundopor DEREITO A XOGAR: Dereito á actividades recreativas que os fagan medrar como cidadáns e persoas. Dereito ao descanso, ao esparexemento, ao xogo e a participara en actividades recreativas propias da súa idade e a participar libremente na vida cultural e nas artes. DEREITO Á PROTECCIÓN: Dereito a vivir nun contexto seguro e protexido que preserve o seu benestar e fomente o seu desenvolvemento físico, mental e social. Dereito a ser protexido de calquera forma de maltrato, castigo, abuso físico ou mental, abuso sexual, discriminación, explotación laboral, descoido ou trato neglixente … Dereito a estar protexido contra toda forma de discriminación ou castigo por causa da condición, actividades, opinións expresadas ou crezas dos seus pais, titores legais ou dos seus familiares. Dereito a estar entre os primeiros en recibir axuda en calquera circunstancia que poña en perigo a súa integridade. Dereito a que a súa identidade sexa preservada, incluíndo a súa nacionalidade, nome e relacións familiares. Dereito á protección da lei contra os ataques ilegais á súa honra e a súa reputación. Dereito á protección da lei contra a intromisión na súa vida privada, familia, domicilio ou correspondencia. Dereito a unha protección especial aos nenos considerados refuxiados ou que soliciten o estatuto de refuxiado, sendo obriga do Estado cooperar cos organismos competentes para garantir dita protección e asistencia. DEREITO Á LIBERDADE: Dereito a expresarse, a ter opinións, a acceder á información e a participar nas decisións que o afectan, en función da súa idade e madurez. Dereito a ser criado na tolerancia, na amizade entre os pobos e a irmandade universal para que máis tarde poidan eles inculcar estes valores. Dereito a non ser trasladado ou retido ilicitamente no estranxeiro, xa sexa polo seu pai, nai ou unha terceira persoa. Dereito a ser escoitado en todo procedemento xudicial ou administrativo, xa sexa directamente ou a través dun representante ou órgano apropiado, en consonancia coas normas de procedemento de lei nacional. Dereito á liberdade de buscar, recibir e difundir informacións e ideas de todo tipo, sen consideración de fronteiras, xa sexa oralmente, por escrito ou impresas, en forma artística o por calquera outro medio elixido polo neno ( a non ser

Día universal do neno Leer más »

O Magosto

O día das castañas en España Atopámonos ante unha época de recolecta, de aproveitar o que a natureza nos ofrece nunha longa lista de produtos  de outono: castañas, noces, avelás, figos, mazás, cabazas, marmelo, laranxas, mandarinas, uvas, nabos, coles, millo, setas …  A isto sumaremos unha serie de tarefas que hai que rematar antes de afrontar un longo inverno: a vendima, a matanza do porco, a recollida do millo … Tarefas que se fan moito máis levadías cando se levan a cabo en comunidade, acompañadas, como non, de gastronomía, música, bailes, xogos e bromas. E aínda que non é o caso do Magosto galego (para iso xa temos o Samaín), en moitas zonas esta celebración está totalmente relacionada co Día de Defuntos ou Tódolos Santos.   AMAGÜESTU. ASTURIES. Celebrada a finais de outubro, principios de novembro cando “el airín de les castañes” tira o froito dos castiñeiros. A xente reúnese para colaborar no San Martín, na esfoyaza do millo…  ao redor do lume, das castañas, da música de gaita, dos bailes, como a Danza Prima en corro ou o Riu Verde.  As castañas son acompañadas por “sidra del duernu”, unha sidra doce, fresca e sen alcohol.    MAGOSTA. CANTABRIA. Celebrada coa chegada do ábrego, vento do sureste, tamén coñecido como «o vento das castañas», na época do tardíu (outono). Nun prau (prado) colócanse uns paus cruzados, con oco para poder prender ben o lume. As castañas van sobre unha cama de fento trenzado de maneira grosa e, sucesivamente, capa de fento e outra de castañas ata rematar as castañas. Ao redor da fogueira soa música de pandeireta, de pitu, de tambor … e lévanse a cabo animados bailes. Unha vez listas as castañas, retíranse do lume e tápanse para que súen. No reparto, primeiro están os membros do concejo, despois os anciás, posteriormente os mozos e por último os nenos. A festa remata co enterro da bruxa (xeralmente representada pola castaña máis ruín de todas), a paus, baixo as cinzas aínda fumegantes da fogueira, co fin de evitar terribles maleficios.  GAZTAINERRE. PAÍS VASCO. Hoxe en día celébrase o luns seguinte a Tódolos Santos. Castañas, caracois en salsa, chourizos e morokil  (papas de leite con fariña de millo) conforman o menú deste día, acompañados de viño ou sidra caseiros. Antigamente homes e mulleres  celebrábano por separado. As mulleres reuníanse nos caseríos e os homes facíano nas tabernas de costume. Os bailes, tanto agarrados como soltos, estaban amenizados con música de trikitixa (acordeón pequeno), pandeiro, alboka (instrumento de vento feito con cornos), dulzaina …  CASTANYADA. CATALUÑA. Na noite do 31 de outubro, ademais das castañas, é típico comer outros produtos de temporada como boniato (batata), cabaza, setas ou os típicos panellets (pasteliños en forma de bóla con base de pataca ou batata e cubertos de froitos secos) acompañados de moscatell. Antigamente as campás repenicaban toda a noite para honrar aos mortos e anunciar a chegada de Tódolos Santos. Nas casas a xente rezaba e asaba castañas, crendo que neste proceso conectaba cos defuntos. O ágape daba forzas ao campaneiro para tocar durante tantas horas.  LOS FINADOS. ILLAS CANARIAS. Dende o 31 de outubro ata o 2 de novembro, entre castañas tostadas, mazás, améndoas e noces recórdanse aos seres queridos que xa non están. Era tradición poñer enriba das lápidas quintais de cereais, garrafóns de viño, cestas de pan, carneiros vivos … para sufragar os enterros e a misa de ánimas. Por outra banda, os ranchos de ánimas (grupos de homes que se dedicaban a tocar polas casas de porta en porta) pedían diñeiro para sufragar a misa polos defuntos.   LA CHAQUETÍA. EXTREMADURA E CASTILLA LEÓN. Na tarde do 1 ou 2 de novembro, grupos de nenos van de casa en casa pedindo produtos típicos da época: castañas, figos, mazás, marmelo … co que posteriormente farán unha merenda. Cantan coplas do estilo de: “Tía, la chaquetía, los pollos de mi tía, unos cantan, otros pían y otros piden ¡castañas cocidas!” É curioso como este costume non pode deixar de recordarnos ao Trick’r Treat (Truco ou Trato) americano da noite de Halloween. Na casa é típico preparar doces e tortas típicos para a ocasión. Entre eles a chaquetía: masa feita a base de ovos, azúcar, licor (augardente e anís), manteca, fariña e aceite.   Esta foi a nosa selección, pero se coñeces algunha máis fáinolo saber. O QUE NOS GUSTA A NÓS UNHA FESTA!!!! https://www.youtube.com/watch?v=oEo74iZhFuE

O Magosto Leer más »

O día dos mortos

A VIDA E A MORTE En tódolos países do mundo, dun xeito ou doutro, os vivos renden culto a familiares, amigos ou coñecidos que xa non están entre nós. En moitos sitios, estes ritos baséanse no recorrido histórico  e na mestura de  diferentes culturas ( ritos celtas e católicos no Samaín ou prehispánicos e católicos no Día dos Mortos dos países latinos de América, por exemplo). Pero en calquera caso, trátase de render un tributo á xente que dalgunha maneira honramos en vida e que agora botamos en falta. Aquí vos deixamos algúns exemplos: DÍA DE DIFUNTOS/DÍA DOS FINADOS: en España, Venezuela, Arxentina, Chile, Brasil, Portugal … As familias limpan as tumbas dos seus seres queridos e decóranas con flores e velas. O Día de Defuntos visítase o cementerio en familia e  acódese á igrexa. Nesta época cómense  produtos doces típicos como os ósos de santo, buñuelos de vento, buñuelos de cabaza, os panellets (en Cataluña) … En Colombia tamén é típico deixar nas tumbas ofrendas de comida, xoguetes e auga.  DÍA DE LOS MUERTOS: México, Nicaragua, Panamá … Móntanse altares coloridos con papel picado, flores de cempasúchil, caveiriñas literarias, recordos e fotos dos defuntos. Como ofrenda: comida, bebida e caveiras de azucre, entre outros doces … A xente píntase a cara de esqueleto ou catrina e hai música por todas partes. En Guatemala son típicos os BARRILETES MAIAS: cometas con mensaxes escritos a man para comunicarse cos mortos. En Perú fanse as TANTAWAWAS ou GUAGUAS, que son un pan doce con forma de bebé. En Bolivia as guaguas, ademais de forma de bebé, poden ter forma de sol, de lúa, de esqueira, de cabalo, outros símbolos da nai terra, da vida ou da morte. En Ecuador, ademais das guaguas, bébese COLADA MORADA, unha bebida púrpura a base de millo. En Belice, prepáranse alimentos típicos como o MUKBIL POLLO, con masa de millo, polo, tomate, condimentos … envolto en folla de plátano formando un tamal grande. HALLOWEEN: EEUU, Gran Bretaña, Canadá … Nenas e nenos van disfrazados (zombis, bruxas, esqueletos …) de porta en porta co seu TRICK OR TREATING (TRUCO OU TRATO), ou sexa: trasnada ou lambetada. Tamén son típicas as JACK-O`-LANTERN ou cabazas talladas con luz dentro. É unha noite de sustos, bromas e historias de terror. FESTIVAL DE FET GEDÉ: Haití. Trátase dun ritual relixioso de estilo vudú. As ofrendas nas tumbas consisten en velas caseiras de cera de abella, flores, cacahuetes, café … e botellas recheas de ron con chile, para quentar os ósos do Deus da Morte Bawon Samedi (Barón Sábado) e do seu fillo Gedé. Os participantes van  vestidos de vermello e negro e  fuman, beben e comen mentres din obscenidades. Unha sacerdotisa, coñecida como a MAMBO, dirixe unha cerimonia sanguenta (na que se sacrifican galiñas ou pombas) e onde baña unha cruz en ron e a prende con lume para liberar aos crentes dos seus pecados. UNDÁS: Filipinas. As persoas viaxan dende calquera punto para reunirse coas súas familias para celebrar este día tan especial, que en forma é moi parecido ao Día dos Mortos de México, pasando o día no cemiterio comendo, bebendo e incluso xogando ás cartas. MAHALAYA: India. Soe celebrarse na primeira quincena de setembro con cánticos sobre a reencarnación da DEUSA DURGA, Gran Deusa Nai de todo o Universo, pedíndolle que manteña aos demos ben afastados e protexa aos vivos. Moitas persoas aproveitan para bañarse no río GANGA, considerado sagrado polos hindús, mentres pide polos seus familiares defuntos. PCHUM BEN: Camboia. Celébrase con cánticos e ofrendas para ata sete xeracións atrás. Esta festividade dura 15 días e é tan importante que son vacacións en todo o país, para que todos poidan visitar ás súas familias. Ese día vístese de branco en sinal de loito e fanse ofrendas de comida, moitas delas nos templos budistas, para pedir a bendición dos monxes e aplacar a fame das ánimas dos que cometeron malos actos en vida. IAMA, o Rei do Inferno, libera estas almas para que busquen aos seus familiares. Se conseguen comida poderán reencarnarse, do contrario os familiares deberán temer as consecuencias. QING MING: China. Celébrase na primavera, limpando as tumbas e decorándoas con flores e ramas de salgueiro para afastar os malos espíritos. Entre as ofrendas, ademais de comida, destaca o papel JOSS queimado en representación de cartos ou obxectos de luxo. Tamén se queima incenso e bótanse petardos para avisar aos antepasados da nosa presencia. Grandes fogueiras e lanternas de papel que se lanzan ao ceo guían aos mortos no seu camiño ao máis alá. OBON: Xapón. Celebrada no verán, as ofrendas realízanse nun BUTSUDAN (altar en honor a Buda)  con comida, flores e as CHOCHIN ou lanternas de papel. Tamén son típicas as figuriñas feitas con berenxenas ou cogombros, con patas de palillo, que representan cabalos ou vacas nas que os espíritos se trasladan dun mundo ao outro. O último día, na cerimonia do TORO NAGASHI, as familias guían aos seus antepasados de regreso ao outro mundo  depositando as chochin en lagos ou ríos. BOON PARA WATE: Tailandia. Celebrada na primavera consiste nunha procesión (a PHI TA KHON) con música e desfile de máscaras, que dura tres días. No primeiro, os homes novos varóns disfrázanse de espíritos e pantasmas para gastarlle bromas aos aldeáns. No segundo, báilase e algúns participantes perseguen ás mulleres con enormes símbolos fálicos de cor vermella. No terceiro e último día, os monxes recitan no templo a historia da última reencarnación de Buda. TAEBORUM: Corea do Sur. Traducido como “gran lúa” é unha celebración que se fai no inicio da primavera. É tradición comezar o día comendo froitos secos, xa que os ruído que se fai con eles afastará aos malos espíritos. Tamén é típico  comer o OGOKBAP (arroz cocido con outros cereais, legumes e verduras) e beber  KWIBALKI SUL, unha especie de viño frío que aguza o oído del tal xeito que servirá para escoitar so boas noticias. Outros costumes son: subir unha montaña para contemplar a lúa (o primeiro que o

O día dos mortos Leer más »

Día das letras galegas

17 DE MAIO SABÍAS QUE … Dende 1963, xa son 60 as homenaxeadas e homenaxeados. A primeira foi Rosalía de Castro e o último Florencio Delgado de Gurriarán. Neste tempo so foron homenaxeadas 5 mulleres: Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007), María Victoria Moreno (2018) e Xela Arias (2021). En contraposición á escasa presenza e visibilidade das mulleres homenaxeadas, dende a plataforma de crítica literaria feminista a Sega, celébrase, dende o 2014,  o DÍA DAS GALEGAS NAS LETRAS, o 15 de Agosto, que este ano estará dedicado a Luísa Villalta. 30 escritoras/es naceron no século XIX, 27 no século XX e o resto en épocas anteriores (Afonso X O Sabio, Martín Códax e Mendinho no S. XIII, Xoan de Cangas no S. XIV e Frei Martín Sarmiento no XVII). 15 son orixinarias/os da provincia de A Coruña, 15 de Lugo, 11 de Ourense e 12 de Pontevedra (o resto naceron fóra de Galicia, de feito Lorenzo Varela naceu nun barco camiño a Cuba).  Como é sabido, un dos requisitos para ser homenaxeada/o é que tiveran pasado ao menos 10 anos dende o pasamento. A persoa máis nova foi Luís Amado Carballo, que morreu con tan so 26 anos, como consecuencia dunha tuberculose. A persoa máis vella era Antonio Fraguas Fraguas que morreu con 94 anos. Outras 3 persoas máis morreron con menos de 40 anos (Manuel Antonio con 30, Lois Pereiro e Xoan Vicente Viqueira con 38) e 2 con máis de 90 (Manuel Murguía e Xosé Filgueira Valverde, con 90 cumpridos).                  Castelao e Curros Enríquez morreron no exilio (en Bos Aires e Cuba, respectivamente). Da época moderna (referímonos a S. XIX e XX) o que máis tardou en ser homenaxeado foi Xoan Manuel Pintos que levaba 99 anos morto. Os que menos : Antón Avilés de Taramancos, Uxío Novoneyra e Roberto Vidal Bolaño, dos que so  pasaran 11 anos dende o seu pasamento. Rosalía de Castro, Castelao e Ramón Cabanillas están enterrados no Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, xunto co xurista rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey e o xeógrafo Domingo Fontán.  1. ROSALÍA DE CASTRO. 1963 2. CASTELAO. 1964 3. PONDAL. 1965 4. FCO AÑÓN. 1966 5. CURROS ENRÍQUEZ. 1967 6. CUEVILLAS.1968 7. NORIEGA VARELA. 1969 8. MARCIAL VALLADARES. 1970 9. LÓPEZ ABENTE. 1971 10. LAMAS CARVAJAL. 1972 11. LAGO GONZÁLEZ. 1973 12. XOAN VICENTE VIQUEIRA. 1974 WEB_RAG_Letras_CS4 14. RAMÓN CABANILLAS. 1976 15. VILLAR PONTE. 1977 16. LÓPEZ FERREIRO. 1978 17. MANUEL ANTONIO. 1979 18. AFONSO X. 1980 19. VICENTE RISCO. 1981 20. LUÍS AMADO CARBALLO. 1982 21. MANUEL LEIRAS PULPEIRO.1983 22. ARMANDO COTARELO. 1984 23. ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ. 1985 24. AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO. 1986 25. FRANCISCA HERRERA. 1987 26. RAMÓN OTERO PEDRAYO. 1988 27. CELSO EMILIO FERREIRO. 1989 28. LUÍS PIMENTEL. 1990 29. ÁLVARO CUNQUEIRO. 1991 30. FERMÍN BOUZA BREY. 1992 31. EDUARDO BLANCO AMOR. 1993 32. LUÍS SEOANE. 1994 33. RAFAEL DIESTE. 1995 34. ANXEL FOLE. 1996 35. ROBERTO BLANCO TORRES. 1997 37. BLANCO TORRES. 1999 El escritor Manuel Murgu’a 39. ELADIO RODRÍGUEZ. 2001 40. FRAY MARTÍN SARMIENTO. 2002 41. AVILÉS DE TARAMANCOS. 2003 42. XAQUÍN LORENZO. 2004 43. LORENZO VARELA. 2005 44. MANUEL LUGRÍS FREIRE 2006 45. MARÍA MARIÑO.2007 46. XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ. 2008 47. RANMÓN PIÑEIRO. 2009 48. UXÍO NOVONEYRA. 2010 49. LOIS PEREIRO. 2011 50. VALENTÍN PAZ ANDRADE. 2012 51. ROBERTO VIDAL BOLAÑO. 2013 52. XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO. 2014 53. XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE. 2015 54. MANUEL MARÍA. 2016 55. CARLOS CASARES. 2017 María Victoria Moreno 57. ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS. 2019 58. RICARDO CARBALLO CALERO. 2020 59. XELA ARIAS. 2021 60. FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN 2022

Día das letras galegas Leer más »

Scroll al inicio