15 de Maio
E ti… de quen ves sendo? 15 de MAIO, DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA Sabías que existían tantos TIPOS DE FAMILIA?: CLAN: formado por varias familias que descenden dun antepasado común e recoñecen a autoridade dun xefe. FAMILIA ADOPTIVA: nai ou pai non biolóxicos e filla/os. FAMILIA BILATERAL: os devanceiros familiares principais son parentes da nai e do pai. FAMILIA INCOMPLETA: cando falta un dos proxenitores. FAMILIA COMPLETA: cando viven tódolos proxenitores. FAMILIA COMPOSTA: varias familias que comparten domicilio e responsabilidades. FAMILIA CON SÍNDROME DO NIÑO BALEIRO: Parellas nas que a/os filla/os xa abandonaron o fogar familiar e teñen que volver a acostumarse a estar sos. FAMILIA DE ACOLLIDA: coa que se convive temporalmente, en tanto se solucionan os problemas do entorno familiar de orixe. FAMILIA DE NAIS/PAIS SEPARADOS: nai e pai que xa non son parella e fillos. FAMILIA DINK: parellas que renuncian ou pospoñen ter filla/os. FAMILIA DISFUNCIONAL: aquela que non é capaz de proveer do necesario para que a/os filla/os crezan sans física e emocionalmente. FAMILIA EXTENSA HORIZONTAL: formada por xeracións colaterais de irmáns dunha mesma xeración cos seus cónxuxes e filla/os. FAMILIA EXTENSA VERTICAL: formada por diferentes xeracións de nais/pais e filla/os. FAMILIA HETEROXÉNEA: os proxenitores non gozan do mesmo status (económico, social, cultural…). FAMILIA HOMOPARENTAL: dúas nais ou dous pais e filla/os. FAMILIA HOMOXÉNEA: os proxenitores gozan do mesmo status (económico, social, cultural …) FAMILIA IGUALITARIA: a autoridade é compartida pola/os proxenitora/es. FAMILIA LAT (LIVING APART TOGETHER): parella cunha relación seria e estable que renuncian a convivir xuntos. FAMILIA MATRIARCAL: a autoridade é exercida pola nai. FAMILIA MATRILINEAL: os devanceiros familiares principais son parentes da nai (avoa/ós, tía/os …) FAMILIA MATRILOCAL: vive coa nai/pai da proxenitora. FAMILIA MONOPARENTAL EXTENSA: un/ha so/a proxenitor/a con filla/os e outras persoas con parentesco (avoa/ó, tía/os …). FAMILIA MONOPARENTAL: nai ou pai e filla/os. FAMILIA MULTINUCLEAR: familiar nuclear e outras persoas con ou sen relación de parentesco. FAMILIA NEOLOCAL: vive nun lugar distinto ao da nai/pai dos proxenitores. FAMILIA NUCLEAR/BIPARENTAL/TRADICIONAL: pai, nai e filla/os biolóxicos. FAMILIA NUMEROSA: parellas con tres ou máis filla/os. FAMILIA PANK: xeralmente mulleres que deciden adoptar ás/aos súas/seus sobriñas/os para desfrutar dos vínculos afectivos sen ter que cumprir coa responsabilidade de ser nais e poder enfocarse nas súas carreiras persoais. FAMILIA PATRIARCAL: a autoridade é exercida polo pai. FAMILIA PATRILINEAL: os devanceiros familiares principais son parentes do pai (avoa/ós, tía/os …) FAMILIA PATRILOCAL: vive coa nai/pai do proxenitor. FAMILIA POLÍGAMA: nai ou pai con varias parellas e filla/os. FAMILIA POLIGENÉTICA O RECONSTRUÍDA: Parellas con fillos concibidos a través da reprodución asistida. FAMILIA POLINUCLEAR: formada por varias unidades familiares que comparten un fogar. FAMILIA POLÍTICA: membros da familia da parella. FAMILIA RECONSTITUÍDA: parella con filla/os de unións anteriores. FAMILIA SOPORTE: na que a/os proxenitora/es non poden ocuparse totalmente da/os filla/os e delegan parte das súas obrigas na/os filla/os maiores ou outras persoas. FAMILIA TRANSNACIONAL: persoas relacionadas por lazos de sangue, adopción, afectivos, conxugais … que están vinculadas á migración internacional entre dous países. FAMILIA UNIPERSOAL: a creada por un so membro. GRUPO FAMILIAR OU CONVIVINTE: persoas con vínculos de sangue ou non, que comparten os gastos necesarios para o seu sustento. E a túa … COMO É?









